Páxina principal

domingo, 30 de noviembre de 2025

 Opinión ***

AS NEGACIÓNS DE SAN PEDRO


O paso do tempo, e a piques de vencer o ano 2025, demostrou o que se intuía desde fai tempo: por segunda vez en cinco anos, baixo o mandato de Carlos Viéitez, o concello non tivo (nen terá, por ser xa inútil a estas alturas) presuposto municipal para este curso. Así mantivéronse vixentes as partidas do presuposto municipal de 2024, que resultou, na práctica, prorrogado e tivo que gobernar a golpe de expedientes de modificación de crédito para inxectar cartos de tesourería. 

Antes de que canto o galo, negarasme tres veces” (San Mateo, 26:34-35), Ao longo de 2025 -como San Pedro-, Carlos Viéitez, negou tres veces -sobre o presuposto-. Para coñecer estas tres “evanxélicas” negativas, tiramos das hemotecas e audioactas dos plenos (que o lector poder consultar na web municipal).
A primeira, no pleno do 21 de marzo, onde, textualmente, anunciaba: “haberá presuposto para este 2025, pero non podo comprometer unha data”. A segunda, no pleno de 29 de maio; e, a terceira, no ordinario do 22 de agosto, cando, outra vez a pregunta da oposición, afirmaba: “por se min fora, os presupostos, canto antes”. Por entonces excusaba que todavía non poidera presentarse “pola situación de baixa de secretaría-intervención”. Aínda non aventurando data, e rexedor Carlos Viéitez persistía: “Meaño terá presuposto municipal este ano”. Pero agora, fai nada, na sesión desta pasada semana (27/11/2025), a piques de acabar o ano, Viéitez Fernández deu por feito que Meaño, agora si, xa non terá presusposto.
"… E ao instante cantou o galo” (San Mateo, 26:34-35).



sábado, 22 de noviembre de 2025

A Cova do Trasno: HISTORIA VIVA



Cando os días se fan curtos e a noite cae pronto, cando o frío e a choiva calan os ósos, é o intre axeitado para abrir esta “Cova do Trasno” e refuxiarse nela ao calor dunha boa conversa e algo de música  ben adobado cun cafeciño quente. Así o concibe a Asociación Cultural e Deportiva GAM, que reabre neste mes de santos o seu foro de debate e coloquio: será
o vindeiro venres, 28 de novembro , ás 20,45 horas no Pazo de Lis, coa primeira entrega do curso.

Baixo o título “Historia viva: Memoria da primeira corporación democrática meañesa (1979-839)" intervirán tres concelleiros vivos daquela corporación, presidida entonces por Germán Rodiño (primeiro alcalde democrático en plena transición). Os tres para conversar serán Manuel Padín Pérez (CD), Laureano García Ruibal (PSOE) e Manuel Crespo Domínguez (UCD). Para a ocasión un coloquio de 50 minutos con música de acordeón en directo de mans de Pablo Dovalo, que tamén fixo naqueles anos os seus piniños na política municipal.

Como resultou aquela primeira experiencia de organización democrática cando ninguén deles viviran antes tan cousa? Como se fraguaron aquelas primeiras listas? Como eran aqueles novedosos plenos en democracia? Quen represetanba o que? Que anécdotas daqueles anos merecen ser contadas? Todo isto e máis nun foro sen medias tintas, onde coa Asociación GAM  nos temos mollado co radón, cos fitosanitarios do viñedo, coa represión franquista, co esquecemento dos nosos (Herminia Fariña, Eugenio Padín "O Cego de Padrenda, José Calviño,), cos alcaldables nas eleccións de 2023… Pero tamén, coa poesía, coa literatura infantil, co voluntariado meañés nas ONGs, co modelo educativo… Porque, ante todo, somos un espazo de libertade, un espazo plural, que fai saír sarpulido aos do pensamento único, plano, onde a ignorancia é obxectivo para domiñar á plebe. Uns encontros que sempre nos fai mellores persoas ao acabar. Sen máis pretensións que vivir e te sintas ben. Refúxiate por un intre nesta cova, ao calor dos veciños inquedos de pro.


domingo, 16 de noviembre de 2025

 

AGUA QUE NO BEBAS, DÉJALA CORRER

 

Se pudieron conocer este mes -por fin- los resultados de las analíticas realizadas este verano por el Concello de Meaño en las fuentes públicas. Estas analíticas, por norma, comenzaran a hacerse desde 2008 con carácter bianual. Fue en 2015, con la llegada de Lourdes Ucha a la alcaldía, cuando se optó por periodicidad anual. Pero con Carlos Viéitez las antalíticas se espaciaron de tal forma que, en este último período pasaron cuatro años sin ser hacerse, no en vano el último registro data del año 2021. Y este de 2025 acabaron por realizarse ante la insistencia de la oposición. 


Técnico de Medio Ambiente colocando el cartel de "non apto para o consumo humano" en la fuente de Viliquín (Dena)

En total, se analizaron 31 fueron las fuentes entre las siete parroquias del municipio. En esta ocasión, queriendo evitar controversias, el concello sólo colocó carteles de advertencia en aquellos manantiales cuya agua quedó catalogada como “non apta por el consumo humano”, símbolo que incluye un aspa roja tachando el icono de grifo.
De las 31 fuentes sólo media docena dieron resultados manifiestamente adversos. Esas seis donde, por tanto, reza el cartel de “non apta para o consumo humano”, son la de Pazos y Quintáns (ambas en la parroquia de Simes), Caxoi (Lores), A Rega (Paradela de Lores), Río da Vila (Meaño) y Viliquín (a pie del río Chanca en Dena).

De ellas, en cuatro, se manifestó la presencia de aerobios fuera de rango, que alertan de la posible presencia de patógenos en el agua, agente que puede acarrear enfermedades como virus, bacterias y hongos. Y otras dos (A Rega y Viliquín) evidenciaron, en las muestras recogidas, la constancia de coliformes, que son especies bacterianas que habitualmente se asocian a una posible contaminación fecal de ese manatial.

Las 25 fuentes restantes quedan catalogadas como “auga sen garantía sanitaria”, no evidenciando contaminación, pero advirtiendo del potencial riesgo ante cualquier eventualidad. En ellas debería colocarse el cartel, con letra blanca sobre fondo rojo, que rezaría “auga sen garantía sanitaria”, pero sin tachar el símbolo del grifo, aunque el gobierno evitó colocarlo en esta ocasión. Esas otras 25 fuentes analizadas -de las que no ofrece información el concello, pero nosotros sí- son las que siguen:


Listado de fuentes analizadas. En color rojo, las declaradas
"no aptas para o consumo humano". Las otras, "auga sen garantía sanitaria"
 

Eso sí, las analíticas realizadas este verano evidencian un PH bajo en todas las fuentes meañesas, como en la inmensa mayoría de las aguas de Galicia, y que es ese otro hándicap que lleva a su tipificación como “agua sin garantía sanitaria”. 


¿Qué riesgos puede entrañar para la salud el consumo de agua con PH bajo?
Para poder responder a la pregunta, este portal acudió a la consulta con un laboratorio especializado en analíticas de aguas. “El PH de un pozo o cualquier manantial -explican desde su departamento químico- debe moverse en la horquilla de 6,5 como valor mínimo, y de 9,5 de máximo, aunque no es aconsejable que supere ya 8,5, porque a partir de esa cifra empieza a acusar porcentajes altos de minerales alcalinos, como calcio, sodio y magnesio”.


Preguntado por los hándicaps de un PH bajo, el laboratorio consultado aclara que “los niveles por debajo de 6,5 denotan una mayor presencia de hierro, cobre, manganeso o cinc, que son tóxicos.”. “Si el consumo de estas aguas con PH bajo es ocasional -precisan- no supone riesgo alguno para la salud, pero si ese consumo es prolongado o habitual, conviene saber que esa agua puede contribuir a causar daños gastrointestinales, ya que debilita el equilibrio de la flora intestinal, así como causar también daños en riñones e hígado, razón por lo no es aconsejable su consumo continuado”. “Los PH bajos -explica este laboratorio- está relacionado con el caudal de agua, el terreno por el que discurre y, como añadido, también en el abonado de viñedos y fincas en zonas agrarias que pueden reducir aún más ese PH”.
En el alero, quedan los parámetros que las analíticas de 2021, que llevaran a tipificar como “augas non aptas para o consumo humano” un total de 40 de las 51 fuentes analizadas entonces, cifra que ahora en 2025 se reduce a los seis manantiales antes citados. Cierto que, con respecto a aquellas analíticas de 2021, cabe reseñar que en este 2025 no se ha analizado el agua de varios manantiales conocidos, entre ellas las de Dadín (Dena) Praza y exterior do cementerio en Simes, A Barroca (Lores), o Eiravedra, A Igrexa y As Angustias en Xil, todas ellas que resultaran en aquel 2021 "non aptas para o consumo humano. ¿Cambiaron ahora las condiciones, los parámetros o a saber qué? ¿Por qué quedaron sin analizar el agua algunas fuentes otros socorridas? Una pregunta sin respuesta y que no estaría mal se explicase.
 
En próximas entregas, tras un trabajo de campo, nos adentraremos en conocer el nivel de PH de las fuentes más socorridas para informar desde aquí al ciudadano.  


sábado, 8 de noviembre de 2025

PLENO EXTRAORDINARIO

A adicación á política municipal ten a súas retribucións. A asistencia dos concelleiros a plenos, xuntas de goberno e comisións previas, é abonada segundo o fixado en cada concello. O cuantía, dure a sesión dúas horas ou oito minutos, é fixa. Sabe o lector canto custa unha sesión plenaria ou dunha comisión no Concello de Meaño? Imos contarllo.
En Meaño, 13 concelleiros. Nas sesións non percibe retribución nen alcalde nen a concelleira de cultura, por ter ambos, de por si, salarios políticos (o rexedor a xornada completa e o concelleira a tempo parcial). Por tanto quedan 11 concelleiros cuxa asistencia a pleno (ou comisión) é retribuida a razón de 80 euros por barba. En total, por tanto, un pleno custa 872 euros. O pasado 4 de agosto celebrouse un pleno extraordinario relampo, cunha duración de tan só 2:29 minutos, e que supuxo ese custo de 872 euros. E, iso si, cada pleno leva consigo as pertinentes comisións previas, e a xuntanza de cada comisión custa 320 euros. Aquel pleno relampo de agosto conlevou a xuntanza da Comisión de Contas, isto é, 320 euros o cal que fixo un custo total de 1.140 euros.


Un intre do pleno de Meaño nesta lexislatura

Os plenos ordinarios son obrigados por norma. En Meaño, por acordo do pleno de organización desta lexislatura e a proposta do rexidor, celébranse o último xoves dos meses impares, a saber: xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro.
Logo están extraordinarios, que, en ocasións, poden facerse necesarios. Organización, previsión e, sobre todo, unha axenda física ao día, pode evitar despistes de xestión, e aforrar este tipo de sesións. A continuación amosamos  abaixo un cadro cos plenos extraordinarios celebrados nos 25 anos que van de século XXI. A partir de aí pode deducir o lector que alcaldes tiñan (ou teñen) mellor axenda, quen minimizaba costes en retribucións políticas, e quen non.


Plenos extraordinarios en Meaño

(1) No ano 2012 o extraordinario de novembro celébrase para a elección de Lourdes Ucha como alcaldesa. Repítese no cadro 2012 polo pasamento de Jorge Domínguez.
(2) No ano 2019 os primeiros 6 meses corresponden ao mandato de Lourdes Ucha; e os seguintes 6 meses a Carlos Viéitez (por cambio electoral), razón pola que se parte ese ano en dous semestres.
NOTA: Non se contabilizan os plenos extraordinario de aprobación de presuposto antes de remate de ano, que por lóxica, celebrábase a fins de decembro e que se facía, por norma, obrigado.

 
Do cadro, evidénciase que durante os 12 anos de goberno de Jorge Domínguez no século XXI celebráranse 15 plenos extraordinarios. Logo, nos 8 anos de alcaldía de Lourdes Ucha, 5 extraordinarios. E nos 7 anos de Carlos Viéitez na alcaldía, récord… 19 plenos extraordinarios!. A oposición xa lle reprobou moitas veces as consecuencias desa falta de axenda, cos custos adicionais que iso supón ás arcas municipais (qeu para iso non hai subvención). A vostede tócalle valorar.

E unha última reseña. As sesións extraordinarias, por norma, non contempla o capítulo pregos e preguntas. Cando un pleno ordinario non se celebra, tal e como (insólito!) ocorre en ocasións agora en Meaño, e se troca por unha sesión extraordinaria, á alcaldía pode conceder (ou non) engadir ese capítulo de pregos de preguntas de xeito excepcional (o que Carlos Viéitez, certo, concedeu nos casos habidos). Pero, iso si, a oposición nun pleno extraordinario nunca poderá presentar moción algunha por vía de urxencia (o que si pode facer en sesión ordinaria, correspondéndolle á corporación admitila, ou non, a trámite). En definitiva, estase a recortar a función de supervisión e control do goberno por parte da oposición. Así a funcionamento democrático vaise tornando en autocrático. O segredo é que o pobo, canto menos saiba, mellor. Nesas andamos.


domingo, 2 de noviembre de 2025

 

Acabado o mes de outubro, tres meañeses -un de adopción- contribúen a poñer Meaño no mapa. Fanno desde Lisboa, Cospeito e Pontevedra. Eles son o atleta Andrés Sueiro, o cetreiro Ignacio Orge, e o músico e composito Antón Caneda. Desde este modesto Ventanuco o noso recoñecemento a súa paixón, sen pretensión engadidas, e que, desde aquí, poñemos no noso escaparate. 

TRES MEAÑESES NA VANGARDA 

O meañés Andrés Sueiro, enrolado no Clube Atletismo Cambados clasificou na maratón de Lisboa, disputada a pasado 25 de outubro, como segundo español en meta. Unha proba na que partían, aí é nada, 15.000 atletas. Deles o meañés clasificou na posición 31 da xeneral entre un total de 9.400 maratonianos que entraron en meta. Fíxoo ademáis coa súa mellor marca persoal na distancia, rexistrando un tempo de 2 horas 46 minutos y 1 segundo, que foi o que empregou en percorrer los 42,195 kilómetros da maratón.


Andés Sueiro, a pica de pisar a banda azul de entrada en meta en Lisboa

“Levaba catro meses preparando esta proba -recoñecía Andrés Sueiro-, entrenando cos meus compañeros do Atletismo Cambados e o isleño Pablo Otero, a razón de cinco ou seis días por semana”. Sobre a súa participación en Lisboa explica que “salín moi mentalizado, coa estratexia de controlar os primeros cinco quilómetros e correlos a un ritmo suave, de 4,05 el quilómetro”. “Logo -engade-, a partir de aí, puxen ritmo de cruceiro correndo a 3,55 ata quilómetro 35, que era o culme da dificultade”. “Cando cheguei aí -agrega- e vin que o corpo respondía, boteime a exprimir os quilómetros finais que corrín a 3,45... A verdade, acabei moi, moi forte”.
Andrés Sueiro batía así en Lisboa en casi 11 minutos a súa mellor marca personal, que fóra a acadada o ano pasado na maratón de Aveiro (Portugal) con 2:55:56, “e iso -explica- que Lisboa é un circuito duro, con inicio en costa en Cascais… Se fóra unha maratón chá -comenta- como Valencia o outras, podería ter rebaixado un par de minutos esa marca”.
O meañés non fue o único salinense do Atletismo Cambados en correr en Lisboa e facer un dignísimo papel. Así  competiron Gelo Pérez (que rexistou un tempo de 2:48:16), José Manuel Lores (2:48:30), Ramón Oubiña (2:55:55), Jorge Santórum (3:13:09) e Juan Rivas (3:20:01). Por enriba de todos eles, o gañador, na élite, o queniata Zablon Chumba, que rexistrou un tiempo de 2:07:18. 
 
Cetrería

Polo súa banda, o tamén meañés Ignacio Orge voltou a subirse ao pódium no “XXII Campionato Galego de Cetrería”, celebrado o 25 e 26 de outubro Vilalba e Cospeito (Lugo). Fíxoo esta vez por partida triple, colleitando o subcampeonato en tres das catro modalidades existentes.
Así, en pequenas rapaces clasificou segundo con “Narco”, un peryan co que xa fora campeón galego en 2023 y 2024. Mentras, na disciplina de falcóns “man a man” obtivo o subcampeonato con “Pol”, un falcón aplomado que, precisamente era novo este ano na competición. E na baixo voo con azores lograba o segundo escalón do pódium con “Kuk”, un azor de 830 gramos ben musculado. (Na foto, Ignacio Orge con "Pol" en Cospeito)
Os voos deste campionato tiveron lugar nos terreos cedidos polo Tecor Terra Chá. Nel déronse  cita preto de 60 cetreiros procedentes Tarragona, León, Madrid, Palencia e Cantabria, entre outros puntos de España, máis algúns chegados desde Portugal.
Ignacio Orge suma así tres títulos á súa vitrina particular, non en balde, nesta  tempada, recén iniciada, subiuse ao pódium en todos os toneos nos que participou. O seu xeito de entender a cetrería, o modo de traballar coas aves e os vínculos que con elas entabla, convérteno nun referente na cetrería moderna en España. No seu haber, o ser o único campión de España en todas as modalidades de baixo voo, campión de España con azor en 2018, pequenas rapaces en 2019 e con águila de Harris en 2021, amén de cinco campionatos galegos logrados.
 
Música e composición

Sanxenxino de origen, e casi meañés de adopción pola súa vinculación coa BUMM, Antón Caneda descubriuse na súa  faceta de compositor creando “Xoldra”, a obra libre coa que participara a Banda Infantil da Unión Musical de Meaño no XVIII Certame Galego de Bandas de Música, celebrado o 18 e 19 de outubre. E, amén do primeiro premio na modalidad de bandas intantís, galardón  engadido por “Mellor Interpretación de Obra con Temática ou de Autoría Galega” que foi a que fixo a Banda Infantil de “Xoldra”, baixo a batuta do mestre Lorente López, e que cautivou ao xurado entre o total das 21 bandas de música participantes. (Na imaxe, Antón Caneda)
“Xoldra -explica Antón Caneda- é unha verba galega que significa barullo ou diversión ruidosa”. “Niso -agrega inspireirme cando a concebín para unha banda de nenos, pensando en que a min, pola súa idade, gustaríame ter tocado unha obra así”.
O sanxenxino recibira este encargo de mans do director Diego Javier Lorente López. “Sabiamos por entonces -explica Antón Caneda- que a Banda Infantil fora seleccionada para participar no Certame Galego, e a Diego facíalle ilusión acudir cunha obra con selo propio, que fora meañesa, e de aí o encargo”.



Recoñece que el seu foi “un traballo exprés, apurado polo tempo”. “É unha obra curta, para nenos -explica-, de sete minutos, e concebina en apenas unha semana, xirando arredor dun motivo y unha melodía, procurando sempre o equilibrio entre os instrumentos da banda coa que iamos participar, e pensado en que, sobre todo, os nenos disfrutaran tocándoa… E a boa fe, penso que se logrou, que o pasaron moi ben e que saíron orgullosos de seu concerto”.
Preguntado pola composición, o Antón Caneda recoñecía que “non é unha prioridade, eu compoño cousas porque as disfruto, algúns encargos personais que me fan… algo para banda, fai unhas semanas unha obra para quinteto de metais e trompeta solista”. “Pero, a verdade -agrega- non me vexo nese papel aínda que, con este premio, claro que algo se abre aí na cachola… e nunca se sabe se me dará por entrar nun campo que, por agora, é mera afición”.


Foto de familia dos atletas do Clube Atletismo Cambados tras
competir na maratón de Lisboa