Respira Meaño. Nesta campaña 2025-26 cumprimos 12 anos no aire grazas a teu pulo. Desde aquí, seguiremos abrindo este particular Ventanuco de libertade cada fin de semana. Somos un espazo a compartir e unha canle para chegar a ti (ou viceversa), no Meaño que nos une. Unha historia por descubrir, empatizar e convivir, mesmo tamén con nós mesmos. Nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
sábado, 29 de julio de 2023
LECTURA DE VERÁN (III)
Nesta
ocasión convidámoste a achegarte pola Biblioteca Municipal de Meaño, que abre
as portas en horario de verán, só de mañán, de 10 a 13 horas. Unha ocasión para entrar, facerte soci@ de xeito gratuito e disfrutar da lectura. Amén da
sección infantil, a de adultos céntrase exclusivamente en novela. Mágoa que
esta biblioteca non conte con sección de “non ficción”, para poder variar o tipo de libro a elixir ler algo diferente de cando en vez. Mágoa tamén que, en
esencia, é a mesma biblioteca de fai 30 anos. Iso si, adscrita a Rede de Bibliotecas
da Xunta, formalizando alí o teu o carnet, podes acceder na modalidade de préstamo
a calquera biblioteca pública dependente Xunta de Galicia.
Deixámosche
a continuación unha táboa de cualificación (consensuada) de novelas lidas, e compartida por nós como lectores. Todas estas podes atopalas na Biblioteca de Meaño. Valoradas de 0 a 10 puntos (sendo 10 a
puntuación máis alta) valóranse 27 novelas. Certo que os gustos dos lectores
sempre son persoais e absolutamente respectables. Pero, por se pode axudarche á hora de decidir
que novela pillar na Biblioteca de Meaño, aquí vai a nosa valoración. 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario