Páxina principal

domingo, 30 de junio de 2024

 

Organizado pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M., o foro de debate-coloquio “A Cova do Trasno” desprazábase a Padrenda para completar a triloxía de personaxes meañeses esquecidos, orgullos -os tres- de ter sido aldeáns, e dignos de ser restatados para a memoria colectiva. Primeiro, este curso, en Lores, co político José Calviño -deputado en Madrid e cargo da II República no goberno de España cando a Fronte Popular-; logo, en Simes, coa súa poetisa Herminia Fariña, e na noite do sábado, nesta ocasión viaxando a Padrenda co último xograr do Salnés.

 

PADRENDA CANTA “O XAN PIRULÉ”

Medio centenar de persoas -fisicamente non cabían máis cadeiras- completaron o aforo da sá de actos da Casa Parroquial de Padrenda, onde bosquexaron, rescataron e cantaron xuntos a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”, considerado dos últimos xograres galegos do seu xénero.
Nacido en 1853, e quedando cego de mozo por mor dunha doenza, Eugenio Padín abriuse mundo coa música ata converterse nun dos personaxes máis requirido alí onde ía. E non só polo público e os podentes turistas que se hospedaban na Toxa, senón pola alta alcurnia burguesa, mesmo sendo un fixo nas festas privadas do marqués de Riestra, alí onde llo demandaba. 


Rosana Domínguez e Pablo Dovalo cantan o Xan Pirulé

“Respectado polos vellos e agarimado polas mozas de cen comarcas”, escribía del en 1925 o xornalista cuntense Roberto Blanco Torres (Letras Galegas, 1999), que o descrebía como “laberco, marrulleiro e humorista, fidaldo namoriscado, que cando rasca o violín e ule que ten preto boas mozas, fai sorrisas de ceo”. Mesmo tamén legou a súa figura o destro pincel de Castelao, que o pintou o cego Padín en 1910 tocando o acordeón no hotel Calixto en Cambados. Romarías, festas, tabernas, convites privados… o cego cantou por doquier reunido un pingüe capital nas faltriqueira que invertíu mercando moitas leiras na súa Padrenda.
Finado ao 86 anos o 17 de maio de 1939, nun día de choiva, foi soterrado ao pe dunha oliveira no cemiterio vello do atrio. No funeral, a poetisa Herminia Fariña, que a cabo escribiu en verso: 
¡Adiós, ciego de Padrenda, / júbilo de romerías / viejo acordeón de Lores / de Gil, Combarro y Adina!.../ ¡Como solloza el paisaje / dándote la despedida! / Ciego de Padrenda, ¡adiós! / ¡Que tengas luz allá arriba!.


O público encheu a Casa Parroquial de Padrenda

 

“O Xan Pirulé”
Considerado unha separata do “Romance das Tres Comadres” e popularizado por moitas partes de España, o “Xan Pirulé” foi o auténtico hit do Cego Padín durante súa vida. Relata a historia dun merenda pantagruélica de tres mulleres que, reunidas polo San Andrés no souto de Alberte do Xan Pirulé, foron sorprendidas polo marido dunha delas (Inés), que a emprendeu a paus coas tres. Nalguhas versión agrégase que, “ao cabo de nove meses / pariron todas as tres”. Un peza, cuxa temática, hoxe levantaría unha ondada de rexeitamento, con violencia de xénero e unha ¿orxía? de por medio. A saber.
De mans deste foro, a recurrindo ao arquivo de Castro Sampedro, achouse a partitura que, por primeira vez, voltouse a cantar o sábado en Padrenda. Unha canción, da que os vellos dan fe, pero que, ao perderse, ninguén sabía cantar. A súa posta en escena foi posible grazas á voz da soprano meañesa Rosana Domínguez, que formando dúo con Pablo Dovalo no aordeón, entonaron por primeira vez o “Xan Pirulé”. E logo, o reto: despois de varios bises, e coa letra en pantalla, os presentes soltáronse a cantar xuntos: “Elas eran tres comadres / e dun barrio todas tres/Sargento Mighes, pirixel,/con dominus/cos con trisquilistrás/con domino olé, olé/pola túa fe,/no souto d’Alberte do Xan Pirulé,/ …E dun barrio todas tres".


Fake news 
Neste foro, e de mans da investigadora local no cego Padín, Mª Eugenia García Castro demostrouse do grave erro cometido en 2013, cando con motivo da homenaxe que concello e Deputación de Pontevedra dispensaban ao cego de Padrenda, descubríase un relevo de Lucas Míguez, que desde entonces preside a fachada da Casa Parroquial. Unha imaxe que, daquela, se vendeu como do cego Padín, tocando unha zanfona, acompañado por un lazarillo á pandeireta, e que non responde ao real. “A imaxe que temos aí fora -explicaba Mª Eugenia García- amosa a figura do cego Manuel Montero Xormian, natural de Graba (Silleda), fotografiado por Zagala, e non o é a figura do noso cego de Padrenda que, ademáis, non tocaba a zanfona”.


