sábado, 30 de abril de 2022

 Aí ven o maio con...

A COVA DO TRASNO

Reactívase nesta primavera -despois da pandemia- a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (Grupo de Amigos de Meaño). Faino cun ciclo cultural no Mes das Letras, que ven protagonizado coa apertura da súa Cova do Trasno, foro de debate-coloquio que abrirá por tres ocasións neste mes de maio. E completarase o ciclo lo con outros tres roteiros de sendeirismo con final en pequenos tesouros meañeses esquecidos ou non valorados.

A primeira cita é o vindeiro venres 6 de maio emprazada para A Cova do Trasno. Será no Pazo de Lis ás 21,45 horas, con presentación e coloquio do libro “Papel de estraza”, con presencia dos autores, Fernando Salgado e Juan Otero, que compartirán co público os capítulos recabados de represaliados en Arous na Guerra Civil. Entre eles, o capítulo de dous meañeses, cuxa historia poderás coñecer neste coloquio.
O formato será o mesmo que en anteriores edicións: entrevista e coloquio, cun tempo fixado en 50 minutos, e que estará salpicado de música en directo. Música que ambientará o pazo evocándonos neste caso o antigo. Dado o recollido da sá e o ambiente acolledor que, como en cada ocasión se pretende nesta cova, a sá manterase aberta desde as 21,35 ata completar aforo.
Engadido, a asociación G.A.M. adianta que as tres citas de rigor -número fixado para cada ciclo cultural- terán nesta entrega un denominador común: atreverse a falar de tres temas tabús, dos que se evita conversar en público. O primeiro, históricamente foi a represión da Guerra Civil. Os outros dous temas iranse desvelando, conforme avance o mes. 


Protragonistas
O xornalista Fernando Salgado, tras ter traballado en varios xornais como Diario 16 ou La Voz de Galicia entre outros, exerce hoxe como responsable da comarca de Arousa e Ulla-Umia no Diario de Pontevedra. No no seu haber, ten publicado media ducia de libros na última década:  “Elefantes y Hormigas” (2013), “El humo del diablo” (2015), “El fútbol en Galicia (2016), “Mas fuerte que el hambre (2018), “1306/36 (2018), “A luz de Caldas” (2021), aos que suma agora “Papel de estraza” escrito a catro mans con Juan Otero (foto: Loli Quinteiro)


Natural de a Illa de Arousa, Juan Otero “Genito”, fora durante unha década director da sucursal da Caixa de Aforros de Pontevedra na Illa. Logo exerceu en Hamburgo como delegado da Confederación Española de Caixas de Aforros. Comprometido co Centro Galego, que el mesmo fundou en Hamburgo, e logo  coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra, entre outros colectivos, adicou o seu tempo de xubilado á investigación histórica tras ter cursado na Universidade de Maiores. (foto: Loli Quinteiro)

 
Roteiros e tesouros agochados
Este ciclo cultural complétase con tres roteiros, que se irán debullando e publicando, pinga a pinga, ao longo do mes. O vindeiro venres 6, na Cova do Trasno desvelarase o primeiro. Tres roteiros, e tamén cun denominador común: deporte, compartir un almorzo de convivio, e rematar visitando tres tesouros meañeses ante os que nunca te paraches. A novidade e que, nesta ocasión, non serán tres ao aire libre (como na última ocasión en que tivera como destiño o banco do amor, o Con da Cabalaria e os petrogligos da Sobreira), senón que serán tesouros a cuberto. Se queres coñecer cales son, terás que aventurarte a camiñar co G.A.M. para descubrilos. Sorprenderante!



domingo, 24 de abril de 2022

 

30 AÑOS DE PASIÓN POR EL FESTIVAL DE BANDAS MDE MEAÑO


Las bandas de Silleda, O Rosal y Meaño protagonizaron ayer sábado (por 23 de abril) el “XXX Festival de Banda de Música” meañés, que congregaba a unas 400 personas en la Praza da Feira, bajo una carpa que se quedó pequeña en esta ocasión, al ver condicionado su tamaño por la estructura metálica de la botella luminosa gigante que permanece aún sobre en la plaza. Un festival que es el decano de su género en Galicia y que convierte a Meaño por un día en digna capital de la música de bandas populares.


Banda Unión Musical de Meaño durante el desfile

Sobre el escenario, se fueron sucediendo unos 250 instrumentistas, que antes abrían con  tradicional desfile por delante del consistorio, antes de dirigirse a cubierto. Presentados por Germán Tizón y Rocío Rodríguez, el festival lo iniciaba la Banda de Música Municipal de Silleda que, dirigida por Rafael Agulló Albors, abría con el pasodoble “Cielo Andaluz”, y completaba su concierto con las “Danzas Armenias” de Alfred Reed, el final de la ópera “Aida” de Verdi y el “Innuendo” de Freddie Mercury
Luego, turno para la Agrupación Musical de O Rosal, dirigida por el maestro Javier Alonso Pérez, la única que llegaba provista e lira y gaita en su instrumentación. Una banda que repetía por tercera vez en los 30 años del festival, y que mismo ayer contaba con ocho instrumentistas de aquel 2012, que llegaba entonces con el hoy director en Meaño, Diego Javier Lorente López, al frente.

Banda de Música Municipal de Silleda


El festival meañés se mantiene fiel a su estructura desde hace tres décadas, cierto que, como tantos, viendo bajar la afluencia de público cuando a finales de los 90 llegaba a congregar en la plaza a 3.000 personas. Lo que sí ha mudado, reconocía Lorente López “es lo mucho que han crecido las bandas en número de músicos, cuando  a inicios de este siglo, con 40 o 50 músicos ya era una buena banda, y hoy en algunas como en Meaño, llegamos al centenar de músicos”. “Lo otro que también sí ha cambiado -agrega- es la presencia de profesionales en la dirección de bandas, que los músicos complementan ya estudios con carreras musicales en conservatorios, y que los repertorios dejaron aquel ámbito nacional y apuestan hoy por la internacionalización yéndose a compositores extranjeros”.
Y, precisamente ayer, el protagonismo fue para compositores norteamericanos, cada vez con más predicamento entre los directores bandísticos en Galicia. El que más Alfred Reed (1921-2017), que también era el elegido por O Rosal con su “Segunda Suite para Banda”. Por su parte la BUMM meañesa se decantó por tres norteamericanos más: David Maslanka (1943-2017), del que interpretaron “Regálanos este día”, y Robert W. Smith (Alabama, 1953) con tres de los cuatro movimientos de “La Divina comedia”, y Robert Sheldon (Florida, 1954) y su “Danzas cubanas”.
           
Directores y presidentes
Entre el público, presencia de los ex directores meañeses Esteban Valverde Corrales (hoy director do Conservatorio Superior de Vigo) David Fiuza Souto (actual director de la Banda de Música de Santiago) que fueron invitados por la organización de la BUMM. Y, añadido, presencia también como invitado del compositor estradense Simón Couceiro, uno de los grandes de la composición bandísica en Galicia, y cuyo pasodoble “Aniversarios”, que él componía 2018, lo interpretaba ayer la Unión Musical de Meaño.

Un momento del concierto bajo la carpa

Mención también para expresidentes de la Unión Musical de Meaño que, con sus juntas, hicieron posible la organización de este evento a los largo de 30 años. El primero, y que hablaba durante una alocución en el festival, había sido Pepe Varela Budelo, quien reconocía que la puesta en marcha del festival “brotó del concierto del centenario de la banda de Meaño, que tuviera tal éxito de gente que nos animó a institucionalizar la cita y poner en marcha el festival, con la idea de convertirlo en cita anual”. “Entonces -agregaba- lo hacíamos con un ojo puesto en el cielo, porque se hacía al aire libre, y cuando se pronosticaba lluvia nos obligaba a montar doble escenario: uno en la plaza y otro en el pabellón de As Covas por si llovía por la tarde”. En la presidencia y, a lo largo de estas tres décadas, se fueron sucediendo en la presidencia Manuel Crespo, Manuel Domínguez, Ramón Portas, Manuel Castro, Diego Rosal (él único que era -y es- músico activo), Manuel Arosa, Óscar Rial y ahora, la actual presidenta -y primera mujer en el cargo-, Olga Pérez Sanmartín.

Eso sí, la fidelidad de los músicos meañeses con esta cita es tal que algunos se desplazaban ex profeso desde las ciudades universitarias de fuera  de Galicia donde cursan estudios, para poder estar y tocar con su BUMM en el 30 aniversario del festival. Tras los conciertos, las tres agrupaciones compartían un ágape que servía la organización en el pabellón de As Covas. Y al filo de las 23 horas comenzaba una sesión discoteca bajo la carpa, para músicos y público, animada por un dj más una barra-bar dispuesta por la organización y que se prolongaba hasta las 3 de madrugada.


Final del concierto da la BUMM


 


domingo, 17 de abril de 2022

Tío Matías

             Pegar tiros monte arriba nunca fora o del. Mal sabía o tío Matías que iso ía rematar así. Pero hai cousas nunca entenderei por moitas veces que más repitan.

            O único que lembro do tío Matías é o seu corpo cativeiro metido naquela vella funda azul, destintada e remendada polos xeonllos e polo cu, que herdara do finado do pai, os zapatóns grandes untados en graxa de porco e a gorra raxeada que semellaba terlle caído enriba da testa para xogarlle unha mala pasada ao seus rizos.
            Para uns era Matías “O Muiñeiro”, empolvado cada noite na fariña da maquía. Cobraba dous ras por muiñada, todos os martes e xoves, de oito a des na “muíño da Calienta”. Cando alguén non tiña con que pagarlle, fiáballe e, chegado o caso, podía acordar compensalo con xornais no maio ou na poda. Os rapaces adoitabamos enredar polo medio das mulleres, ata que  nos caía algunha zurra. Logo sentabamos quedos no chan, mirando a mó e xogando a remedar o canto da auga cada vez que tiraban da crus.



            Para outros, o tío Matías era “O Roxo”, cousa que nunca cheguei a entender daquela, pero que  soaba mal cando o dicía a mamá. Contaban que defunto do pai nunca gardaba o domingo, mentras o resto ía á misa cando estaba de mandar, e tampouco dera unha chica cando mercaran as campás á igrexa na aldea. Foi por iso que non tocaron sinais cando finou, e a piques estivo de non ser soterrado no cemiterio, porque o cura opoñíase.
 
            Tío Matías non entendía de lerias. El era como era, mais non se metía con ninguén. Non entendo porque demo acabou pegando tiros monte arriba.
             Non casou. Sei, iso si, que tivera unha moza porque a mamá ten falado do asunto na mesa. Contaba que andivera anos a namorar, e que o pai dela garbábase de que tiña reservado un carneiro para os concertos. Pero non cheou a cousa alá. O tío Matías seica confesaba na taberna: “o carneiro, ter terao, pero a lá vaille a chegar aos pés”. E así foi.
             De cando en vez soltábaselle a labia co viño. Daquela bardallaba contra os curas, contra o patrón de fábrica de ladrillo onde traballaba á horas, e contra Don Antón, o fillo de deputado, de quen dicía era un “xudas” da República.
           Cando empezou a guerra naquel verán do 36, o tío Matías seguiu maquiando como sempre, os martes e xoves, de oito a des no muíño da Calienta. Os rapaces enredabamos no muíño como sempre.


          

          Daquela, a aldea empezou a ter outra vida de noite. Ás veces, de madrugada, sentía carreiras polo noso camiño abaixo, e oía zumbar algún que outro tiro. Disque Pascual “Da Canteira”, andaba no medio do lío, e nunha mañá de bochorno apareceu morto na Zanca Vella, coa camisa desabrochada e un tiro na testa. Eu non sei ben que pasaba, pero vin a Pascual “Da Canteira” estarricado cos meus ollos.
            Algunhas mañáns, cando nos levantabamos cedo para ir co gando ao monte, o meu irmán Daniel e máis eu tiñamos visto cruceiros abatidos, o piorno do cura queimado, os badais das campás roubados, ou a cancela do adro arrincada e guindada na presa da Bouza.
            Unha noite chegaron a prenderlle lume ao concello, que ardeu case todo. A xente, alporizada, trataba de apagar o lume a caldeiros. Uns berraban coma se a vida lle fóra niso, mentras algúns proferían insultos contra os comunistas. A mamá apartoume de barullo e sentoume no chan, ao outro lado de estrada. Para min era unha festa: nunca tal lume vira!.         
         
        Mentras, o tío Matías estaba acodado na xanela da taberna, coas mans metidas nos petos, e celta sen filtro na boca a medio fumar, e a gorra calada enriba dos rizos. No dicía ren. Tiña o xesto serio, pero semelleba contento por dentro porque o ollos adoitaban delatalo sempre. Home! A min non me parecía moi ben que se aledara… Pero, a verdade, tampouco me sabía mal. Alá cada quen.
            Á noite seguinte, a parella da Garda Civil deulle o alto cando baixaba polo camiño das Ánimas. O tío Matías, que viña un chisco bébedo como de costume a esas horas, tratou de serearse cando o pararon. Estarían a ser as doce da noite.
             -         Alto! ¿Su nombre? –inquiriu un dos gardas-
Co susto, a borralla de celta, caíulle pola chaqueta abaixo, e mesmo tardou un chisco en sacudila cunha man, mentras coa outra sacaba o pito da boca.
            -         Eu… -tatexou tío Matías como cada vez que se poñía nervioso, tratando de farfullar o castelán- fai un tempo que yo non me recuerdo bien desas cosas, aínda que usté non me crea.
            -         ¿De dónde viene? –voltou a preguntarlle un dos gardas-
            -         De la casa darriba –contestou-
            -         ¿Para dónde va?
            -         Para la casa dabaixo.
        Despois de cruzar a mirada os dous axentes, un deles espetoulle a xeito de orde:
            -         Diga usted “¡Que viva Rusia!”.
            -         Se usté lo dice… pues que viva, dijo yo.
            
           Tío Matías tremaba por dentro, dubidando se o que tiña diante era Compaña e se ía a aparecérselle a Candelaria para arredalo aquela noite. O certo é que con aquelas respostas, os gardas acabárono tomando polo parvo da aldea, medio borracho xa, e deixárono ir camiño á casa de abaixo. Pero ben coidaba o tío Matías que se estaba a cocer algo, porque oira desbardallar moito a Benito de Xan na taberna, e ese, cando bebía, non sabía ter a lingua queda e largaba como un caldeireta sen fondo.
            Así foi. Aquela mesma noite petaron na porta de tío Matías cara as catro da mañán. O can non paraba de ladrar no alboio. Tío Matías, que tiña o sono lixeiro, ergueuse como unha centella e pinchou en calzoncillos pola fiestra coa roupa na man. Patexou descalzo polo corral estrado de toxo e saíu polo portal da eira. Correu sixiloso, pero como ánima que levaba o demo, porque ben sabía que vida íalle niso.
            O tío Matías andivo agachado días entre o millo. Lembro ben, como mesmo a miña nai íalle levar comida ás agachadas que baixaba nunha cestiña cuberta cun paño, e que lle deixaba debaixo do loureiro da punta da arriba de leira de Froxente.  Logo fuxiu para o monte con outros. Durante semanas, buscounos a Garda Civil, e de cando en vez escoitabamos abaixo os tiros que soaban monte arriba.


         Non voltei a velo máis. Nunca souben del. Tío Martías “O Muiñeiro” desapareceu. Coma Finso de Otero, coma Félix do Correo, Calixto de siña Áurea, Tomás “O Parajueiro”, Eliseo da Laxe ou Moncho de Arís. Como Ignacio “Da Taberna”, Esteban “O Moro” ou Raúl “O Tatelo”. E como tantos outros naqueles días.
          
  O “muíño da Calienta” ficou sen maquía todos os martes e xoves, de oito a des, a dous reais por muiñada. Pero aínda cando o miro de lonxe, quédome en chisco agardando que unha man invisible ceibe a auga do atranco, abra a porta do vello muíño e, unha vez dentro, tire de crus. Porque penso que o espíritu do tío Matías “O Roxo”, pervive debaixo da mó. E que ande!.
 
Febreiro de 1996  (mestura de anécdotas reais e imaxinarias)
            



domingo, 10 de abril de 2022

O Estado contra min

Domingo de Ramos. Un bo día para traer aquí esta historia que acaba de trascender na semana. Unha desas para conmover, nunha loita desta traballadora contra dous males. Desde aquí, o noso alento para ela, e os parabéns por unha valentía admirable por defender a súa causa digna, contra vento e marea. A falta de empatía da administración local, que ven medrando desde fai un tempo en Meaño, debería convidar a unha meditada reflexión polas formas. Tocaría facer exame de conciencia. A Semana Santa poder set idónea para iso.

O TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA OBRIGA AO CONCELLO Á READMISIÓN DUNHA TRABALLADORA E O ABONO DO SALARIO DESDE O SEU CESAMENTO


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polo concello de Meaño e obrígalle á readmisión dunha traballadora do Centro Rural Polivalente, á que se lle cursou despedimento en maio 2019. Unha traballadora, cuxa relación laboral co concello mantíñase desde o ano 2002, comezando polo "Plan Labora" na Escola Infantil 0-3 anos, para logo exercer como traballadora do Servizo de Axuda non Fogar. E en 2006, coa apertura do Centro Rural Polivalente da terceira idade, pasou a asumir o seu traballo como auxiliar de enfermería cos maiores do municipio.


Centro Rural Polivalente en As Covas

A práctica do concello ao longo de todos estes anos viñera sendo encadenar contratos anuais consecutivos, convocando ao final de cada etapa, novo concurso. Un fío polo que debían pasar todos os traballadores, se querían ser designados para a renovación de emprego por un ano máis. Así as cousas, tal e como sucedeu con outros traballadores, esta técnica encadenou contratos co concello de Meaño durante case durante máis de 15 anos, sen ser recoñecida en todo ese tempo como traballadora fixa. 

Na última convocatoria (febreiro de 2019), cando por un plan de estabilización da praza xogábase a praza indefinida, esta traballadora sufriu unha indisposición que lle obrigou a ausentarse, a cal que delataría unha enfermidade grave. Ao ser despedida, cursou reclamación e, como esta non prosperou, en defensa do seu dereito, presentou demanda xudicial reclamando a súa condición de indefinida por unha praza que foi daquela asignada a outro aspirante.

Tras o paso pola audiencia provincial, a demanda acabou no Tribunal Supremo de Galicia, o cal fallou en favor da traballadora. Non conforme, o goberno local optou por recorrer o fallo. E, por segunda vez, o TS acaba de dar a razón á traballadora, declarando nulo o despedimento,  e obrigando ao concello a abonarlle o salario que deixase de percibir desde a data de despedimento (maio de 2019). Incluida a Seguridade Social,  e a ollo de xestoría,  isto vai supoñerlle ás arcas municipais un desembolso obrigado que rondará os 50.000 euros. Engadido, o TS impúxolle ao concello meañés as costas do xuízo por valor de 1.500 euros. (Arriba, na intantánea, parte de traseira do Central Rural en Meaño, con traballaba esta profesional)


Polo de súpeto, a traballadora que acaba de recibir alta médica, debe incorporarse ao traballo, aínda que optou por facer uso das vacacións correspondentes, en aras a poder prolongar así o proceso de recuperación no que se atopa inmersa. Preguntada polo vivido en relación á súa situación laboral, recoñece que “desde 2006 renunciei a entrar nas listas da Xunta para traballar en enfermería, porque me enchía o poder traballar cos maiores de Meaño”, dado a súa condición ao ser natural ela do propio municipio meañés. Sobre o fallo do TS admite que “síntome aliviada por unha banda, pero triste e abatida polo moito tempo que tiven que loitar contra o concello por este dereito laboral”.
 

 

domingo, 3 de abril de 2022

 

EL MEAÑO DE A PIE SE VUELCA CON UCRANIA


“La guerra es un crimen aceptado, donde hombres jóvenes, que no se conocen y no se odian, se matan bajo las órdenes de viejos, que se conocen, se odian, y no se matan” (Erich Hartmann, piloto de aviación alemana más letal de la II Guerra Mundial, con 300 derribos, y que le dejaba en su día esta cita para la historia es su entrevista a Javier Nart, corresponsal de guerra, abogado, escritor y actual eurodiputado)
 
Meaño camina por la paz en Ucrania

Dos bellas iniciativas hoy domingo (por día 3 de abril) en pro de la población ucraniana que sufre la guerra. De una parte, la del CEIP As Covas, con una marcha simbólica por el rural meañés, de apenas media hora para hacerla accesible a todas las edades, y que pasaba por A Feira, A Gaviña, Pradofrade, As Covas y regreso por la cuesta o Peñon al colegio. Pareció sonreírle la soleada y fría mañana en la sombra, logrando congregar a unas 200 personas, dejando patente así, una vez más, el compromiso de las familias con las iniciativas de este centro, que se erige en los último años como un referente en Galicia por su modelo educativo. Hoy, en domingo, dio otra muestra del porqué.

A su regreso, la caminata de complementaba con una performance del alumnado de segundo y tercer ciclo de Primaria, que aunaba historia, música, poesía y teatro, pivotando sobre la figura de Lilí Marleene, una historia de amor de tiempos de guerra. El público se comprometió con las aportaciones económicas que depositaban de manera altruista en un buzón. Lo recaudado se entrega esta mismo semana en una entidad bancaria, dinero que llegará de inmediato a Ucrania a través de Unicef, que es la elegida y que trabaja sobre en terreno en favor de los niños ucranianos.


De regreso, subiendo la cuesta de O Peñón


La otra iniciativa estaba en Simes, donde los feligreses evidenciaron su generosidad en una colecta en misa, que anunciaran durante la semana el cura párroco Juan Ventura más Cáritas Parroquial. Lo recabado se hará llegar íntegrmente a Ucrania a través de Cáritas. Fueron dos gestos altruistas, de sencillez e imaginación, labrados con la discreción de unas organizaciones sin más pretensiones. Admirables!. 


Añadido, el concierto de las Banda Infantil y Xuvenil ayer sábado (por 2 de abril) en el salón de bodegas Vionta en Simes para abrir el Mes da Música. Dos conciertos con el público muy cercano físicamente a las formaciones para poder disfrutar del momento. 


La Banda Xuvenil en su concierto en Vionta (Simes)


Emotivo el “Shalom!” de
Philip Sparke, elegido por el director Diego Javier Lorente para la Banda Xuventil, en recuerdo a la cultura de un pueblo judío que padeció el holocausto. Lo hace justo en un momento en que el horror se está recrudeciendo ahora con un gélido viento Este que sopla desde Rusia. Para reconducir el momento se exige en las sociedades un temple, que parece desconcharse por las esquinas. Eso es preocupante.

Por lo de pronto, pásalo y deja caerte con los tuyos por este Ventanuco. Invita la casa. Y es que es el Meaño de a pie si lo merece de veras. Gracias!.


Diego Javier Lorente y la Banda Xuvenil al final del concierto



Banda Infantil de Meaño saludando al público tras su concierto