Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
sábado, 24 de diciembre de 2022
Nestas datas tan de tod@s, desde este particular Ventanuco ao que
asomamos ti e máis eu, os nosos mellores desexos de que vida sexa grata contigo, que os tragos
amargos resulten tan liviáns como pasaxeiros. E se, por calquera circunstancia,
estas datas te collen baixo, trataremos seguir para insuflarche forzas, e servirche desde aquí un intre para evadirte, co pretexto de pasear mentalmente polo Meaño
que amamos.
Un Nadal no que, desde esta páxina, lembramos contigo aos que non están
físicamente entre nós, aos que se foron neste ano, e aos que perdemos fai tanto,
pero que seguen vivos na nosa mente. A ti, amigo lector, esteas onde esteas,
aquí ou allende do mar, que nos alentas a seguir, como desde
2013 en que alumamos cun candil este pequeno Ventanuco, sumando contigo máis de 264.300 visitas, 424 entradas neste blogue, sen máis pretensión que
chegar a ti. Lector, gracias por estar, por lernos e os nosos mellores desexos de que
poidas ser humildemente feliz no corazón. E tamén para aqueles que nos denostan, que nos converten
en chivos expiatorios, a causa de mantenos como almas libres, de querer fuxir da hipocresía cada fin de semana, mesmo tamén nestas datas: sorrí co corazón, que
mañán é Nadal. O luns poderás recaer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario