Achique versus envite
O
enganche do polígono industrial de Nantes a EDAR de Dena, anunciado e, na
práctica consumado, está poñendo en evidencia a falta de capacidade dos
alcaldes de Sanxenxo e Meaño para o diálogo. Sobre a mesa, unha decisión que
aparca o risco dun impacto ambiental máis sobre medio natural. Dous concellos
xogando á curta sen medir consecuencias globais, dous rexidores sen vocación de
servicio público ao colectivo social.
Sen
atar estos tres cabos, todo queda na política. Telmo Martín, ao estar en ano
pre-electoral, priorizou obxectivos económicos de Sanxenxo a toda costa.
Tratábase de superar o último escollo, o das residuais, para poñer en marcha o
polígono industrial de Nantes. Isto supuxo, primeiro, declarar a nulidade do
convenio Sanxenxo-Meaño, -suscrito fai dous anos e polo que pagaron a frioleira 8.000 euros ao
bufete Garrigues por un documento que custaría 300 en calquera outro de menos nome-.
E, segundo, facer tornar aquel informe de Augas de Galicia, emitido en febreiro
de 2017 como negativo, por outro positivo, fallado por este mesmo organismo en setembro
de 2018. Incongruente e sen argumentos de peso para ese cambio de parecer, sen
ninguna obra por medio.
Mentras, desde Meaño, achique ante envite, e desterro ao limbo. A alcaldesa Lourdes Ucha careceu de previsión, refrexos e iniciativa en todo este proceso, quedando sempre a expensas de cada movemento de Sanxenxo. Agora, de momento, Meaño permañece sen acertar -ou atreverse- cos pasos políticos e legais a tomar ante a decisión de Sanxenxo. E o primeiro, por parte de ambos alcaldes, a súa nula capacidade para falarse. Cuestión de política ou de egos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario