No retrovisor

Nova tempada, esta a 2023-24, mirando polo retrovisor para atoparnos co Meaño antigo, cun puñado de fotos que nos van chegando e que nos mostran tal e como eramos daquela. Vai ser o noso particular punto de encontro para lembrar aqueles o que fumos e entender o que somos. Recomendámosche que pinches abaixo no icono de "play" deste vídeo para ir escoitando a Plácido Domingo cunha canción e evoca o tempo fuxido. Se queres compartir aquí algunha foto antiga de Meaño remítenola a poloventanuco@gmail.com

 
********
Os irmáns Carlos e Rosa Telmo, cara a 1969-70
Foto: rede social dos protagonistas



"A Rosalía esquecida":
A poeta meañesa Herminia Fariña en 1926


Interior da igrexa de San Xoán Bautista de Meaño
nos anos 80. No centro, en azul, Amparo Castro 
(Amparo "de García"/In memoriam).
Ao seu carón, meañesas na lembranza



Familia Besada Pérez con seus fillos
en Axís (Simes). Fins anos 60


O meañés José Eladio Silva Prado
(1961), aos seus 27 anos.
Profesión: electricista


TAN PRETO E TAN LONXE: Dena 1994



Fins dos anos 80: Partido entre as comisións
 de festas de San Cristóbal de Dena e Castrelo,
 no campo das Cachizas. Árbitro: Luis Rey Castro.


1978, aprox. Partido de solteiros contra casados
no campo de Boavista de Xil


Comparsa de Lores en Portonovo. A dereita, co
gaiteiro Manuel Fontán Riveiro (Cobas). Anos 60


Montando a Ferretería Joaquín Méndez no centro de Dena,
1965-68 aproxim. 
(Á altura do hoxe "Mitos", Rúa Ponte-Dena)




TAN LONXE E TAN PRETO
O escultor meañés Francisco Pazos
no seu taller de Cobas (1996)


Meañesas nas Cabezas, 1958



Etelvino Naveiro Meis (canteiro),
veciño de Dena. Foto de 1953
aos seus 24 anos, cando
a súa emigración a Brasil


Mª Soledad Camiña (Viliquín)
Foto dos anos 40


Inicios dos anos 70: vista de Meaño desde A Canle


1952: o canteiro de Padrenda,
Manuel Martínez Vázquez,
con 46 anos (emigrante a Brasil)


Familia Domínguez Balboa en Lores, anos 50. 



Inicios anos 70: furgón da orquesta "Los Salneses" (Meaño),
na saída da casa paterna dos irmáns Dovalo na Canle.
Foto/video familiar Rafa Dovalo


O canteiro Amancio Prado Riveiro
 (Xil), cando a súa emigración
a Brasil (1960)



Coro Parroquial San Miguel de Lores,1999



Familia de Lores ao completo, anos 50


1960, meañeses na Festa de Santa Cecilia.


Veciño de Dena emigrado e Brasil en 1961



Documento eclesiástico de inicos
do s. XVII:Simes contaba 40 feligreses,
Meaño 35 e Lores 42
Tal como eramos...!



1966, escola feminina de Doña Pura na parroquia de Meaño


Sr. José Lores (co-fundador de Talleres Loyca).
Ficha expedida cada a súa emigración a Brasil
con data 2 de setembro de 1960.




1 comentario:

  1. A foto que titulas , "Familia de señora Lola a Portuguesa", está equivocada. Son as traballadoras da fábrica de pantalóns(Paxareira), que tiña Andrés Arosa nos Xeixiños, están nas escaleiras da entrada. O erro está en que, efectivamente, unha delas e Ermitas a filla de seña Lola, a actual "portuguesa".

    ResponderEliminar