13-S/Correr Meaño
Sandra Caneda CORREU POR MEAÑO... entrando en meta (km. 6,3) Gracias, Sandra! |
Esta iniciativa permañece activa para ti ata o 16 de setembro, para poder cada quen "matar o bichoco" de correr, camiñar ou, sinxelamente, dar pasos por Meaño. Só ti, coa túa participación, farás posible experimentalo e visualizalo. O noso agradecemento a tod@s aqueles que o estades facendo (e algúns repetindo... que podedes voltar a facelo!! 😉😉😉) e que nos mandáchedes fotos correndo polos míticos circuítos. Son xestos que emocionan aos que levamos tantos anos enrolados neste evento, traballando de arreo para querer mostrar ao exterior a imaxe de Meaño, contribuir a situarnos no mapa e consolidarse como un modelo de organización.
Damián Andrade CORREU POR MEAÑO (Pereiras, km. 4,9). Gracias, Damián! |
Mesmo o ano pasado chegaron a Meaño 584 atletas desde 65 municipios diferentes das catro provincias galegas, máis Portugal... Moitos desos 584 teclearon no navegador "Meaño" para chegar ao verdadeiro Corazón do Salnés e situarnos así no seu mapa. É un compromiso dunha asociación a cambio de disfrutar e facer disfrutar de Meaño aos que nos visitan.
Jesús González CORREU POR MEAÑO (Pereiras, km. 4,9). Gracias José Antonio! |
Mañan domingo, 13 de setembro ás 11 horas debía tomar a saída a 36 edición dunha Carreira que non pode partir. Esa edición que moitos tendes emplazada por unha camiseta técnica azul oscura, que foi o agasallo que se entregaba en 2019 en meta. Una camisola que sempre anuncia por tradición a carreira do ano seguinte. Sabes de onde procede esta idea? Da maratón de Nova York. A idea suxeríunola o marinense Manuel Rosales, campión de veteranos de tantas citas internacionais: campión do mundo, de Europa, da maratón de Nova York na sua categoría... E a quen Meaño estivo sempre unido. Existe un vínculo afectivo que permañece entre tantos atletas e nós, é algo que non se ve, pero que se sente: ese é mellor agasallo de tod@s vós.
Jose Luis Padín CORREU POR MEAÑO aos 69 anos. Entrado en meta. Gracias. José Luis! |
Lembra, se participas en CORRER POR MEAÑO terás acceso a participar no sorteo dos seguintes premios:
- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada a adega para dúas persoas
(maiores de idade)
- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas
(maiores de idade)
- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s (e menores de idade)
Pepe Martínez CORREU POR MEAÑO. Na praza da Feira tras entrar en meta e co tempo rexistrado. Gracias, Pepe! |
Queres participar neste sorteo? Non tes nada máis que correr ou camiñar o teu circuíto, e mandarnos a foto cos teus datos ao correo-e asociaciongam@gmail.com Participar no sorteo con estas bases, implica autorizar a Asociación G.A.M. poder publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas nosas redes sociais vinculadas á CORRER POR MEAÑO.
Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta é una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".
Corremos con corazón... E voltarémolo a facer este ano! |
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros. (nados a antes de 2006)
Claudio Vera CORREU POR MEAÑO Ao carón do concello. Gracias, Claudio! |
Jesús Pérez CORREU POR MEAÑO Ao carón do concello. Gracias, Jesús! |
CIRCUITO MEDIANO: 1.600 metros (nados entre 2007 e 2012)
Maxi Oubiña CORREU POR MEAÑO. Chegando á Canle. Gracias, Maxi! |
Daniel García CORREU POR MEAÑO Na Praza da Feira tras meta. Gracias, Daniel! |
CIRCUITO CURTO: 1.070 metros (nados entre 2013 e 2015)
Laura Ortigueira CORREU POR MEAÑO. Baixando dos Agros á Canle (curcuíto curto). Gracias, Laura! |
Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta é una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".
Ramón Oubiña CORREU POR MEAÑO (saída). Gracias, Ramón! |
Alberto Agís x 4 (😊) ... CORREU POR MEAÑO. Na Praza da Feira. Gracias Alberto! |
Andrés Sueiro e Alberto García CORRERON POR MEAÑO. Na Praza da Feira, co escenario ao fondo. Gracias Andrés e Alberto! PARA LEMBRAR... |
Presentación da Carreira Popular de Meaño 2007 na Quinta de San Amaro. De esquerda a dereita: Julio Oubiña, Martín Rodríguez, Jorge Domínguez, Marcos Castro |
Primeiro paso por Meaño en 2010 |
Miriam Portela, 1ª clasificada de Meaño recibe o premio de Nacho Crespo (Quinta de San Amaro) en 2017 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario