miércoles, 31 de julio de 2013

MEAÑO ACLAMA Á BUMM NO SEU REGRESO TRIUNFAL (e VIIi)

NOTA: ENTREVISTA "VIÑO DE AUTOR" EN "MEAÑOLEANDO"


A BUMM sobre o escenario da Praza da Feira nada maís chegar e coa banda infantil el pirmeiro termo

    Onte martes 30 de xullo, ao fío xa da medianoite, regresaba a banda Unión Musical de Meaño depois de terse proclamado o pasado domingo campeona da sección primeira no “World Music Contest de Kerkrade”, onde competía con 18 bandas máis seleccionadas dos cinco continentes Unhas 800 persoas agardaban á formación na Praza da Feira nun recibimento onde non faltou de nada: música con gaiteiros e a banda infantil, pancartas, bocinas, globos, confeti, champán… A expedición apeábase dos autobuses ao final da Rúa Salnés e percorría a pé pola estrada, coa policía local mailos gaiteiros de Penaguda diante, os 200 metros ata a Praza da Feiras. Exultantes, entre cánticos de “campeones del mundo” e portando unha pancarta onde se podía ler “Unión Musical de Meaño, campións 1ª sección WMC Kerkrade 2013”, os 92 compoñentes entraron cunha ledicia desbordante na praza completando entre aplausos o corredor ata o escenario onde proseguía logo a festa durante case tres horas. Unha vez alí micrófono en man, o trombonista Juan Portela oficiou de improvisado speaker dando paso ao presidente Manuel Arosa, Manuel Lage “Gayoso”, a alcaldesa Lourdes Ucha, o director David Fiuza e outros, a maioría coa voz rota por tanto berro e festa. Mentras, abaixo, a banda infantil intercalaba pezas, ás ordes do veterano mestre Padín, outrora mítico compoñente da BUMM.


Momento da entrada exultante ao pe das escaleiras da Praza de Feira
   O triunfo en Kerkrade supón todo un fito, non só para a formación meañesa, senón para toda Galicia por canto nunca antes unha banda galega conseguirá este triunfo, e só unha o lograra de toda España. E non só iso, senón o de ter gañado conquerindo a máxima puntuación das 200 bandas de tódalas seccións do certame, polo cal que recibíu o preciado “timbal de ouro”, amén de quedarse a tan só décimas do récord histórico de todo o festival. O director David Fiuza recoñecía que “este foi sin dúbida o logro máis importante da miña vida, e creo que o será por moitos anos, é o máximo ao que se pode aspirar cunha banda de música no mundo”. Un Fiuza que, unha vez no escenario pedía apoio para a BUMM e recalcaba que “un logro así só se pode conseguir nun pobo con xente tan nobre e con tanto amor pola música como é Meaño”.
    O momento máis emotivo da festa sobre o escenario vivíuse cando Juan Portela adicaba o triunfo aos presentes, a Jorge Domínguez e ás vítimas do accidente de tren en Santiago. O nome no rexidor finado “sin o cal non estariamos nós hoxe aquí” -dixo- foi interrumpido polo aplauso máis cálido e longo da noite. Acto seguido, na honra dos mortos de Santiago, gardouse un minuto de silencio que rematou coa enoación do himno galego por parte de tódolos presentes.
Logo saudaron por seccións os 92 compoñentes da banda en Kerdrade, oficiando de speaker en cada unha o máis atrevido para presentar con doses de humor e inxenio aos seus compañeiros de corda. Ao momento non lle faltou nin a gracia nin o bico dalgunha parella sobre o escenario ao máis puro estilo Casillas.

David Fiuza diríxese ao público
    José Padín, clarinete da banda desde que esta reapareceu en 1985, recoñecía que “si o pasado ano Lalín celebrou o seu cuarto posto neste misma sección de Kerkrade coma un triunfo imaxínate como podemos estar nós, e a ledicia máis grande nos meus 28 anos aquí”. “O certo -continúa- é que traballamos moi duro preparando o certame desde fins do verán de 2012, e estos días en Holanda os ensaios moi intensos. Ainda así algúns máis novos aínda tiñan forzas para festa polos corredores do hotel ata altas horas da madrugada, agás na última noite, nesa todos estaban moi concienciados e a partir da medianoite non se oíu un ruido.” Padín rememora o momento del fallo de xurado: “nada máis publicarse a puntuación nas pantallas -asegura- houbo un momento de confusión, pero David, que controlaba todo iso, enseguida foi consciente de que gañaramos e empezou a gritar, daquela todos nos desbordamos”. “Durante un par de minutos -continúa- todo foron berros de ledicia, pero desa os máis novos empezaron a chorar coa emoción, e iso nos contaxiou a todos, daquela eu díxeme: pois haberá que chorar, e así foi”.
Francisco Javier Morgade (dereita) xunto con Andrés Hay
    O anterior director Francisco Javier Morgade viaxou tamén coa formación a Holanda: “Aínda que non son natural de aquí -afirmaba- eu síntome de Meaño desde que dirixín esta banda e fun mestre da escola de música, polo que sempre que podo estou co eles. Gañar o festival máis importante do mundo coa banda que máis quero é o máximo ao que un pode chegar”.
   O director David Fiuza, ao quen se lle cantou o “Fiuza quédate”, foi agasallado cunha bandeira do WCM Kerkrade asinada polos músicos da banda. El recoñecía que o festival tiña para el a su dose de emotividade pola anunciada marcha en setembro “pero son ciclos da vida que un compre”. Sobre a motivación dos múscios no concerto en Kerkrade entendía que “a nosa adicatoria previa ás vitimas do tren de Santiago e o minuto de silencio que se gardou antes de empezar contribuíu a crear una atmósfera especial que axudou na concentración e na sensibilidade dos músicos á hora de interpetar e iso notábase”. “Certo -recoñecía- que nós iamos pensando en disfrutar e transmitir, non en gañar porque en Kerkrade hai moi boas bandas, incluso alguhas prefesionais, e foi unha verdeira sorpresa, pero Meaño merece isto e máis”. 


AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA FESTA. Permañece atento, en vindeiros días publicaremos máis fotos de Kerkrade. Grazas a todos os que mantiveches aberto o Ventanuco nestos días, agardamos ter sido unha canle útil.

A Praza 30 minutos antes.
- Hai que estar guapo para a recepción, deixa que te peino

Padín alecciona a un xoven compoñente da banda infantil
- Non vos deixedes impresionar, vos tamén podedes facelo moi ben hoxe

A banda entra bailando e cantando na praza: algarabía plena


En dirección ao escenario
- Ei rapaza, que che trabo unha perna!


Sobre o escenario: "Caaampións do mundo... la ra la ra la...


A banda en pleno sobre o escenario. Abaixo a banda infantil:
- A ver Padín... empezamos, ou que?

- Padín, Padín, Padín...!
Padín, emocionado, mira ao escenario que o aclama
















Manuel Lage "Gayoso" puxo a nota de humor
O presidente Manuel Arosa diríxese ao público







David Fiuza mostra o "timbal de ouro" e Juan Portela o estandarte ddo WCM Kerkrade






Empeza a presentación das diversas corrdas da banda...
...e mentras tanto roda o cava...

Outra panorámica co público ao fondo


Parte da corda dos clarinetes


Motivo da camiseta na parte traseira
- Vou camiño Ker - kra - de!
- Somos o número un...
-Estou aquííí...!





domingo, 28 de julio de 2013

… o boom da bumm en holanda: campións!
Os compoñentes da banda pousan nas rúas holandesas tralo éxito no WMC de Kerkrade
- Victoria!!... Somos o número 1...!! Oé, oé oé...!!!

A Banda de meaño CONSEGUE O PRIMEIRO PREMIO DO “WORLD MUSIC CONSTEST DE KERKRADE” (vi)
           
Compoñentes da BUMM celebran o triunfo nas ruas de Kerdrade
   Éxito rotundo: a BUMM conseguíu hoxe domingo, 28 de xullo, o primeiro premio do “World Music Contest de Kerkrade”, considerado o auténtico mundial das bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo. Competíu na primeira división xunto con 19 formacións e obtivo trala sua actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100, quedando segunda unha banda holandesa con 95,75 e terceira unha belga con 94,75. Nesta sección participaron bandas de países como Noruega, Alemaña, Inglaterra, Italia, ou Thailandia entre outras así como unha española de Ciudad Real (a banda de Membrilla). Fantástica actuación de banda de Meaño que, tanto na obra obrigada, "Extreme Beethoven" de Johann de Meij, como na libre "Os Caprichos de Goya" de Martínez Gallego, otivo a máxima puntuación.
    O director David Fiuza valoraba o éxito acadado: “aínda me costa creelo -afirmaba unhas horas despois-, estamos todos nunha nube, foi un éxito rotundo que non agardabamos, a satisfacción é enorme. Podemos dicir que somos campións do mundo durante catro anos que é o tempo que tardará en voltarse a celebrar este festival en Kerkrade”. Sin dúbida foi é o broche de ouro á fantástica labor deste xoven director de 28 anos, natural de Vila de Cruces que, está anunciado, deixa a BUMM o vindeiro mes de setembro e que se propuxera como gran obxectivo do seu proxecto levar a banda de Meaño a este certame internacinal. 
    A banda meañesa era así hoxe noticia en televisións holandesas,algunhas das cales retransmiten os concertos en directo, e será mañán luns primeira plana de moitos xornais dese país. Á hora de adicar o premio o David Fiuza non dubidaba: “primero, aos músicos polo seu traballo -afirmaba-, non coñezo outra banda en Galicia que derroche tanta enerxía e tanta entrega nos ensaios e sobre o escenario, e non só por este festival senon durante estos sete años que compartimos, tanto é ese traballo que este premio non o paga; e despois, adicalo á memoria de Jorge Domínguez, sin o seu empeño non estariamos aquí, el foi quen puxo o apoio e a decisión para, cando houbo a posibilidade, traer a sua banda de Meaño a Kerkrade”.
   Tamén a alcaldesa Lourdes Ucha, presente para o ocasión en Kerkrade, mostraba a sua satisfacción: "sentímonos tremendamente orgullosos polo premio e polo traballo exemplar da banda -aseguraba- son os grandes embaixadores de Meaño".
O escenario no momento previo ao inicio dos concertos coa bandeira de Galicia
con lazo negro en lembranza da v´citicmas de Santiago
   A banda actuaba a las 9,30 de la mañana e, por certo a entrada para o quenda da mañán,valía 10 euros (15 pola tarde para ver a sección especial de bandas de concerto). Daquela hora o aforo do auditorio aínda non estaba completo polo cedo que era, pero mesmo o mestre holandés Marcel Van Bree, director titular da Banda Municipal de A Coruña que estaba presenciando o evento, recoñecía que, en comparación con edicións anteriores había máis público do habitual para ver a banda meañesa. Sin dúbida, amén da calidade, axudaba a emotividade do momento pola lembranza das víctimas do fatídico accidente de tren en Santiago. A petición da BUMM o auditorio gardou un respetuoso minuto de silencio, colocouse sobre o escenario a bandeira de Galicia con crespón negro e os músicos portaron lazos negros en sinal de loito. Ademáis, tal e como explicou o presentador en nun académico inglés antes de empezar o concerto era desexo da banda adicar a sua actuación á memoria das víctimas do accidente. A emotividade contaxiou aos músicos que completaron un concerto brillante, e afloraba logo a xeito de lágrimas nada máis coñecerse o fallo do xurado.

  
            NORABOA  A TODOS...!


Aquí vos deixamos fotos do concerto e dos momentos posteriores. Engadiremos conforme transcurran as horas e nos vaian chegando


A Banda de Meaño fai a sua entrada para participar no festival


O público aplaude rala actuación da BUMM

O director David Fiuza é entrevistado para unha televisión holandesa ante unha expedición emocionada


domingo, 14 de julio de 2013

Esta semana finou aos 76 anos José Rial Martínez, quen durante os últimos 38 anos fora o cura de Simes. Tamén o foi durante 28 de Lores, incluso durante un tempo tivo que exercer nas parroquias de Meaño e Xil. Con el foise o último crego de toda unha xeneración para o municipio de Meaño. El contaba que tivera unha infancia enfermiza que o levara a empezar a andar con 5 anos. Como cura calou na xente, fuxía de protagonismos e a humildade era quizáis a sua mellor virtude. Coa sua peculiar voz ronca, era o Louis Armstrong das misas, o fumador empedernido, o retranqueiro pausado… o pacificador. Non en van a el cabe darlle o méritos, de ter contribuido de xeito decisivo á paz social entre Lores e Paradela, logrando que superar un enfrontamento que se arrastraba na parroquia dende facía décadas. O próximo 4 de agosto facía 50 anos que se ordeara sacerdote. Simes preparáballe unha festa para esas bodas de ouro, unha data que din agardaba con emoción, pero á cal non puido chegar. Asomamos POLO VENTANUCO para lembralo a través do orixinal dunha entrevista feita con el o 24 de xullo do ano 2000 e publicada en Faro de Vigo con motivo de cumprir daquela os seus 25 anos como cura de Simes.

PD.: Non deixes de ver novas fotos nas pestanas MEAÑOLEANDO 
(San Cristóbal en Dena) e NO RETROVISOR


Jose Rial Martínez
25 anos de cura-párroco en Simes

José Rial Martínez cumpríu as súas vodas de prata como cura-párroco de Simes o pasado domingo. Os veciños non quixeron deixar a oportunidade de rendirlle unha cálida homenaxe que se pechou cun almorzo de confraternidade con 150 persoas nun restaurante da zona. Nacido en Hío (Cangas) fai 63 anos e orfo dende os 3, Rial Martínez decantouse polo sacerdocio dende novo, vocación na que leva agora 37 anos. Simes atouno definitivamente, aquí chegou fai 25 anos para exercer con párroco e aquí quere rematar a súa vida de sacerdote "ata que o corpo aguante".
  
José Rial no despacho da sua rectoral de Simes en marzo de 2010. Foto: Iñaqui Abella

"SIMES ATOUME POLA AFABILIDADE DA SÚA XENTE"


- ¿Que sigñificou para vostede a homenaxe do domingo?
- Foi algo emocionante e do que me sinto moi satisfeito. Verdadeiramente cando os veciños se lembran así dun, nunha data tan sinalada, é para sentirse orgulloso da parroquia onde un pasou os últimos 25 anos como sacerdote; e tamén é un síntoma da boa convivencia e da paz social que vive a parroquia en sí.
- ¿Que foi o que lle levou no seu día a decantarse polo sacerdocio?
- Ós tres anos quedei orfo de pai e nai, alá en Hío, onde nacín. Foi daquela cando o cura da parroquia veciña de Aldán, don José, fundou un colexio en Vigo para nenos orfos, chamado "Colegio de Huérfanos del Mar de Panjón", e como o meu pai morrera afogado no mar, don José acaboume levando para aquel colexio. Co tempo, alí, empecei a pensar que xa que don José fixera algo por min empezaba a ser hora de pagarlle a débeda e facer algo cristiano polos nenos. Foi así como empecei a prantexarme o sacerdocio, carreira que acabei estudidando. Cursei Humanidades en Tui, e logo filosofía e Teoloxía en Santiago. E cando rematei en 1963 pedín un cacho de mar.
- ¿E conqueríuno?
- A boa fe que sí, nomeáronme coadxutor da parroquia de Beluso, coa condición de atender tamén a illa de Ons. No inverno soplaba un vento terrible na illa, que facía moito ruído; elo explicoume o por que a xente de Ons falaba tan alto. Logo, en 1966 destiñáronme, tamén como coadxutor, para Cabo de Cruz en Boiro, onde estiven catro anos. Finalmente en 1970 o arzobispado convocou un concurso para optar a unha serie de parroquias que quedaban vacantes e eu pedín como primeira opción esta de Simes na que estou hoxe.
Igrexa romántica de Santa María de Simes
- ¿E por que este rincón do Salnés que, propiamente, non ten mar?
- Porque era o mais cercano ó pobo onde nacín. Certo que non ten mar, pero está moi preto. Pronto o calor e afabilidade das súas xentes atoume a esta parroquia e fixo que non me replanteara xa nunca outro destiño, e a boa fe que en ningún momento me ten pesado porque eu, o "José Rial" que se dí, caín ben.
Co tempo fun sumando outras parroquias da que me tiven que ir facendo cargo: no 82 Lores, no 91 Xil, que agora non teño, e no 97 Meaño trala marcha do que hoxe é vicario José Soneira. Das tres estou moi satisfeito, sei que través delas e das súas xentes fíxenme máis sacerdote. Penso que son o que se dí un cura con sorte: estou a gusto no lugar onde vivo e teño as tres parroquias nun radio de dous quilómetros no concello de Meaño, o que hoxe é un privilexio.
- ¿Que foi o mellor e o peor destos 25 anos?
- O mellor foi a entrega, a servicialidade do pobo cristiano en tódolos lugares onde estiven. Concretamente en Simes lembro dun xeito especial, con agarimo e ata con emoción como cando viñen en 1970 a rectoral estaba derruida e tiven que vivir durante ano e medio na casa dun veciño. Pero ó pouco o pobo, por conta toda del, remodelou por completo a vella casa para darme un teito propio baixo o que vivir. Este feito e atoume definitiva-mente á parroquia e fíxome ver en seguida a calidade e cariño das súas xentes.
O peor foi os momentos de soedade que che tocan vivir como sacerdote, si ben eu sempre procurei esquivalos buscando a compaña dos veciños. E tamén algún enterro vivido en Simes, sobre todo cando se trataba dunha persoa xoven; lembro de xeito especial a morte da xoven Sara Souto Besada, alá nos anos 70, que finou con tan só 16 anos [o seu rostro non oculta á emoción ao lembrar o momento durante este intre entrevista]; confeso que aquel día moito chorei.
- Vostede que vivíu en plena madurez como sacerdote o tránsito do franquismo á democracia, ¿que transformacións importantes percibíu na Igrexa a nivel parroquial?
- Percibín moitas. A nivel eclesiástico e como parte positiva liberámonos dunha serie de cargas como a sotana, actos relixiosos demasiados tristes, o latín... Pero tamén coñecemos transformacións negativas, sobre todo no referente á xuventude que abandoa as igrexas motivada, penso eu, polos cambios de horarios de diversión que se viven coa democracia; hoxe o normal é que a xente xoven chegue o sábado ás seis da mañán, e sendo así eu comprendo que o día seguinte, que é domingo, non estén para acudir á misa, é algo normal.
Pero tamén creo que se trata dunha idade transitoria porque o home é un animal relixioso, e como tal sempre acaba voltando á súa espiritualidade e á Igrexa.

FOTO HISTÓRICA: José Rial, a dereita de todo, cooficiando nunha misa en Meaño nos anos 80.
(Terceiro pola esquerda -o máis ancián-, D. Desiderio, cura parroco de Meaño)

- Para vostede, que xa coñeceu moito, ¿que opinión lle merecen temas como a falla de vocacións relixiosas ou a polémica que semella haber con declaracións sobre a conveniencia do matrimonio ou parellas de feito por parte dalgúns dirixentes políticos?
- A falla de vocacións é un problema moi complexo e con solucións difíciles. Pero no mundo de hoxe, onde o matrimonio ten un fillo ou ó sumo dous, é normal que non pensen neles como futuros sacerdotes senón en continuadores da descendencia familiar.
Sobre o matrimonio ou parellas de feito o que digo e que eu respeto tódalas libertades de cada quen, aínda que non esté dacordo con elas. Pero a relixión cristiana non debe collerse por trozos, ou se está ou non se está, cada quen deben saber o lugar que ocupa. A pesar de todo eu trato con xentes de toda condición, figúrate que algúns dos meus mellores amigos aquí non pisan a Igrexa, pero eso non quita para que poida compartir bos momentos con eles.
- Os sacerdotes xubílanse con 70 anos, ¿vostede optará pola xubilación ou continuará daquela?
- Dada a situación actual de falla de sacerdotes non penso na xubilación, faremos un pouco como di San Pablo e continuaremos mentras o corpo aguante.
- Dígame unha recomendación para un cura que empeza.
- Oración e entrega total á parroquia.
- ¿Con 63 anos téñense proxectos futuros para as parroquias?
- Sí. En Meaño gustaríame rematar a restauración da rectoral, algo que en Lores tamén penso que habería que facer. Con respecto a Simes... quixera ver antes de finar unha estrada Samieira-Castrelo digna, porque créeme Simes meréceo polo pobo acolledor que é. Ogalla as tres parroquias vivan como si foran unha.
- E si voltara a nacer sería...
- Cura de novo, seguro.