Meañeses polo mundo (X): nixeria
Ramón Meixús Filgueira / Lagos
O
meañés Ramón Meixús Filgueira viaxou desde Lores a Nixeria na procura de
traballo. Fixoo xunto co seu veciño Manolo Lare. O que en principio ía ser unta
estadía curta para realizar un traballo de canteiría na construcción, foise
dilatando no tempo porque alí xurdíu unha oferta para quedarse. Ramón Meixús leva alá case que cinco anos e recoñece terse xa acostumado, pero como bo galego,
bota de menos a terra e, en particular, o seu Lores natal. Fotos: álbum de Ramón Meixús
"EN
NIXERIA AS DESIGUALDADES SON ENORMES"
Ramón Meixús cun grupo de nnenos en Nixeria |
Como era obra era que tiñades de construir alí?
Era a casa dun magnate do país, un home de raza negra que era un importante empresario
vinculado á construcción, ao petróleo e que ten incluso a exclusividade da DSTV,
que unha das grandes canles de televisión nixeriana. Estaba a edificar unha
mansión de dúas plantas, cunha superficie de 800 m2 por planta… Imaxínate!. Nós
iamos sobre todo para colocar cornisas e piares… algúns de 2,5 toneladas de
peso!. Cando acabamos regresamos a España.
Si,
tempo despois de estar en España chamáronnos de novo porque fora outro container con
chapa de pedra que había que colocar. Foi cando acabamos ese segundo
traballo que o xefe chamounos e prantexounos se queríamos traballar para el.
Supoño que iso non estaban nos plans.
Para
nada. Cando mo prantexou, eu, como bo galego, díxenlle aquelo de
“Depeeendee!...” Todo ía en función a manter as condicións, isto, para nós, era
ter un salario algo superior ao que estabamos cobrando en España, do contrario
non compensaba quedar en Nixeria, ter unha casa na que vivir, un cociñeiro,
e un chófer que nos levara e trouxera de volta do traballo... Porque alí a
conducción é tremenda. Houbo acordo ao momento. Así que quedamos, e levamos aquí xa case que cinco anos.
Onde vivides?
Onde vivides?
Unha panorámica do barrio en que vive |
Lagos é unha cidade segura?
Para
a xente de a pé pódese dicir que si. Alí teñen moito medo a policía… porque
enseguida che zurran. Certo que os magnates, caso do noso xefe, teñen escolta
privada e armada para a súa seguridade.
Ten vida nocturna a zona onde vives?
Sí,
ten un mundo. Pero o problema alí é a electricidade. Non te podes imaxinar ter
unha luz como en España toda a noite, iso é imposible. Nós temos dous xeneradores
enormes na casa para dispor de luz.
Que é o que mais che chamou a atención de Nixeria?
As
enormes desigualdades. Mesmo na carretera tanto ves auténticos cacharros como Ferraris,
Jaguars, e nos portos espléndidos iates.
¿Cómo levas comida nixeriana?
A nosa
dieta aquí é a base de arrós e polo, que en Nixeria se come moito. Polo demáis
a comida nixeriana a min non me gusta: aquí todo é a base de sémolas, fariñas,
pescado afumado…
Pero algún plato nixeriano tería comido neste tempo, non?
Claro
que sí. Por exemplo, o “sharwarma”, que é un prato tipo taco mexicano. É como
unha filloa, ben empaquetada, que no medio leva carne picada en unha chea de
ingredientes… Sabe ben, gustoume, pero no podo abusar porque leva picante, alí
moitas comidas se condimentan sempre con picante e iso nunca lle sentou ben ao
meu corpo.
Sí,
é a sorte que temos. Certo que esos productos son moi caros. Para facerte unha
idea, ao cambio, aínda que varía, 1 euro veñen a ser 420 nairas, que é a moeda
nixeriana. Pois ben, un mazá pode custar 100 nairas, pero un só limón pequeno…
500 nairas! E un bol de patacas que trae 7 ou 8… custa 1.000 nairas!
A como está prezo da gasolina e do gasoil en Nixeria?
Eso
é barato, aquí un litro de gasolina custa a 150 nairas, esto é, apenas 36 céntimos
de euro, e un litro de gasóleo, 47 céntimos.
Que característica che chamou a atención dos nixerianos?
Que
son moi relixiosos. Aquí hai musulmáns e cristiáns, pero respétanse e conviven
entre eles sen ningún problema, incluso casan entre sí, e na obra os obreiros
musulmáns e cristiáns durmen mezclados
Durmen na obra?
En plena faena nas tarefas de construcción en Nixeria |
En que matas o tempo
libre aí?
En ver a televisión, poñerme un pouco con isto de internet para estar en contacto
cos meus aí en Lores, e en xogar algún partidos de fútbol, sobre todo cun grupo
de italianos que hai por aquí.
Séguese o fútbol
español en Nixeria?
Sí,
vese a liga española. O Barcelona é o equipo con máis seguidores
E desde aí, botas de
menos Lores e Meaño?
Claro
que sí, un bota de menos á familia, a comida… dou fe que a morriña existe, pero
non só é cousa de galegos.
E algún sitio da zona
de aquí en especial bota un de menos?
Un
paseo pola ruta de muiños de Lores nun día de sol.
Prantéxaste un prazo para voltar?
De momento non.
Prantéxaste un prazo para voltar?
De momento non.
Para rematar: se alguén que esté lendo esto se
lle pasa pola testa irse a buscar traballo para Nixeria… que lle dirías?
Vir
un só para acá na procura de traballo é prácticamente imposible. Tes que ter un
mediador, é dicir alguén que che faga unha oferta de traballo, como nos pasou a nós. A min
neste momento non me pediron operarios, pero se me pediran xente aquí claro
que podería botarlle unha man a quen estivera interesado. Pero para iso ten que
haber primeiro unha petición real desde Nixeria.
GALERÍA DE FOTOS, álbum de Ramón Meixús en Nixeria
GALERÍA DE FOTOS, álbum de Ramón Meixús en Nixeria
Una imaxe dun iate de luxo en Nixeria, exemplo das desigualdades das que fala o noso protagonista |
No hay comentarios:
Publicar un comentario