Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando", "No retrovisor" (fotos antigas) e "Sete metros" (durante e liga de balonmán). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
domingo, 11 de mayo de 2025
Opinión***
XOGO
DE TRILEIROS
Trala COVID, politicamente, síntome
orfo (sería un efecto secundario da vacina?). Non sei se este goberno e
parlamento infatilizados é refrexo duha sociedade tamén infantilizada ou
viceversa. A falta dunha explicación real e creíble sobre a causa do apagón
eléctrico do pasado 28 de abril, acaba por abatirnos. Por senso común, cambiaba de canle cada vez que aparecía un argumento (ou reproche) político (carecía de interese), e procuraba explicacións de técnicos. A inexistencia dunha explicación veraz por parte da presidencia, de
por si, apunta a un goberno que non atina co xogo de trileiros que se axuste
aos intereses partidistas para explicar o acaecido. Menos mal que ao affaire do
Papa veu ao rescate: acaparou portadas e tertulias por doquier. Así chegará o
esquecemento. Sen unha soa responsabilidade política no asunto do apagón. Ao
tempo. Un último xogo de trileiros,
travestido de interese xeral, é a consulta cidadá sobre OPA do BBVA ao Banco
Sabadell. Acaso consultou á cidadanía cando a OPA de Santander ao Popular en
2019? Como un goberno consulta á cidadanía sobre algo que de por si non
coñece, nen moito menos domina? Son un analfabeto bancario.
O resultado desa consulta tratará
de servir como escapatoria ao goberno nunha decisión que se axuste aos
intereses de partido (e Junts), pretextando unha presunta “vontade xeral”. Se é competencia do goberno decidir, que decida por canto é quen máis (e mellor) coñece o asunto. Se
ocurre ao contrario nesa consulta, retorceranse as verbas do argumento ata que rime ben o
discurso, ou os números da consulta ata encaixalo. Soará ben e o números darán, si ou si. A credibilidade do goberno pica para abaixo. E a estos dous xogos de trileiros engádese aquel dos días de
reflexión tomados polo presidente para madurar a dimisión. Quen más e quen
menos intuía que non ía acaecer: se neste país non se dimite desde 1981 (fai 44 anos, cando a dimisión de Adolfo Suárez). En España, a ética persigue ao político, pero este corre máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario