domingo, 22 de junio de 2014

COBAS E O SAN CIBRÁN DOS QUICOS

Hai poucas festas en Meaño que entendan ben o espíritu de “festa de aldea”, de por e para os veciños. Se unha delas é o San Amaro meañés outra das que cabe visitar para palpar ese ambiente é o San Cibrán de Cobas, unha festa impulsada por un colectivo de mozos e mozas entusiastas onde se respiran momentos entrañablse de farra e desenfado durante toda unha xornada no monte mirador de San Cibrán, desde onde un pode disfrutar, amén da festa, dalgunhas das mellores estampas da comarca do Salnés.

As mozas celebran o triunfo tras gañarlle aos mozos no tiro á corda

Inicio dunha das tandas do trio á corda
Esta edición do San Cibrán celebrouse o pasado domingo día 15 de xuño. O calor e o tirón dos furanchos -estamos na meca destos establecementos- lastrou algo de xente durante a matinal en que unha procesión de tractores engalanados percorreu a parroquia co santo e en compña da música da charanga “Os Atrevidos”.  A caeravana acabou no cumio onde, tras unha misa, os veciños deron boa conta dun almorzo campestre a sombra dos carballos. Tal e como a festa, este é un almorzo familiar que congregou para a ocasión apenas un centear de persoas. Nel o desenfado reina por doquier. A comisión trata de que a xente esté a gusto e para iso convida a unha xenerosa tapa co aperitivo e a un bo roscón por mesa no postre.

David Outeda e Marcos Prado gañaron fixéronse con quicos na "solta"
A solta dos quicos
Minutos despois de seis da tarde empezaron os xogos populares que tiveron un ano máis como momento álxido a tradicional “solta dos quicos”. A esas horas eran xa unhas 200 persoas as que se congregaban no alto para ver como os máis atrevidos se guindaban monte abaixo tratando de atrapar coas suas mans a escurridizas aves de corral botadas desde o varanda do cumio mesmo por dous membros da comisión. Este ano o premio da solta foi para Marcos Prado y David Outeda, dous mozos de Cobas que atraparon os quicos en apenas medio minuto sen darlles apenas tempo as aves a aterrar e ubicarse. O certo é que o desbroce de vexetación  feito uns días atrás na ladeira deixou sin parapeto aos quicos que esta vez non puideron escurrirse ata ocultarse no monte como fixeran en 2013. Un Marcos Prado que é todo un experto nesta lides: “debe ser o cuarto ano que collo un dos kikos -recoñecía-, eu adoito vir porque me gostan estas aves para logo criar na casa”.


Público e concurrantes riron co xogo recoñecer á parella cos ollos vendados
A “solta de quicos” completuse con outros xogos, como carreiras de sacos, o baile da silla, o tiro á corda, recoñecer a parella ás apalpadelas e cos ollos vendados, ou tamén a tradicional “carreira do mirador”, una proba atlética improvisada que consiste en dar tres voltas ao alto, e na cal repetíu premio David Outeda, mentras que carreira infantil foi para Clara Torres.


A comisión do San Cibrán 2014
400 camisetas
Esta festa move un presuposto de 6.000 euros que se financian en base as aportacións dos veciños e á venda de 400 camisetas que este ano eran de cor violeta. A comisión desen-volve un traballo encomiable, non só nas semanas previas, senón durante na propia xornada por canto a ausencia de auga e luz no monte obrígalles a portar unha tina con 500 litros de agua no volquete dun camión, e xeneradores de corriente para dar servicio durante a xornada, iluminar pola noite o alto e facer posible unha verbena desas nas que aínda toda a xente baila -que xa quedan poucas porque nas outras só mira- e que empezaba con lus diurna á última hora de serán, verbena que nesta ocasión protagonizaron o grupo Hihoshima e o dúo Dixital e coa que se pechou ao fio da medianoite a edición deste ano. Toda unha festa para estar.


sábado, 14 de junio de 2014

Meañeses polo mundo (VIi): ITALIA
 Ana María Portas Graña / Cosenza

A meañesa Anta María Portas Graña (Simes, 1981) leva doce anos vivindo na cidade italiana de Cosenza. Foise ata alí para traballar de enfermeira nun hospital privado -públicos hai moi poucos en Italia segundo nos recoñece- labor que segue a desempeñar hoxe. Comparte vida desde 2004 co seu compañeiro italiano, Atanasio, natural de Santa Sofía d’Epiro, un pobo de orixe albanés situado a 45 kms. de Cosenza, e con eles o seu can Pancho. Polo momento non pensa en voltar a Galicia: “aquí os dous estamos ben e temos traballo”, afirma.

“EN ITALIA OS RECORTES EMPEZARON DEZ ANOS ANTES QUE EN ESPAÑA”

Ana María Portas co seu can Pancho en Cosenza
En que lugar de Italia te atopas e como é a cidade na que vives?  
Vivo na Calabria, unha rexión moi bonita do sur de Italia bañada por dous mares, o Jónico de o Tirrénico, e atravesada no centro pola cordilleira dos Apeninos, polo que aquí temos todo tipo de paisaxes: mar, chaira, alta montaña, outeiros… A cidade na que vivo chámase Cosenza. Está bañada por dous  ríos, o Crati, que é o mais longo de Calabria, e o Busento. A cidade nace sobre un outeiro domiñado polo castelo suevo e conserva todavía o casco vello: Logo, co pasar dos séculos, extendeuse ao longo do cauce do Crati. E unha cidade que tivo moitas dominacións: romana, visigoda, sueva,… pero a que mais pegada deixou, como en todo o sur de Italia, foi seguramente a española, primeiro cos aragoneses, logo cos Reis Católicos e finalmente cos Borbóns ata o ano 1860, ano no que Garibaldi os botou fóra e se uniu todo o territorio italiano. O casco vello é de planta aragonesa. Na catedral está soterrado o fillo primoxénito de Federico II de Suevia e estivo Isabel I de Aragón, se ben logo o seu corpo foi trasladado a Francia. A lenda di tamén que aquí está soterrado Alarico, rei dos visigodos, que morreu de malaria despois de saquear Roma e de conquistar a cidade de Cosenza. A devandita lenda refire que Alarico está soterrado no leito do río Busento -o cal que foi desviado para a ocasión e volto de novo no seu lugar-, con toda a sua armadura, o seu cabalo e parte do tesouro que roubou en Roma. Fai séculos que excavan o río na sua procura, pero aínda ninguén o atopou.

Vista do casco vello de Cosenza do castelo suevo no alto
Que foi o que te levou ata Italia?
O traballo. Daquela para empezar traballando de enfermeira no Sergas había que facer sustitucións breves durante anos nas listas do POL, que non sei se aínda existen, o que quería dicir que tiñas que estar a disposición do Sergas os 365 dìas do ano e as 24 horas ao día, e a min non me apetecía nada  ter que facer esa vida. Teño compañeiras en Galicia que despois de dez anos ou máis traballando aínda seguen así. Non me parece xusto, como non son xustas tantas outras cousas do mundo laboral nos últimos anos. Ademais apetecíame ver algo de mundo. Ao principio non tiña decidido vir para Italia. Estaba indecisa entre Italia, Portugal, Francia e Inglaterra. Naquela época había unha carencia grande de enfermeiros en toda Europa, polo que podías elexir tranquilamente onde ir a traballar. Todo un luxo nestes tempos que corren!


Vista da rúa desde a habitación do piso da nosa protagonista
E como che chega esa oferta de traballo desde Italia?  
Os hospitais italianos, como outros do resto de Europa, colgaban ofertas de traballo nas universidades en España, nos colexios de enfermería, no Inem.. Logo fixaban unha cidade e unha data donde facer as entrevistas colectivas. Se estabas interesado, ías. No meu caso fun a Madrid. Cada hospital de Italia que buscaba persoal mandaba alí a un representante que expoñía a súa oferta e facíache unha entrevista. Logo ti elexías o que mais che gustaba ou o que máis che conviña.
Soñas con voltar para acá ou queres seguir aí?
De momento quédome donde estou.
Hai máis galegos ou españois traballando contigo? 
Non, esta é unha cidade pequena e españois hai poucos. En tódolos lugares donde traballei nunca atopei galegos nin españois.
Son moi esixentes os italianos á hora de traballar?
Nin demasiado esixentes nin condescendentes, iso sí, son moito máis puntuais que os españois e traballan moi ben en equipo.
Que foi o máis che chamou a atención da organización ndo traballo en Italia?
O que máis me chamou a atención cando me viñen para aquí foi o ben que te fan integrar no posto de traballo, axúdanche un montón, ben sexa por ser novo ben por ser extranxeiro. No primeiro hospital onde traballei había moitos extranxeiros: españois, marroquís, tunecinos, rumanos... e os italianos axudábannos a todos por igual para que nos sentiramos a gusto. En xeral son un pobo moi acolledor, non só no lugar de traballo, tamén na sociedade..
Que concepto teñen de nós?  
Os italianos téñennos moi idealizados, adórannos, de feito basta que digas que eres español que xa te gañas simpatías por parte todo o mundo.

Como se ve desde aí a crise española?
Desde aquí vese como algo surreal, preguntan moito por ela porque non entenden cómo un país que medrou tanto nos últimos anos e que chegou a ter o PIB máis alto de Europa se esnafrara dese xeito.

A rúa peonil Corso Mazzini, en Cosenza
Pero a crise tamén golpea en Italia. Como a estades percibindo aí?
Certo, como tamén no resto de Europa. Aquí empezou antes que en España, só que a min paréceme que non é tan forte como aí, aínda que a situación de todos xeitos é tamén moi preocupante. Un dato: segundo o “Sole 24 ore”, que é o xornal económico máis importante do país e segundo tamén o meu compañeiro que se adica ao rating empresarial, cerran ao día en Italia unha media de 100 empresas desde fai máis dun ano. Con isto xa che digo todo. Os políticos dicen que a crise xa se acabou e que estamos recuperándonos…
Iso soáme… E a crise golpea por igual en toda Italia ou percibes diferencias entre o norte e sur?
A crise síntese moito máis no norte rico, que é onde está o 90% da industria do país. No sur xa sempre fumos pobres e a situación non cambiou moito. Aquí no sur vívese máis do sector terciario.
Cambiando de tercio: son os italianos tan ligóns como nos semella a nós? O exemplo mesmo de Berlusconi…
(Risas) Por desgracia para os italianos, como Berlusconi só hai un. Xa o dice el mesmo: que é único, omnipotente e irrepetible… e ten razón. Como "Berlusca" son os italianos que teñen moitos cartos e moito poder, o resto dos mortais téñense que conformar. Pero bueno, son ligóns, creo eu, coma tódolos latinos, só que, a diferencia do resto, saben empregar moi ben as palabras, os xestos e, sobre todo, o aspecto físico. Son moi detallistas, saben camelar moi ben a unha muller.
Xa que salíu Berlusconi na conversa, como se ven aí os seus escándalos sexuais, políticos e demáis?
Os escándalos de "Berlusca", de calquera tipo que sexan xa que ten moitos, vense moi mal, porque, a verdade, pasouse bastante da raia. Aínda así hai unha parte da poboación que o envidia e quixera ser tan listo e afortunado coma el.
Falemos agora da sanidade, eido no que traballas. Como é o modelo sanitario italiano en comparación co español?
Máis o menos é igual, só que aquí hai máis sanidade privada porque a pública nunca funcionou moi ben. De todos xeitos a maior parte dos hospitais privados teñen convenio coa sanidade pública, polo que ao cidadán non lle cambia nada. Cambia só a xestión das estruturas sanitarias.

No lugar de traballo dos dous compañeiros
E na sanidade italiana tamén se perciben os recortes como aquí?
Si, aquí os recortes empezaron moito tempo atrás, polo menos dez anos antes que en España. Por exemplo, nos hospitais casi non hai auxiliares de enfermería, porque son os propio enfermeiros os que proporcionan asistencia integral ao paciente e así afórranse contratos; as sustituciòns por vacaciòns ou por baixa breve hai anos que non se cobren, e o persoal que queda ten que cobrir as quendas dos que faltan; o persoal que se xubila non ven reemplazado, nin médicos, nin enfermeiros; fai anos que rebaixaron as pagas por horas extras… E así podería seguir por un bo rato enumerándoche recortes.
Para un meañés que este lendo isto e que pense na posiblidade de irse para Italia na procura dun taballo: que lle dirías?
Diríalle que quedase na casa, a non ser que queira vir de vacaciòns. Aquí non hai posibilidades de atopar traballo en ningún sector.
É Italia un país caro?
Máis ou menos como España.
Por comparar, un salario mínimo en Italia: por canto anda ao mes?
O salario mínimo en Italia non existe, o que sí existe por lei é unha xubilación mínima que é de 495 euros ao mes. Os salarios van en función do sector no que traballes.
Afinemos, un enfermeiro, eido que ti coñeces ben: canto gaña por termo medio?
O sueldo base nacional dun enfermeiro é de 1.750 euros ao mes.
Canto custa unha entrada de cine?
7 euros, nas grandes cidades en torno a 10.
Un litro de gasoil?
1,60 euros, 1,70 o de gasolina.
Unha barra de pan?
Aquí o pan véndese por quilo e custa 2 euros o quilo.
Un litro de leite?
De media 80 céntimos.
E un corte de pelo?
Uf! Iso cambia moito segundo quen sexa o perruqueiro. Vai desde un mínimo de 12-15 euros ata o que queiras gastar, incluso entre 60 e 80 euros por lavar e peitear.

"San Xurxo e o dragón", escultura de Dalí na rúa Corso Mazzini en Cosenza
Que é iso que consumes habitualmente e que sempre está máis caro en Italia que en España?
Aquí é moito máis caro o peixe, os carburantes e os hoteis. En cambio, en España son máis caros os bares e restaurantes, as autopistas, o transporte ferroviario, a enerxía eléctrica… Polo demais paréceme que os precios son semellantes.
Se se nos ocorre facer turismo e ir por Consenza, que é a cidade onde vives: que non deberiamos deixar de visitar?  
Todo o casco vello, co sua catedral, as igrexas de San Francisco de Asís e de Paula, o Castelo normando-suevo, o convento de Santa María delle Vergini, o mosteiro de Santo Domingo, o teatro, o edificio da Deputación Provincial e a antigua cárcere, que hoxe é museo nacional. Na parte nova hai que visitar a rúa peatonal “Corso Mazzini” que, ademáis de ser moi bonita para pasear porque está chea de tendas e bares, é un museo ao aire libre, no que hai esculturas dun montón de artistas, entre eles Dalí e Giorgio De Chirico.

Panorámica de Cosenza desde o casco vello co ró Crati ao fondo
E que nos recomendas para comer?
De todo, a gastronomía italiana é excepcional, tanto pola súa variedade como pola súa calidade. Pero sobre todo hai que comer a pizza, que se fai á man e se coce aínda en forno a leña, tódolos tipos de pastas: gnocchi di patate, fusilli al ferro, tagliatelle, lagane, lasagne, pasta al forno… Podería estar toda a vida enumerando os tipos de pasta. E tamén cociñados sexa con pescados, verduras e hortalizas, carnes… sobre todo coa carne de cerdo. Os embutidos e queixos que se fan nesta zona e que aínda se elaboran de xeito tradicional; os dóces, os xeados artesáns, granizados, café…; o pan, que aínda se elabora tamén de xeito artesanal e cocido en forno de leña, cousa que en Galicia se perdeu fai tempo… Que mágoa!. Hai que probar de todo. E para beber aquí no sur hai moi bos viños. Os que máis me gostan son os da denominación de orixe Ciró, ben sexan tintos, brancos ou rosados.

Vista desde o balcón da cociña da nosa protagonista. No centro
a antiga cárcere convertida hoxe en museo de Arte Contemporánea
Dá fame só de oirte. Xa que falaches de viños: vese o albariño por Italia?
Non, aquí o albariño nin se vende nin se coñece. En Italia hai centeares de denomi-nacións de orixe vitivinícolas e dunha calidade excepcional. Ademáis os italianos son moi nacionalistas cos seus productos enogastronómicos polo que raramente consumen viños extranxeiros e, cando o fan, danse máis aos viños franceses ou incluso sudamericanos polo de probar algo distinto. Aos meus amigos e familiares do meu compañeiro fágolles probar o albariño cando o traio da miña casa de Simes, e góstalles, só que se lles lembra moito a outros viños de italianos como o “falanghina” ou o “greco di tufo”.
E ves algunha firma galega por aí?
Algunha que outra, sobre todo na industria conserveira. Tamén se atopa Estrella Galicia… Ah! e as tendas de roupa Inditex!

Ana María Portas (esquerda) cos amigos na praia en primavera
Cando te pos nos fogóns en Cosenza, cociñas pratos galegos ou gostas máis dos italianos?
Polo xeral cociño italiano. De vez en cando fago algún prato galego, maiormente con peixe, e tamén empanada, sobre todo de bonito e de bacallau con uvas pasas que é a miña preferida. Aos italianos encántalles a paella, especialmente a de mariscos, a tortilla de patacas, as croquetas de xamón e a sangría. Cando veñen a miña casa pídenme sempre este menú.
Que é o que máis botas aí de menos de Simes e Meaño? 
A familia, aos amigos, as paisaxes, os peixes e mariscos e, como non, a cociña de mamá.
Vés a miúdo por Simes?
Vou tódolos anos e, cando podo, duas veces. Certo que este ano non sei aínda cando vou ir.
E cando chegues que é o primeiro que pensas facer?
A primeira cousa que fago sempre cando chego é darlle à miña nai unha lista cos pratos que me ten que cociñar no periodo que estou aí de vacaciòns na casa. E é que nai non hai máis que unha! (Risas).

NOTA: As fotos que ilustran esta entrevista son xentileza de Ana María Portas desde Italia.

sábado, 7 de junio de 2014

Hemeroteca, 1998

Este “corazón do Salnés” que é Meaño ten sido ao longo dos anos lugar de descanso dagunha que outra celebridade que buscaba a tranquilidade e fuxir do bullicio de lugares máis turísticos. Sen dúbida un dos asiduos nos anos 90 era o doctor Julio Iglesias Puga, pai do cantante Julio Iglesias, quen adoitaba pasar unha tempada cara verán descansando no hotel Casa Portuguesa en Dena onde disfrutaba tamén da excelente gastronomía do seu restaurante. Nalgunha ocasión tamén o propio Julio Iglesias fillo pasou por el. Traemos hoxe ao noso particular Ventanuco esta sección de hemeroteca para lembrar unha das últimas visitas a Dena de Julio Iglesias Puga. Facémolo a través dunha entrevista que foi concedida a este corresponsal e publicada en FARO DE VIGO o 15 de xullo de 1998: nela anunciaba a sua inminente voda con Ronna.


Julio Iglesias Puga con Ronna en el exterior
de Casa Portuguesa. Foto José Luiz Oubiña
JULIO IGLESIAS PUGA

El doctor Julio Iglesias Puga y su bella compañera Ronna, pasan unos días de vacaciones en un discreto y tranquilo rincón en las inmediaciones de la península de O Grove. FARO DE VIGO descubrió al padre del famoso cantante que, tras confesar su sorpresa inicial para haberlos encontrado, nos atendió afable y cordial. "¡Ah, Faro de Vigo!, el decano de la prensa española" exclamó cuando nos presentamos en la terraza del hotel. Bajo un sol espléndido compartimos café con leche a media mañana. Eso sí, discreto busca la tranquilidad con Ronna, por ello prefirió que no reveláramos el lugar donde pasa estos días de descanso. Hablamos de la comarca, de Julio Iglesias hijo, y de su ya larga relación con Ronna.



"SI DIOS QUIERE HABRÁ BODA, PERO NO SE VA A ENTERAR NADIE"

¿Acostumbra a visitar nuestra comarca o es ésta una ocasión excepcional?
No es que sea excepcional, es que tengo por costumbre venir al año dos o tres veces por esta zona que es la que más visito porque me gusta mucho, me encanta.

Sabemos que Julio -hijo- también comparte el gusto por este mismo rincón donde usted se encuentra ahora.
- Sí, sí... Julio ha comido aquí, en este restaurante, conmigo el año pasado, porque se come muy bien. Aún conserva el local su fotografía de recuerdo.

¿Que tiene de especial este rincón de O Salnés para que lo frecuente tantas veces al año?
Conocemos todo en Galicia, y todo en verdad es maravilloso. Pero esta zona tiene unas playitas allí en San Vicente del Mar que son preciosas, con un agua cristalina y muy fresquita pero que son deliciosas, una divinidad ¿entiendes?. Yo ya conozco todas las playas de Galicia, del norte y del sur, pero estas de San Vicente me cautivan. A Ronna el agua le parece demasiado fresquita (comenta mientas ella asiente sonriendo). Encima tienes cerca Cangas, Moaña, La Toja, Ribeira, Santiago. De hecho estos días ya hemos estado en La Coruña y Orense, y ahora nos iremos a Santiago, pero siempre establecidos de manera fija en este rincón que me encanta, tranquilo, apartado del barullo. Desde aquí hacemos los viajes, no me gusta cambiar mucho de hotel.

Hablando de playa, se le ve moreno...
Tengo la suerte de veranear todo el año. Cuando llega el invierno aquí me voy para las Américas y la zona del Caribe.

¿Que ha cambiado en las Rías Baixas de cuando usted las visitaba hace años a ahora?
La zona ha cambiado mucho, Galicia en sí ha dado un salto muy grande, vosotros no os dáis cuenta, pero ahora es otra cosa, otro mundo. Tenéis unas carreteras rurales preciosas, unas comunicaciones con unas carreteras que ahora son una maravilla, da gusto recorrerlas y disfrutar del paisaje. Lo que sí tendríais que hacer son máis casas rurales que son verdaderamente preciosas.

¿Que es lo mejor que ofrece al visitante nuestra comarca?
Vosotros tenéis lo que no hay en España, una variedad de comidas, una riqueza extraordinaria de pueblos y valles con sus casas rurales. Además yo disfruto admirando el paisaje de viñedo y tantas parras de albariño que lo pueblan todo.

Otra imagen de Julio Iglesisas Puga y Ronna en Dena en 1998
Foto: José Luiz Oubiña
¿Y que le recomendaría a un amigo que no dejara de visitar si se pasa por la zona?
No se puede recomendar nada en Galicia porque todo es bonito. Yo, después de tantos año de recorrerla, me quedo con ese rincón de San Vicente con sus playas del que te hablaba, le tengo un gran afecto. Pero Galicia lo tiene todo, un sol estupendo en verano, un clima suave que es ideal, y unas playas estupendas; pero ¡amigo!, la gente también quiere las aguas cálidas para bañarse y aquí, la verdad es que las aguas son fresquitas, que a mí me gustan pero a mucha gente... Es el inconveniente que tiene Galicia para convertirse en el primer lugar turístico del verano en España.

De la gastronomía de la comarca ¿con que se quedaría?
(Recuesta la cabeza hacia atrás y cierra ligeramente los ojos como tratando de recuperar sabores recientes) Con los mariscos y los pescados. Me gusta mucho la nécora, el mejillón, el rodaballo a la gallega y la merluza. Y del vino me quedo con el albariño que es el mejor vino blanco de España. Lo que ocurre es que el albariño viaja mal, pasa mal el Atlántico, no sabe lo mismo aquí que allá, incluso en el resto de la Península..., mejor en la tierra, en Galicia, parece que el aire, el ambiente, lo hacen diferente y aquí sabe más y mejor.

¿Aprovechará para acudir a alguna fiesta gastronómica?
No, no soy muy amigo de ellas. Hay mucha gente, mucho tumulto y se come demasiado.

¿Es ese el secreto de conservar línea y que no asome la barriga ni con con los años?
(Sonrisas)... Eso es cosa de la dieta mediterránea que suelo hacer y que es la mejor y la más saludable. Ahora, te confieso que antes de venir estuve un par de meses con verduritas para ahora poder comer un poco de todo. El otro día mismo estuvimos en un pueblo de Ourense, en plena montaña, compartiendo cena en una bodega con más de 40 paisanos. Comimos pulpo, cabrito, bacalao y buen albariño y me encantó. Fue agradibilísimo, pero son excesos que uno hace sólo de vez en cuando.

Aprovechando que es médico algún truco practicará para mantener su estupenda salud con los años.
Tomo una aspirina todos los días, es bueno que la sangre corra fluida por el cuerpo a estos años.

Sin embargo, en ocasiones le gusta mezclarse con la gente, el domingo mismo estuvo compartiendo misa con los vecinos en la iglesia de esta localidad ¿no?. Por lo que vemos mantiene la costumbre de la misa dominical.
Sí, a raíz de mi secuestro lo pasé tan mal, tan mal, que me di cuenta que si uno no se encomienda a Dios muere cualquier día como un perro.

¿Mantiene a menudo el contacto con Julio -hijo-?
Julio Iglesias Puga
Sí, hablo con él cada dos o tres días, ahora algo menos cuando estoy por aquí, pero mantengo el contacto a menudo, sí. Precisamente ahora viene de América para actuar en Montecarlo entre los días 28 y 31 de julio. Allí iremos Ronna y yo para estar junto a él. Está trabajando mucho, apenas tiene tiempo para descansar, es el precio de estar siempre muy alto. De hecho Julio es el tipo más conocido del mundo, vendiendo todos los años de siete a diez millones de álbumes. Ahora ha estado en Islandia, Noruega, Finlandia, Suecia, Moscú, Austria, Yugoslavia, Croacia -donde visitó a Suker que es un gran fan suyo y que le regaló una camiseta y un balón frimado por todos los componentes del equipo nacional de Croacia-, Macedonia, Líbano, Israel... todo en mes y medio.

Por cierto, ¿nos visitará pronto Julio?
Antes venía aquí todos los años en avión a comer marisco, la prensa no se enteraba, pero venía a estos lugares de forma discreta todos los años. Ahora menos porque dispone de menos tiempo. Este año no sé si vendrá. Pero Julio es un hombre muy apegado a Galicia y morirá en esta tierra.

Se le ve muy ilusionado desde que tuvo el hijo.
Sí, sí, muy feliz, Además es un hijo guapísimo que lo ha rejuvenecido porque lo buscó, y eso es maravilloso.

Por lo que se ve el abuelo comparte el entusiamo por el nuevo nieto.
Claro que sí. Yo sigo el curso de todos mis nietos, de Enrique, de José, de "Chave" que se ha hecho más seria y ha sentado los pies, así como de los nietos por parte de Carlos el hermano de Julio. Ahora bien, en las familias de los padres importantes los abuelos pintan poco porque mantienen menos el contacto físico con los nietos. Parece que se te van más, se te escurren porque les ves menos.

Y, por lo que se ve, usted y su compañera Ronna varios años juntos y muy felices.
Llevo con mi mujercita nueve años y no nos separamos nunca. Estamos muy felices. Ella es una  universitaria de Filadelfia que vino a perfeccionar su castellano a España. En una de esas visitas a Madrid donde ella estudiaba en la Escuela de Idiomas la conocí...  y la cacé (comenta sonriendo).

¿Pero quien cazó a quien?
Bueno, tú sabes que, en realidad, son las mujeres las que te cazan porque si una mujer no te quiere ya puede gustarte y gustarte que no tienes nada que hacer. En realidad, es la mujer la que escoje, aunque el hombre piense lo contrario.

¿Y después de estos nueve años no han pensado en dar un pasito más y llegar a boda en un plazo no muy lejano?
Sí, sí... aunque soy un poco mayor, pero pienso en esa posibilidad y más, todo lo que lleve consigo una pareja feliz. Si Dios quiere habrá boda, pero no se va a enterar nadie. Al principio la gente pensaba que esta relación iba a ser flor de un día, que duraría medio año e incluso pensaban que yo era un play boy, que no lo soy, lo que pasa es que a mí me gustan las chicas guapas, como le gustan a todo el mundo. Pero muchas veces los medios te buscaban por el morbo de ver a un hombre mayor con una chica joven. ¡Y ya llevamos nueve años!. Por mi parte, prefiero ser discreto. Me llaman de todos los lados pero no voy. Ahora bien, me cogéis aquí y, ¿por que voy yo a evitaros y que vosotros penséis que este tío es un cretino o algo así?. No, no, en este caso me abro, os atiendo y os cuento lo que queráis.

¿Y de aquí para donde doctor Iglesias?
Otra imagen del doctro Iglesias y Ronna
Puede que nos demos una vuelta por las zonas más meridionales como Salamanca, Extremadura y Huelva; también quisiéramos ir a Lisboa a visitar la Expo. Pero en la segunda quincena de agosto volveremos a Galicia, tal vez a la Ribeira Sacra, un lugar precioso donde también ya estuve. Luego nos iremos a América.