Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
sábado, 3 de septiembre de 2022
*** Opinión
"GORBI"
Mijail
Gorbachov marcoua toda unha xeneración para
os que eramos universitarios inquedos, cando a glasnost e perestroika chegaban
como unha bocanada de aire fresco desde o outro lado de pano de aceiro.
Arribaba despois dun réxime totalitario co seu holocausto no que se convertira a
URSS, tras unha esperanzadora revolución que se esnafrou na primeira curva. Gorbachov
(o home da mancha na cabeza ou "Gorbi" entre os novos) será lembrado como o líder político máis
importante -para ben- do século XX. Coa súa obra legounos 30 anos de paz como
nunca antes se tiña visto na recente historia de Europa. Da súa man vimos o
aperturismo soviético, a fin real da Guerra Fría, con escenas emotivas de
acordos polo desarme con Ronald Reagan e George Busch (pai), como nunca antes
se viran entre os dous bloques. Antes, o modelo soviético voltara a línea dura
(Brézhnev) tralo tibio reformismo de Kruschov, abocado así a ficar anquilosado.
Cun atraso latente, Gorbachov aviuse a unha perestroika que estaba fecundada
pola nova xeración.
O intento
de golpe de estado de 1991 foi un zarpazo das forzas reaccionarias para unha marcha atrás que non se accionou. Como efecto colateral, abriuse un boquete para acelerar un
proceso reformista no que se correu en exceso. E nesa aceleración pescaron económicamente
os avispados á par que os camaleónicos grupos reaccionarios que se acomodaban
raudos á nova traxe para copar as esferas de poder. O resultado é unha Rusia, reconvertida
hoxe nun neo-totalitarismo maquillado por demócratas, un modelo tan hermético
como agresivo cuxo “modus operandi” ameaza con expandirse (Trump, e outros lares por aquí entre nós). O
menosprezo a Gorbachov polas altas esperas rusas non fai senón agrandar a súa
lenda, ao ser soterrado como naceu -e viviu-, humilde, prendado sempre
do amor con Raísa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario