viernes, 17 de septiembre de 2021

O PLENO QUE NON SE OÍU

Pechamos este Ventanuco un tempo por vacacións (léase “vendima”) na tempada 2020-21. Voltaremos dentro dun mes, o 16 de outubro, tras a festividade do Pilar. Farémolo con máis historias meañesas e, como xa é habitual, nova imaxe.
Como quizáis ti, amig@ lector/a, esteas xa enfrascad@ na vendima e non tes moito tempo para ler, ofrecemos unha última entrada en podcast, un audio para poder levalo contigo e escoitalo onde ti queiras ou poidas.


O último pleno ordinario do concello de Meaño (30 de xullo de 2021), ao que que non se puido asistir pola COVID, tampouco se puido escoitar pola rede, silenciándose a última parte da sesión, que correspondía cunha parte densa dos “pregos e preguntas”, e que non foi pouco: 1 hora e 12 minutos, que ninguén puido escoitar. Sobre o acaecido o goberno local non ofreceu unha soa explicación, deixándoo caer no esquecemento (curioso, cando logo algúns políticos enarbolan, sen ruborizarse, a bandeira da palabra “transparencia”).

Pois, desde aquí, abrimos o Ventanuco para que entre un pouco de aire, e poidas escoitar o que se che negou. Despois de moito indagar, demos co documento ansiado, para non para tapalo, senón para compartilo contigo. Que corra un pocuo aire fresco, por favor!
(Ata despois de vacacións!)


Un intre da sesión do 30 de xullo de 2021

Aquí abaixo, o podcast do audio: 

sábado, 11 de septiembre de 2021

    CORRER POR MEAÑO-2    


"Ti eres dos que da un paso por Meaño? Nós sí"
. Así reza un ano máis o lema para esta iniciativa. Mañán domingo, 12 de setembro, as 11 horas debería terse disputado XXXVI Carreira Popular de Meaño, que sería a edición 36 que tocaría, de terse disputado os anos 2020 e 2021. 
Esa carreira, que Asociación G.A.M, concebira e organizara durante os primeros 25 anos, quedou en mans do concello desde 2010, co acordo tácito de colaborar a asociación con concello para levala a bo termo cada ano.


Damián, José Carlos de Juan do Triatlón Poio, xa correron por Meaño

Ante a quietude do concello de Meaño -lóxica no ano en 2019, pero incomprensible en 2020- a asociación G.A.M. tira de imaxinación tentar manter dalgún xeito o rescoldo desta carreira, mentras que noturos lares sí se se aveñen a organizar estas clásicas (Baiona, Vilagarcía, Saxenxo…)  apostando por un formato axustado a situación covid. Meaño tamén merecía ter a súa carreira covid que, a ben seguro, polo seu formato singular, tería quedado  na memoría de toda unha xeración.
Desde aquí, a nosa chamada para que mañán domingo, ás 11 horas en punto, te animes a Correr por Meaño, percorrendo o circuito da carreira. Lembra, se te animas e só por facelo, que poderás entrar nun abano de sorteos. Algúns xa o fixeron nestos días de setembro. E, por diante, tes de prazo ata o día 18 de setembro (pero ollo que entra a vendima!).


Cristina e Fanny xa deron pasos por Meaño


Desde a Asociación G.A.M., un puñado de meañeses estarán mañán na Praza da Feira as 10,45 horas. Se queres correr ou camiñar connosco están convidado a facerlo. Lembra: mascarilla e distanciamento físico durante o percorrido... Saída ás 11 horas.

Queres coñecer as bases para participar e os percorridos a facer? Que premios temos para sortear? Aquí van as bases para un premios con PURO SABOR MEAÑÉS

1. Correr ou andar o circuíto. Tes de praza ata ao 18 de setembro.
2. Remite una foto da túa participación, con nome e apelidos, idade, e un número de teléfono ou correo-e de contacto a asociaciongam@gmail.com
3. A inicios de outubrpo (pasada a vendima) a Asociación G.A.M. realizará o sorteo público do premios entre todos o participantes. De ter os teus datos poderemos avisarte personalmente para facerche chegar o agasallo.

NOTA: Participar no sorteo implicar autoriza á organización a poder publicar a fotos nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. 

PREMIO PACO&LOLA / ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA,
con visita guiada á adega para dúas persoas 

PREMIO "QUINTA DE SAN AMARO" / ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO
(con viño e tres tapas) para dúas persoas

PREMIO CATERÍA-BAR "LAGE" / INFANTIL: 2 sorteos de sendo vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas (nen@ e acompañante)


Cal é o teu circuíto?

CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.


A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 
   
Perfil do circuíto de de 6,3 kms.

 


Carreira Popular 2013




Saída da Carreira Popular de Meaño'2010


Club Atletismo Cambados-Seguros Noval: eles correron tamén por Meaño





Felipe, Pedro e Basilio, en 2014 (cando a camiseta azul con M de Meaño-Corazón)


2018 / Os tres primeiros en meta. De esquerda a dereita: Carlos Porto, "Huracán" Hurtado
e o gañador Alejandro Fernández


2011, Hassan Leklhili, entra gañador


2017, podium dos meañeses con
Andrés Sueiro como primeiro clasificado


2018: Edymar Brea, co premio Paco & Lola como gañadora feminina


Medalla de ouro de Manuel Rosales como Campión do
Mundo en Bermighman doada á organización meañesa
cando na súa homenaxe en 2012. Recoñecido
polo concello de Meaño coa mención de honra


2012, Alejandro Fernández (1ª das súas catro victorias en Meaño)



sábado, 4 de septiembre de 2021


Isto, amigo lector, non é un ventanal, senón un humilde Ventanuco. É o medio elexido para chegar a ti a tu xanela dixital desde 2013. Sen máis pretensións de compartir unha historia do Meaño que amamos (pero de verdade). Por iso o que máis nos gusta é chegar moitas veces con esas historias modestas, dos persoeiros discretos, que non se exhiben alí onde van. Porque cada quen ten unha historia. E aquí compartimos outro desos episodios da gaita meañesa tan prestos a esquecer. Tanto que neste verán, entre tanto evento musical, cinematográfico e demáis, promovido polo concello -e mesmo repetindo concertistas-, nen unha soa actuación ofrecida ao grupo de gaitas e baile tradicional da asociación Penaguda, con 30 anos de bo facer ás costas. Pois nós desde aquí, desde a tallo, reinvindicamos esa gaita meañesa que desde o sillón igñoran.

A GAITA MEAÑESA ACOMPAÑA A CARLOS NUÑEZ 

A gaita meañesa reivindicouse estos días días no Pazo de Baión cos gaiteiros meañeses Alberto Torres e Antonio Prieto, acompañando a Carlos Núñez no seu concerto da xira dos 25 anos de seu disco “A Irmandade das Estrelas”. Con él subíronse ao escenario para para facer oir as suas gaitas nos temas “Aires de Pontevedra”, “An dró”, e “Greenlands”.

Un momento do concerto de Carlos Núñez en Pazo de Baión, con Alberto Torres sobre a tarima á esquerda, e Antonio Prieto á dereita

Un concerto que se aprazara este verán ata en tres ocasións polo mal tempo, pero que nesta vez puido celebrarse a fins de agosto no marco do xardíns do Pazo de Baión, e co público completando o aforo disposto polo momento covid. A racha de sol que asomou entre as nubes á última hora do serán puxo a guinda máxica ao entorno.

Natural de Meaño, aínda que afincado en Nantes, Alberto Torres Domínguez, que tocaba por segunda vez co emblemático gaiteiro, recoñecía que ésta do Pazo de Baión “foi unha experiencia única, porque non todos os días podes tocar ao lado dun artista dese calibre, que tocou cos mellores:  Bob Dylan, Alice Cooper, Lou Reed ou o mesmo AC/DC, entre outros, porque Carlos Núñez ten un talento descomunal”. “Para min -agrega- resultou moi emotivo, tanto que sobre o escenario, naquel intre, acordeime de todos aqueles que me ensinaron desde neno a tocar, sempre con boas palabras, axudándome, animándome… Moito me gustaría que estiveran alí, para disfrutar dese momento e, sobre todo, o meu recoñecemento para Otilio Táboas, o mestre de gaita para toda unha xeración que me marcou para sempre”. 


Alberto Torres e Antonio Prieto
(1º e 2º pola esquerda) con Carlos Núñez
e o seu grupo tras actuar en Pazo de Baión

Precisamente, Alberto Torres iniciárase da man do mestre Otilio Táboas Fernández en 1989, integrando os grupos “Savia Nova” e “Os Terribles” de Nantes. Aparcou a actividade en 1993 para retomala máis de 20 de anos despois, renovando repertorio tradicional e de autor, e colaborando con grupos da comarca como “Penaguda”, “Bréteva”, “Gaiteiros do Mar”, “Gaiteiros de Salitre” e “Romaíña”, e mismo como percusionista en “Volandeira”. 

Pola súa banda, Antonio Prieto González, gaiteiro e presidente da asociación cultural “Penaguda” (liderando ademáis o seu grupo de música tradicional), apuntaba que “tocar ao carón de Carlos Nuñez sobre o escenario é unha experiencia única, é unha desas que se van quedar para sempre na memoria, e poder contalo no futuro”. “Ademáis -añade- fixémolo nun grupo onde a xente e o propio Carlos Nuñez estiveron super agradables connnosco, sempre atentos para que nos sentiramos cómodos en todo momento, e unha acollida así resultou moi entrañable”.

De esquerda a dereita: Manuel Arosa,
Antonio Prieto e Alberto Torres

Antonio Prieto, amén de Penaguda, formouse na Escuela Municipal de Música Tradicional en Vigo (ETRAD). Desde 2012 é unha das seis gaitas da orquestra de música folk “SonDeSeu”, a primeira do seu xénero en Galicia e unha das primeras de Europa, con 67 músicos baixo a dirección de Rodrigo Romaní.

CASA RODIÑO en Meaño
(salón de banquetes)