Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
domingo, 29 de enero de 2023
*** Opinión
Pisando charcos A infantilización consume a
corporación meañesa, onde a posverdade e partidocracia aprópiase da esencia da administración local. Evidenciouse no pleno deste pasado
venres (por día 27 de xaneiro), abordando a situación do comedor escolar CEIP
de Coirón, pero non debatindo sobre o qué, senón sobre o cómo. Foi
máis de hora e media mareando a perdiz, convertindo a sesión nunha xuntanza “ad
libitum”, pisando charcos ata derivar nun debate bizantino que
estaba abocado a rematar por inanición.
O primeiro paso do rexidor
foi saltarse a orde do día, para non abordar a moción -que el mesmo aceptara a
trámite-, e que presentaba un dos grupos da oposición. Este asunto veu mal
parido desde o arranque en setembro: Carlos Viéitez levara a pleno por
vía de urxencia solicitar á Xunta que ésta asumira o comedor de Coirón. Fíxoo sen
ter testado antes a posición das familias. E, pola súa banda, os grupos da oposición
votaran a favor sen valorar aquel día o carecer de información pola premura, e
sen medir as consecuencias -catering e recorte de horario post-comedor- que podían
derivarse. (Na foto, o presidente de ANPA Óscar Muñiz, intervindo no pleno)
Logo do acordado, o goberno local non trasladou información algunha á outra
parte afectada (familias). E, a maiores, a Concellería de Educación (ou
representante) non acudiu esta semana ao Consello Escolar, convocado para abordar
a situación do comedor, nen tampouco asistiu á asemblea da ANPA convocada a efecto,
e para a que cursaran aviso ás partes.
Así as cousas, todo quedou abocado a un
pleno -cheo de xente coa asistencia das familias-, onde a estratexia era bloquear unha moción que dous grupos (goberno de Carlos
Viéitez e PSOE) non querían tratar, apelando a unha xuntaza posterior, onde, previsiblemente,
acordarían o mesmo. Certo que, de obrar así, obrigaríase a un segundo pleno,
por canto só é este (que non outra instancia), o que pode revocar un acordo
plenario anterior. Nesta sesión só cabía retirar a moción ou, de aceptar a urxencia, votarse,
nen máis nen menos. O resto, foi meterse nun xardín e marear a perdiz, mesmo con
argumentos que acabaton por tornarse infantiloides (que se quitas iso, que se pos isto, que se as familias
estaban politizadas, que se se venden e se mercan votos, que se si, que se non,
pero, se non? pero… E se si?...) Ao final, á hora de votar, o dos nenos: ti con que vas neste partido? Quen vai gañar?...
Pois eu, con eles. E así, os tres favor. Ai! Carretero: para ese viaje, no hacían falta esas alforjas”.
P.D.: Cando se recupere a videoacta
na plataforma, serviremos o enlace desde aquí: ver e escoitar para crer, para
saber da posición e dos argumentos de cada quen e que poidas tirar e conclusións sen prexuízos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario