Meañoleando

A foto:  UN FESTIVAL PARA LEMBRAR

Meañoleamos coa presentación do "XXXII Festival de Bandas de Música" de Meaño que se celebra o vindeiro 27 de abril, organizado pola Asociación Cultural Unión Musical de Meaño, e que será unha emotiva homenaxe ao trombonista Dani Portas recén finado. A presentación foi este sábado 13 de abril na Quinta de San Amaro.


Un intre da presentación

Na súa quenda de intervención, o director Diego Javier Lores, apuntou que a BUMM interpretará “Blue Horizons” de Franco Cesarini, “unha obra que -explicaba- é un elexía póstuma á súa nai falecida”. “A obra de Cesarini -agrega- é unha metáfora da vida: o primeiro movemento evoca o nacemento, que vén da auga e do mar; logo, o segundo simboliza o devir da vida; e o terceiro e último, a chegada ao paraíso tras a morte”.

O seu repertorio continuará con “Terra Mítica”, do valenciano Bernardo Adam Ferreiro, unha obra que Lorente López definiu como “de gran dificultade e que mesmo é a elixida por algunhas bandas para a súa participación en certames de prestixio”.

Entrega de primeiro premio a gañadora do concurso de carteis,
Raquel Muñiz (segunda pola dereita, ao carón do director da BUMM)

A BUMM ofrecerá ademais ese día un bis, que será un arranxo encargado ex profeso pola BUMM ao compositor rianxeiro Antón Alcalde, sobre a obra “Sang till Lotta”, do compositor xermano Stefan Schulz “que en moi socorrida pola Filarmónica de Berlín, e que era a peza que Dani Portas adoitaba traballar sempre cos seus alumnos para motivarlles, de aí, a nosa homenaxe coa súa obra predilecta e que tanto tocaba”.






4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Os comentarios na sección Meañoleando son eliminados con posterioidade polo administrador do blogue cando se publican novas entregas e xa non teñen que ver os antigos comentarios coas fotos nova publicadas.

    ResponderEliminar