*** Opinión
“Sexa o que sexa, opóñome!” (Groucho Marx)
“Sexa o que sexa, opóñome!” (Groucho Marx)

Os “principios”, ese vocablo que se
enarbola ás primeiras de cambio -algúns máis na política que na vida- que,
manido, perde sentido cando se emprega en exceso. O primeiro principio, do xogo
político nunha democracia real é, chegado o caso, asumir a responsabilidade á
que cada un concorre. Do contrario, mellor non facelo, porque contradice o
compromiso que cada candidato adquire de partida en campaña. Isto é o principio
(léase inicio), o resto do argumento que poida alegarse, é literario.
Á hora de postularse -ou renunciar-, de
negociar unha alcaldía, un proxecto, unha obra… o que toca é antepoñer o
interese colectivo dos veciños, ao individual do político, ao partidista do
partido. Porque o bo político, como servidor público, debe velar polo interese
colectivo, aínda a costa do seu propio. Do contrario, non exerce como tal. Para
negociar de xeito constructivo, pensando nos veciños, toca tirar do programa,
que cada un entende o seu como mellor. Pero é difícil, tal e como defendiamos
aquí fai uns días, esos programas non existían, en casos non pasaban de misiva
aos Magos.
En fin, a decisión do can do hortelano “que
nin come nin deixa comer” que se lle atribúe ao PSOE meañés, pode entenderse,
segundo se vexa, de “principios” ou “finais”. O tempo dará e quitará razóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario