Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
sábado, 24 de junio de 2023
***Opinión
EN LA ENCRUCIJADA
“La Encrucijada Mundial” es un manual del mañana para todo el que
asume (o esté dispuesto a asumir) puestos de responsabilidad en la dirección de
equipos, sobre todo políticos, desde alcaldes a las altas esferas. Sin pudor ni
medias tintas, Pedro Baños nos pone ante la encrucijada social, política,
económica, entre el bien y el mal, ante la educación, el liderazgo, el mercado
laboral del XXI, los riesgos ante I.A., la necesidad de una nueva política
porque nuestro modelo actual está tocando a su fin. El lector podrá compartir o
no sus análisis, sus propuestas de solución como sociedad que somos, pero, desde
luego, lo que no puede es evitar reflexionar, leer y releer,
meditar, encontrar cada cual su propio parecer. Pedro Baños advierte sobre la I.A., cuando afirma que “el
exceso de información nos impide pensar”. “Internet -agrega- nos da la
información triturada, no nos obliga e pensar (…). Es la diferencia entre un
estimulador intelectual -el libro- y una papilla ya preparada para ser tragada
sin cuestionamientos -la información en Internet-“.
En educación, incide en la importancia de las cuatro ces: “creatividad, capacidad, crítica, comunicación y
colaboración”. El sistema educativo (España, por ejemplo,) lo que realmente
persigue, en palabras de Baños, “es igualar por debajo, para no molestar a
los más torpes o vagos, zancadilleando a los sobresalientes y desmotivándolos
para estudiar”. “Y esto -agrega-, indudablemente, genera entre los jóvenes
cierta apatía o desencanto”. No en vano, las adaptaciones curriculares de la nueva
ley educativa es un cajón de sastre donde cabe todo para evitar el fracaso, el desencanto, la frustración, tanto que en los centros hospitalarios empiezan a crearse unidades de psiquiatría infantil para tratar de abordar a niños y adolescentes
empoderados que no digieren el desencanto. La actual ley educativa no hace sino
alimentarlos.
En cuando a la polarización social creciente, reconoce como en el momento
actual se reafirma la teoría del wookeism,
que es el que tiende a la uniformidad, “elimina la libertad de expresión y crea
una sociedad donde hay más miedo a decir lo que se piensa, y aumenta tanto la
polarización como el recelo hacia el otro”. “Algunos -advierte Baños-, lo
aplican sin el menor pudor.” El libro actúa también como manual de cabecera para el líder político, al que recomienda dominar el arte de la comunicación, “haciendo gala de la oratoria y la
elocuencia”, “no influir, persuadir”. “No escuchamos para entender -lamenta Baños-, lo hacernos para contestar”. “La confianza es lo que marca la
diferencia entre unos líderes y otros. Sin confianza no hay liderazgo”. “Dos
aspectos revalorizan al líder humano: la transparencia y la credibilidad. La
transparencia es el lubricante entre el líder y la sociedad”. Lo uno
(transparencia) y lo otro (credibilidad), en nuestro gobierno local se ha
extinguido hace tiempo. La capacidad negociadora de este líder, que no domina
el arte de la comunicación (ni oral ni escrita), se limita a influir (cuando no, a imponer), no a persuadir”.
En lo tocante a la elección del equipo (candidatura electoral), Pedro Baños recurre a Maquiavelo: “el primer
método para evaluar la inteligencia de un líder es observar a los hombres que lo rodean”. Un
método que luego rubricaba el propio J.F. Kennedy: “un hombre inteligente es aquel que sabe ser
tan inteligente como para contratar gente más inteligente que él”. En nuestro
ámbito municipal se hace real aquello sobre lo que advierte Pedro Baños: “es la cultura del
empoderamiento personal, que evita el empoderamiento organizacional, y que
hace destacar al estático y al mediocre”. Es una de las consecuencias de que la
democracia (poder o gobierno del pueblo) ha degenerado en partidocracia (el
poder de los partidos). Como en nuestra sociedad -y Meaño-, blanco y en botella, tal cual.
domingo, 18 de junio de 2023
OS ESCARAVELLOS E A MÚSICA TRADICIONAL VENDEN “PURO
MEAÑO”
Dous
xeitos de vender Meaño con orixinalidade e elegancia son os amosados este fin
de semana. Dunha banda a “VII Concentración de Escaravellos do Salnés”; e
doutra, o “XX Encontro coa Música Tradicional”, que estivo seguido da “I
Foliada da Penaguda”. Unha vez máis ponse en evidencia que os eventos, cando se
organizan con agarimo, nótase, e moito. Isto só é posible cando se implican
colectivos sen ánimo de lucro (nen político), que saben tratar os detalles para
poñer a Meaño no escaparate. Todo
é posible grazas ao empeño da asociación “Escaravellos do Salnés”, impulsado
por dous namorados de Meaño, como son Manuel Lage e Jesús Pazos; e da asociación
cultural Penaguda en Dena, un colectivo con máis de 30 anos ás costas, e que é
(ou debería ser) todo un orgullo para Meaño, polo seu labor encomiables d mie manter
a bandeira da música tradicional en Meaño, con mestres como Pichi ou Roberto
Sotelo.
“Plaga
de escaravellos” O
dos “escaravellos” é un fin de semana, con dúas xornadas (sábado e domingo), que
trouxeron a 130 personas que chegaban a
bordo de autos “escaravellos”. Por un momento, coparon coa súa caravana de 60
vehículos do mítico Volkswagen as estradas de Meaño, Sanxenxo e subida a
Armenteira. O
sábado, tocaba a recepción no Bar Lage, e logo xornada na illa de Ons, cea e
noite no hotel Nuevo Astur en Gondar. Unha cea onde, entre os sorteos, procedeuse, ao dun vehículo escaravello, auto de época de 1990, matrícula de Madrid, en perfecto estado e que,
nesta ocasión, viaxa para Oviedo. E é que unha das participantes nesta
concentración, presente no salón, foi que mercou o boleto que 5.394, que resultou
o agraciado. Logo, hoxe domingo, caravana por Sanxenxo, Areas, Raxó e subida por Samieira rumbo ao
mosteiro de Amenteira, cadedral do Salnés. Alí agardábaos una visita guiada, e
logo regreso polas estradas meañesas rumbo ao Nuevo Astur, para degustar un
xantar de despedida.
Un
escaravello chegado desde Oviedo, outro desde León e, engadido, preto dunha
vintena de portugueses. Entre os participantes, o máis veterano, o pontevedrés Valentín Fariña, que chega conducindo o seu “escaravello” aos seus 83 anos. En
canto a vehículos, un dos que chamaba a atención pola singularidades, era un
“escaravello-buggy”. Que a paixón por este vehículo desborda fronteiras, amén
la procedencias, plasmábase no feito dun “escarvello” do ano 1969, que chegaba
de man da parella conformada por un peruano e unha libanesa. Modelos de todas as
épocas, memo dúas furgonetas da saga e algún de última xeración dun vehículo
mítico, que nacia nos anos 30 na Alemaña do III Reich, concebido como un utilitario
cada de acadar entonces os 100 kms/hora.
Grupo de música tradicional da Cultural Penaguda (Dena)
Encontro
coa Música Tradicional Pola
súa banda, a música tradicional reivindicábase
en Dena co seu “XX Encontro de Baile e
Música Tradicional Galega”, organizado pola asociación cultural Penaguda.
Celebrábase na noite do sábado na pista polideportiva ao aire libre -outrora
pavillón de deportes-, inmediato á coñecida como “alameda dos Colexios” en
Coirón-Dena. Unhas 150 personas poboaron a grada para asistir á actuación dos
tres grupos participantes. Sobre a cancha de formigón, a quenda de arranque foi
para a anfitriona “Penaguda” de Dena que, cos seus gaiteiros y danzaríns, interpretaban
a “Muiñeira Sabaxáns”, “Muiñeira de Cascás”, a “Xota cruzada de Pazos de Borbén”,
a “Cantata de Rodeiro” e a “Xota de Santa Comba”. Unha cantata, a de Rodeiro,
onde o xoven e novo grupo de pandeireteiras de Penaguda actuaba por primeira
vez en público. En canto aos músicos de Penaguda, éste estaba integrado un
quinteto, con tres gaitas, bombo e tamboril, onde mesmo asomaba para algunha desas pezas o saxo
soprano de mans de Antonio Prieto, presidente, gaiteiro e integrante tamén da
orquestra folk viguesa “SonDeSeu”.
Benxamíns de Cantodorxo
Logo,
foi a quenda das formacións “Os Gatiños” de Portonovo e a asociación cultural “Cantodorxo”,
de O Grove, esta última a máis numerosa e que exhibiu unha nutrida canteira. Para
rematar, de novo unha última peza de Penaguda, onde o grupo de danzaríns
maiores, fixeron partícipe ao público, sacando cada quen a unha persoa da grada a bailar. En total, o encontro congregou así a uns 75 músicos e bailaríns de
música tradicional.
