Respira Meaño. Nesta campaña 2025-26 cumprimos 12 anos no aire grazas a teu pulo. Desde aquí, seguiremos abrindo este particular Ventanuco de libertade cada fin de semana. Somos un espazo a compartir e unha canle para chegar a ti (ou viceversa), no Meaño que nos une. Unha historia por descubrir, empatizar e convivir, mesmo tamén con nós mesmos. Nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
domingo, 26 de julio de 2026
SACHASO DE MAR
Xullo festivo en Meaño e fin de semana na comunidade na honra
ao apóstolo Santiago, día de Galicia. O santos Benito (Lores) e Cristóbal (Dena), Viño,
xantar dos Muiños, Son do Mar, Sachaso Rock… Por cartos que non sexa! Que non queda tempo para traballar!! 😉 😉
Por
isto, imponse este fin de semana neste pequeno Ventanuco unha entradiña fotográfica e con vídeos dos concertos
en Dena, no marco de “Son do Mar” e “Sachaso rock”. Todo hai que dicilo,
balance positivo, en canto a unha convivencia que, por un tempo, se dubidou. A
boa acústica con son controlado no recinto, fixo que se poidera convivir no
centro de Dena e, nunha gran maioría, os que non quixeron ir aos concertos,
poideron conciliar o sono con relativa normalidade. Axudou tamén a tempo
meteorolóxico, que permitía durmir coa fiestra pechada para evitar que o son da
electrónica entrara con todo o estrondo. Tamén boa canalización de
vehículos cara as once zonas de estacionamento gratuito habilitadas polo Concello de Meeaño e que deron dabondo. Aquí a nosa selección:
Europe...
Concerto coa banda galega Bala
Tam Tam Go!...
Maldita Nerea...
A banda galega The Rapants
O galego M9Louro
Lia Kali...
Marlon en "Son do Mar"
Outras imaxes do público en Son do Mar...
sábado, 18 de julio de 2026
In memoriam
SUSO SEIJAS
Foi un corazón humilde e xeneroso, deses que seguro rompeu de tanto dar.
Traballador incansable, que sempre te acollía cun sorriso calmo cando ías pola
súa casa, presto a ofrecerche unha boa conversa arredor dun albariño do seu “Lagar
O Parral”, feito das súas cepas e mans, que facía emerxer en calquera a ledicia
de compartir mentras vivimos. Suso pertencía a unha desas xeracións de artesáns do albariño e estaba metido na
allada cando en 1997 concebiron para Meaño organizar o “Encontro do Viño de Autor”, con
protagonismo para os pequenos adegueiros, sempre presentes en carne e óso. Un evento aquel transformado hoxe en “Festa do Viño”, pero co egocentrismo xa trasladado a outras vides que todos vemos.
Amén de adegueiro, coas súas mans e as do seu irmán Finso, alambrou
ducias e ducias de parras de albariño alí onde requerían os servizos de mans duchas e sabias. E cada vez que petabamos á porta, sempre estaba presto a colaborar a súa adega coas iniciativas culturais de "A Cova do Trasno" e a Asociación GAM., cun sorriso apacible e sen agardar nada a cambio. Seguiu a tradición herdada dos seus pais, e formalizou a adega xa en 1988 ao
amparo do Consello Regulador Rías Baixas, que xusto viña de xurdir. E non só se
quedou no albariño senón que, metido no relevo xeracional cun dos seus fillos,
apostou por sacar ao mercado “Con da Cabalaria”, un Rías Baixas tinto, que está
xa no mercado desde 2019, e que mesmo pode degustarse no furancho da familia en
Lores. Sabor
amargo o que nos deixa a ausencia arredor dunha copa, mais o afrutado da persoa perdurará
nos seus viños. E tamén nese “Con da Cabalaria” que
voltaremos a arrolar un día no seu relembro, para acabar brindando na súa adega
como a el lle gustaría vernos.
*********************
domingo, 12 de julio de 2026
En clave de verán (I)
MEDITANDO CO
ALÉN The Alan Parsons Project Este portal, como se declara na entradiña de presentación, arriba debaixo do nome do nome do blogue, é máis que información e historias meañesas que compartir. Ahora
que é verán, cun chisco máis de tempo pola túa parte, abrimos unha sección de música na que che propoñemos reler, escoitar, bucear, redescubrir. Facémolo relembrando
esa outra música que se afastaba do máis comercial, e que, aínda co paso
do tempo, ten unha vixencia entrañable, e a algúns dos promotores deste portal marcounos por unhas cousas ou outras. O anoitecer é ese intre
axeitado para deterte un pouco… Párate e mergúllate meditando co alén.
A primeira estación detense nunha desas formacións de rock alternativo de
cabeceira noutrora e aínda con tirón en moitos seguidores: “The Alan Parsons
Project”. Uha banda que, entonces, non ofrecía concertos en directo, é que
respostaba ao modelo bicéfalo de Alan Parsons e Eric Wolfson. Deles, o primeiro,
de partida, era inxeñeiro de son e produtor; e o segundo, era un dos compositores e
voz solista nos temas máis dóces. Outros do resto desta era formación mudable, axustándose a
cada proxecto ou disco. The
Alan Parsons Project xurde, aí e nada, en 1976. No seu haber, ata 2022, editou
16 discos. O mellor momento desta formación foi mentras se mantivo a dupla
Parsons/Wolfson, ata que en 1990 éste último abandona o proxecto, e logo fina a
causa dun cancro en 2009.
Entresacamos versos dalgunhas das súas cancións que nos marcaron: “Visións de choiva caen fóra dos ceos azuis”, en “Closer
To Heaven” (Gaudí, 1987), e logo xogue o lector interpretando o
espellismo proposto. Párate a descifralo, pero só serás capaz dende o mundo da poesía. Rescatamos aquí para o lector algúns vídeos subtitulados en español, para que poidas seguir as
letras poéticas de cancións, non inspiradas en temas recurrentes, senón en ideas e conceptos que nos achegan á filosofía, a deus, ao alén, ao
descoñecido, como abrindo as portas máis alá do que podemos e percibir cos sentidos, e poñéndonos ante un mundo paralelo invisible que non sabemos se está. Abaixo, rescatamos algúns versos, e facémolo en castelá para casan mellor co que logo verás en cada
vídeo subtitulado. A canción perfecta A canción redonda é “Eye in the sky” (“O ollo no ceo”, ano 1982), onde Alan Parsos elixe para a
súa portada o ollo de Horus, empregado no pasado como un dos amuletos máis poderosos no
antigo Exigto (maxia, protección, purificación, sanación), símbolo da
perfección. Nesa canción reza a letra:
Yo soy el ojo en el cielo, mirándote puedo leer tu mente. Soy yo quien hace las reglas, lidiando con tontos, puedo engañante con los ojos cerrados.
Se
leches (ou pensar ler) “1984”, que George Orwell escribiu en 1947-48, novela onde existía ese “Gran Hermano” (predicindo o de hoxe, vixiados de xeito
constante (por redes/cámaras/Internet), podes comprender mellor esta canción que
Alan Parsons. Quen é ese ollo no ceo? O “Gran Hermano”? Deus? Quen canta
entonces esta canción? Se a escoitas, a melodía vaite envolver en bucle y acabarás tarareándoa moitas
veces. Verás! Cara a outra dimensión A
fugacidade da vida, a conexión co mundo do alén que nos achega a ese pó de
estrelas que vimos de ser e que acabaremos sendo, é o denominador da “Some
Other Time” (“Noutro tempo”), incluido no proxecto “I robot” (1976).
En cuestión de un momento, perdido hasta el fin de los tiempos. Es la tarde de otro día y el final del mío. Ahora que la luz de las estrellas me encontró, perdida por un millón de años. intenta quedarse mientras ciega mis ojos hasta que desaparece… ¿Podría ser que alguien más esté mirando dentro de mi mente?
Unha
última pregunta inquietante. E se realmente alguén está mirando dentro da túa/miña mente?
O
efímero que é a vida máis o paso tempo é o trasforndo de "Days Are Numbers". Que é o tempo? Alan
Parsons ofrece unha resposta chea de filosofía no retrouso e no título: “os días
son números”. Somos, á postre, viaxeiros nesta vida e nun tempo finito (ou infinito?). Nun fragmento da canción reza: El viajero siempre está abandonando su hogar, es el único estilo de vida que conoció. Cuando parece que cada momento es una carrera contra el tiempo siempre queda una montaña más por escalar Los días son números, así que, observa las estrellas. Sólo podemos ver hasta donde alcanza la vista pero algún día… sabrás dónde estás…
En “Children
Of The Moon” (1982), asoma o final, a
apocalipse do planeta onde vivimos (cambio climático, contaminación, guerras
fratricidas…) que casa aínda máis rabiosamente co presente que vivimos. Ocorre cando deixamos os gobernos en mans dos tolos ou cegos que anticipa o autor (hoxe Trump, Putin, Netanyahu…), ao que deixamos “que escribiran as regras de ouro”, e que por iso nos empurran abocados a un fin
prematuro. En "Children Of The Moon" ("Fillos da lúa") canta:
Dejamos que los sabios tocaran los tambores demasiado pronto… Sólo éramos hijos de la Luna. No hay lugar donde correr, incluso si pudiéramos, es muy tarde para salvarnos. Pero trata de entender: los mares estaban vacíos, había hambre en la Terra, dejamos que el ciego liderara el camino por tanto tiempo… Es fácil ver donde nos equivocamos No hay nada por lo que vivir nada por lo que morir… Estamos perdidos en un mundo sin esperanza. (…) Dejamos que los locos
escribieran las reglas de oro No éramos más que tontos mortales.
Pano final E a vellez, que é ese intre para facer balance do tiempo vivido e dos amigos de verdade é o tema presente “Old And
Wise” ("Vello e sabio", 1982). Nesa antesá do intre final, recoñece que “existen sombras
que se achegan a min” (anuncio da morte para o ancián). Nos seus versos, reza:
Tan lejos como mi ojos pueden ver existen sombras que se acercan a mí. Y para aquellos que quedaron atrás quiero que sepan que siempre compartieron mis pensamientos más profundos y me siguieron donde yo iba. Cuando sea viejo y sabio las palabras amargas no me importarán, los vientos otoñales soplarán a través de mí. Y algún día, en tiempo de niebla, cuando me pregunten si te conocía, sonreiré, y diré que eras mi amigo.
E nas nosas recomendacións para interiorízar e adicarte un tempo a meditar, imos á cara B del LP “Pyramid”
(1977). Concebida nesta parte a modo de suite, The Alan Parsons encadea tres temas sen
interrupción: “Voyager” (instrumental de apertura), "What Goes Up" e
“The Eagle Will Rise Again”. Paramos nesa última última canción, cunha letra que
versa sobre la vulnerabilidade da vida, sempre pendente dun fío, sabendo que a
morte pode sorprendernos do xeito máis imprevisto. A aguia simboliza a
libertade e a claridade para a conexión divina, de aí que sexa o paxaro elixido para esta canción, mentras os días da existencia de cada un “non son máis que grans de area que se
escurren entre os teus dedos” (da man de Deus?). Interpreta e interioriza os versos: Yo fácilmente podría caer en desgracia, y entonces, otro ocuparía mi lugar por el simple privilegio de contemplar tu rostro. Y los días de mi existencia no son más que granos de arena que se escurren entre tus dedos al reclamo del soplo del viento. Se dicen muchas cosas cuando, en verdad, no hay nada que decir, palabras que resuenan en los oídos de quienes no saben
desentrañar el mensaje que tras ellas se esconde, ni lo signos ocultos que llevan hacia ti. Lo único que te pido es que me digas cómo puedo seguirte, y obedeceré. Enséñame cómo llegar hasta ti; no sé cómo hacerlo. Deja que mis ojos vean la luz; déjame fundirme con ella.
Aquí abaixo amosamos o vídeo da suite completa (Voyager” -instrumental-de apertura-, "What Goes Up" e “The Eagle Will Rise Again”). Lembra que as tres están enlazadas, e o vído conta cunha realización exquisita que mezcla as pirámides e cultura da morte do antigo Exipto, con mundo futurista do espazo, cuan inspirado no cosmos de "Star Wars"
Cancións,
melodías e letras que convidan a meditar, afastándote do material e procurando percibir o que non ves. Escóitaas coa calma que requiren. Ogallá que
algunha destas cancións poida acadar eses lugares máis recónditos da túa mente -ou alma- e espertar dentro algo para dudar ou facer nacer esperanzas. A saber.
domingo, 5 de julio de 2026
LA EXCLUSIÓN DEL NIÑO MEAÑÉS
LLEGA AL PARLAMENTO GALLEGO
La Valedora do Pobo ha admitido a trámite la queja y reclamación
interpuesta por la vecina meañesa Noelia Lobato Tarelo, en defensa de su hijo
que, a sus 7 años y por su grado de discapacidad, no ha sido admitido en la ludoteca
municipal Ludoconcilia. Una cruzada en la que se ha embarcado esta madre “no ya por defensa de mi
hijo -afirma-, para el que, al final, encontramos en un municipio cercano una ludoteca donde sí lo admitieron, sino por la situación de todos aquellos niños que puedan seguir
viéndose apartados por su discapacidad, evitando así su derecho a la
inclusión que marca la ley”.
La madre meañesa, Noelia Lobato Tarelo y su hijo Anxo
Una información que publicábamos en este portal el pasado sábado 27 de
junio, mientras que el 1 de julio hacía lo propio la prensa escrita (La Voz de Galicia). En correspondencia a su escrito, esta madre recibía respuesta de la Valedora do Pobo el pasado 29 de junio, en
la que se le comunicaba que admitiera la reclamación a trámite “ao
entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei do
Valedor do Pobo, e que atopa, en principio, cobertura constitucional derivada do
artigo 103.1 da Constitución”. Por esta razón, esta institución le notificaba que, en consecuencia, “coa data de hoxe (por día 29 de junio) iniciamos as
actuacións oportunas ante o Concello de Meaño”, precisando que “requirimos desa
administración (en alusión al Concello) que no prazo de 15 días, de acordo co previsto
no artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo, nos facilite información sobre os
problemas que motivan a súa queixa”. Un plazo que, contabilizado en días
hábiles, vencerá el 20 de junio.
Meaño
había fijado un tope de discapacidad de hasta el 60 por ciento, a partir del
cual no podría participar este niño en la ludoteca al carecer de personal añadido para
atender su singularidad. El pequeño sí había participado hasta ahora en
las ludotecas meañesas, pero al no avanzar en función a los estándares fijados, en este curso se le reconoció un grado del 85 por ciento, lo que le ha llevado a
quedarse fuera del Ludoconcilia en el que sí participara el pasado verano.
El niño Anxo disfrutando de un momento en el jardín
Iniciativa
del BNG Otro frente abierto es la reclamación que, a instancias del Ministerio de
Igualdade, esta madre trasladó a la Dirección General de Derechos de las Personas con Discapacidad. Y, el
último en sumarse, ha sido el BNG meañés, que se ha hecho eco del caso y, a
través de la diputada autonómica Montse Prado, ha presentado en el Parlamento
Galego una iniciativa “exixíndolle á Xunta de
Galiza que actúe diante da situación en Meaño, onde se lle denegou a praza na
ludoteca a un neno polo seu grao de discapacidade”. Y es más, este portal adelanta que en otras
instancias se está valorando el poder actuar de oficio ante la situación generada
con la exclusión de este niño en un proyecto que, incongruentemente, se ofrece
a la sociedad meañesa bajo el epígrafe “Somos
Iguais-Corresponsabilidade 2026”. No en vano, a través de esta línea de subvenciones, el
Concello de Meaño recibe del gobierno central y por reparto de la Xunta una
subvención 18.032,99 euros. Y eso que en los proyectos que se acojan a esta
línea de ayudas, por ley se estable que “tendrán acceso prioritario
las familias con alguno de sus miembros con discapacidad reconocida
administrativamente” (sin precisar grado alguno de discapacidad).
Madre e hijo en una instantánea familiar
Otros concellos ¿Qué
hacen otros concellos con sus ludotecas y campamentos de verano municipales? ¿Se
establecen límites de discapacidad para acceder a estos servicios? Siguiendo lo
publicado por La Voz de Galicia, Cambados organiza el “Campamento da Igualdade”
sin condicionante alguno en relación a la discapacidad, matizando desde el
concello que “contamos con monitoras especializadas de cara a una atención
individualizada” para hacerle frente en caso de surgir casos. En Vilagarcía
-siempre según el medio citado- “se les admite sin ningún tipo de distinción,
ya que son actividades inclusivas e integradoras”. Y en O Grove, los casos de
discapacidad con atención especial los remiten desde el área de Servicios
Sociales, se cuenta con monitores adaptados a ellos y, de registrarse algún
caso, explica el edil Kito Parada, se entrevistan antes con las familias para ver en
qué consiste el problema para tenerlo en cuenta a la hora de cómo se adaptarse al niño .
Pero ninguna
actuación similar se ha puesto en práctica en el concello meañés, ni se ha
manifestado -de momento-, voluntad alguna para enmendar el entuerto generado por
unas condiciones de acceso de por si segregacionistas, dejando fuera por su
grado de discapacidad a un niño al que el pasado año sí se admitía (y su
situación real en el día a día de la vida no ha empeorado en este año 2026). Dinero sobrante Y,
desde aquí una reflexión final. Si el regidor Carlos Viéitez lo condiciona todo
a una cuestión de dinero, para conocimiento del lector, cabe precisar que el
concello disponía de 4.133,08 euros para enmendar en entuerto. No en vano, la ludoteca municipal se falló en favor
de la firma SCR, representada
por Silvia Carvelo Rodríguez, que se adjudicó el concurso por un montante de
31.075,20 euros (web municipal), rebajando en 4.133,08 euros los 35.208,28 euros fijados en proyecto por el Concello de Meaño, lo que suponí una merma puntual del 11,7 por ciento. Así, ese
sobrante no se destinará a la postre a su fin original que era esta ludoteca, y poder dedicarlo a otras inversiones. ¿Había o
no dinero para ese monitor que, llegado el caso, requeriría el niño?
NOTA: As fotos desta reportaxe foron cedidas pola familia e autorizada a súa publicación.