Proxecto Balea na Foliada da Penaguda
A
foliada Logo,
metidos xa de cheo na noite, empezaba a “I Foliada da Penaguda”, unha iniciativa
que ofreceu algunhas das mellores estampas do evento, se ben a maioría do
público perdeuno ao entender que o mellor do encontro estaba rematado. Así,
entraron 16 gaiteiros e 6 percusionistas, aficionados de todas as idades na cancha,
na súa maioría precedentes do Morrazo, unidos en torno ao Proxecto Balea, unha
iniciativa de mestre Roberto Sotelo, profesor de gaita en Penaguda e diversas
escolas do Morrazo. Baixo a súa dirección, e apoiado en dúas baquetas
percusionadas, xuntos fixeron sonar ao tempo os seus instrumentos inundando con
seus sons toda a contorna. Se o perdeches, nos estábamos alí para recoller este
intre, que compartimos contigo aquí no seguinte vídeo;:
Un
dos veteranos de Proxecto Balea, Manuel Torres, gaiteiro de 72 anos e que chegaba
de Cangas. A súa adicación foi tardía: “de rapaz non podía -explicaba- porque había
que traballar, pero a min a gaita gustoume de sempre”. “Empecei a tocala fai
16 anos -agrega- a razón de dúas horas por semana, e este mundiño engachoume… Engánchanos
a todos”.
“O
mundo da foliada -explica Manuel Torres- ten moito seguimento no Morrazo, é
unha tradición que nunca se perdeu e que mesmo está reactivándose, pero aquí -en
relación a la comarca arousana- non tanto”. “Alí -por o Morrazo-, temos foliada
este martes, logo o 24, e despois o 25… E cando entramos no verán hai foliada,
día si e día tamén”. “Nestas quedadas -agrega- a xente ven, canta, baila, e
mesmo as vellas bailan xa fóra cando escoitan a gaita, porque ésta é un música
que non ten idade, os pes van detrás da gaita”.
Penaguda
e foliada poden maridar para abrir un filón que explorar para potenciar vender
Meaño ao turismo. Ideas e imaxinación, aínda sen cartos (na nosa administración
local pasa exactamente a inversa).
GALERÍA DE FOTOS
domingo, 11 de junio de 2023
***In memoriam
“CÓNTAME
OUTRA HISTORIA”
Frorece a primavera mentras a vida
váisenos gastando polos currunchos. Pinca a pinca, pero incesante, estásenos
indo toda unha xeración. En falta nós botamos xa esas historias que se levan no
peto, os relembros dun tempo esmorecido, onde no rural meañés -co arquivo
municipal do concello queimado en 1946-, os maiores eran esa historia viva que
se nos escapa. Entre eles, a memoria de Aida (Lage Ferreiro) que nos deixou na
parroquia de Meaño aos nove días de ter entrado a última das súas 91 primaveras.
Sinto
que escribo tarde, pero era unha misiva á que debía na ánima por ese vínculo
invisible que fumos tecendo. Coa súa prodixiosa memoria e con inusitada
paciencia, siña Aida legounos retazos dos albores da Guerra Civil na parroquia
de Meaño, da queima do concello no Outeiro, do mundo das escolas unitarias do
réxime, das lendas do alén, do motín dos montes (1953), da vella feira de
Meaño, incluso dalgún crime no seo familiar que conmovera Meaño nos anos da ditadura.
Ela era unha desas entrañables cronistas
do pasado á que acudiamos cada vez que queriamos tirar dun fío para escribir.
Parlotear unha tarde improvisada con siña Aida era un desos oasis emocionais. Ao
despediamos, sempre tan pulcra, ata. se congratulaba por facernos partícipes duns
relembros que sigñificaba tanto para deixar testimuña documental. Sabiamos que aos
seus anos, en calquera recodo, a vida faríanos un desos acenos amargos.
Grazas polo compartido, grazas por
facernos mellores, grazas por ensinarnos de xeito silandeiro a valorar co
corazón. Grazas a ti, a esos maiores aos que sempre estades aí para axudarnos: a
Pepe de Rial, a Manolo de Agís, Olegario, Silvina, Fina en Xil, siña Luisa en Cobas…Como
dícía a canción: “papá (ou mamá), cuéntame otra historia”.
domingo, 4 de junio de 2023
***Información-opinión
Resultados por parroquias
Os
resultados das eleccións municipais 2023 en Meaño foron unha sorpresa para
todos. Para os que perderon e ata para os que gañaron, por canto, por un momento, mesmo acariciaron o noveno edil. Veciños de Meaño gañou de xeito rotundo, recabando o
57% dos sufraxios emitidos, isto é, 1.964 votos, polos 1.461 do resto dos
partidos xuntos. O resultado, maioría absoluta para gobernar ás anchas durante
a lexislatura que arrancará a mediados de xuño. Nos
medios de comunicación ou en internet, o lector tería visto os datos das eleccións por municipio. Pero desde aquí imos máis alá, e servímoslle a continuación os
resultados por cada unha das sete parroquias do municipio.
Resultados por parroquias
Unha
vez máis cumpliuse aquela sentencia que Jorge Domínguez confesaba fai tempo: “un alcalde, por moi mal que o faga, polo
feito de presentarse de novo ás eleccións garantízase recabar 1/3 dos votos”.
Partindo desa premisa, Carlos Viéitez mellorouno con creces. Para este resultado,
entraron en xogo varios factores: por unha banda -o máis importante-, un investimento
económico descomunal, o nunca visto ata do de agora nas eleccións municipais de
Meaño, non escatimando absolutamente nada en marketing para a suxestión da masa
(e saltándose todos os límites de gasto que fixa a norma). Por outra, un amplo
equipo de traballo, eficaz no seu labor, non só de campaña e control sobre a
cidadanía, senón tamén como correa de transmisión do candidato, máis dos
poderes fácticos nos que se ampara, poñendo en práctica pautas que nos retrotraen ao modelo caciquil da España de fins do s. XIX. E un terceiro factor: o voto do
medo, o da papeleta marcada pola doblez, o do acarrexo de votos o 28-M. Cada
voto contaba moito, e Veciños pelexou cada un, baténdose casa por casa ata límites que
superan a ética democrática baseada na libertade
Que
dicir das outras formacións políticas? O PSOE desaparece da corporación (e así o entende a inmensa maioría) pagando aquel sonroxante pacto de facto que lle
dera en 2019 a alcaldía ao PP de Viéitez, e o compadreo -cando non a loa- que se
evidenciou nos plenos durante toda a lexislatura. En 2019, o PSOE meañés
decidira inmolarse. Catro anos, despois recolle o froito. Témome que esa
penitencia irá máis alá destos catro anos. Ao tempo. O PSOE, en 2019 renunciou mesmo
a unha alcaldía que M.I. servíalle en bandexa de prata, unha oportunidade que
nunca tivera a esquerda en Meaño, pero que o PSOE rexeitou. Hai trens que só
pasan unha vez na vida. E este non voltará. Meaño
Independiente? A baixada de votos evidencia que M.I. tocou o cumio en 2019,
quedándose entonces a tan só a 112 votos do PP con Carlos Viéitez. Agora, en
caída, só lle toca diluirse ou afrontar o futuro baixo outra fórmula. Todos
saben que “independentes”, é un lugar de paso (incluido agora para Carlos Viéitez).
Pola
súa banda, o PP pagou que a Provincial deixara pasar o tempo de xeito tan
infrutuoso como exasperante, como agardado a chegada dun “mesías” que, quen máis
e quen menos, sabía que non ía aterrar. O “Deus proveerá”, non ten nada que ver co rural meañés, e a máis tempo pasado, máis terreno capado por Veciños, mentras
o PP semellaba morrer por inanición. Agotadas unhas vías e non exploradas outras en
tempo, a Suso Sueiro non lle quedou outra que salvarlle os mobles ao PP. Aínda
que traballando de arreo a contrarreloxo, lamentou o chegar moi tarde a escena.
En
canto ao BNG que, por un momento, semellaba ilusionar en pre-campaña arrancando
antes que ningún, acabou amosando que o galgo non tiña folgos para unha
carrreira de longa distancia. Ao final concurriu cun programa estándar que
podía ser común a calquera concello de Galicia, unha enumeración de xeralidades,
que para nada calou no electorado, sen unha proposta de actuación concreta para
Meaño.
Na
democracia “el sueño de la razón (tamén) produce monstruos”: Mussolini, Hitler, Perón,
Jesús Gil, Trump… Todos chegaron ao poder mediante a vía electoral. No xeito de
control, que aúna un cóctel de falso paternalismo, marketing e medo, todos se
semellan. Este tamén. A chamada á "concordia e unidade", que foi a mensaxe institucional de Carlos Viéitez tralas eleccións -máis aínda tralas de bombas de palenque da noite electoral- soan vacuas nel, evocando máis ben aquel "una grande y libre" (nen grande, nen libre). Aquí é o que toca.