Inauguración do falso Eugenio Padín en 2013 

Amparada na documentación que traía con ela, recabada no Museo de Pontevedra e na Real Academia de San Fernando, desfacía este e outro afamado entorto: “a imaxe que se popularizou como do cego de Padrenda -explicaba-, que así se amosa un libro editado pola Deputación de Pontevedra en 2013 -escrito polo meañés Manuel Paz-, quen aparece en portada e interior, tampouco é Eugenio Padín, por un erro de catalogación no Museo, logo transmitido como tal ao Consello de Cultura Galega: esa foto de Joaquín Pintos, responde a Anselmo Antonio “Peretes”, un dos últimos zanfonistas galegos, e que nada ten que ver co noso cego Padín” (na foto anexa, portada do libro con Anselmo Atonio "Peretes", que non Eugenio Padín)

O foro rematou, fora de programa, cun bis musical a cargo do gaiteiro local Edmundo Sineiro, que xunto co tamboril Antonio Rial (“Con de Xido”) interpretaron a “Folidada de Padrenda”, unha peza de cabeceira do preciado gaiteiro Pallamallada (de nome real José Carballa Pesqueira, natural de Leiro, concello de Ribadumia) e que, “desde hoxe -espetaba Edmundo- será a foliada da nosa Padrenda” ante os aplausos do público. Historia e música aunáronse así para un convivio emocional que encandiou a un público agradecido polo alí compartido.


Edmundo Sineiro e Antonio Rial tocando a "Foliada de Padrenda"


Pablo Dovalo e Rosana Domínguez noutra das cantigas



O público, agradecido ao final


domingo, 23 de junio de 2024

 

O almacén municipal de Meaño, sito ao carón do pavillón de deportes de As Covas, amosa xa novos vestiarios. Que ninguén se engane e saque peito: estos vestiarios son forito dunha longa demanda dos traballadores para deixar atrás uns vestiarios inmundos, propios doutras latitudes, ao que acabou obrigando Inspección Laboral ao alcalde Carlos Viéitez, e selar o vello “cuchitril”. Non quedou outra. Pese a quen pese, este é un Ventanuco de librertade, e así chegarmos a ti. As fotos que compartimos falan soas. Por esta razón publicamos aquí integramente a nota de prensa remitida aos medios (a a este Ventanuco tamén), por Anxo Telmo Rincón, delegado do persoal funcionario do Concello de Meaño, que liderou con enteireza esta loita feita por dignidade. Desde aquí, no noso recoñecemento por ser valente, non pregarse ao abuso e loitar por unha razón digna. Nos, desde aquí, tratamos de imitalo e seguir o exemplo.
 


LOITA LABORAL POLA DIGNIDADE

 

“Dende finais do mes de maio, os traballadores do Concello de Meaño xa podemos facer uso dos vestiarios construídos no almacén municipal de obras e servizos. Tiveron que pasar mais de catro anos desde que se lle pedira amigablemente ao alcalde a construción deste servizo, e mais de dous (outubro de 2021), dende que se presentara por rexistro a primeira de moitas solicitudes, ante as evasivas do alcalde. Finalmente houbo que presentar unha denuncia ante a inspección de traballo, en xaneiro de 2023 que lle obrigou á alcaldía cumprir coas Normas de seguridade e hixiene no traballo.


Novos vestiarios municipais (foto cedida)

O pasado xoves día 30 de maio, logo dunha semana utilizando as instalacións dos vestiarios, e ante a inexistencia dunha inauguración institucional, decidiuse, por parte de esta representación, facer un acto fora de horario laboral con tódolos compañeiros que quixesen asistir, para que coñecesen as instalacións e para insistirlle, a aqueles que a necesitasen, que están ao dispor de tódalas persoas traballadoras do concello de Meaño. Nesa mesma xuntanza, houbo uns petiscos para celebralo e tamén se descubriu unha placa na que rezaba: “Un dereito non é algo que alguén nos dá, é algo que ninguén nos pode quitar. Gracias á representación sindical e á inspección do traballo por facer cumprir este dereito”. Esta placa foi posta con intención de deixar claro que hai unhas obrigas e uns dereitos que uns e outros, debemos respectar, e que no caso de que non sexa así, hai mecanismos para garantir tales dereitos. Isto é básico nun estado de dereito. Pois ben, non sabemos a quen, pero non debeu gustar a colocación desta placa, porque hoxe venres 7 de xuño de 2024, alguén que aínda vive na idade media, arrancou a placa, supoñemos porque non está de acordo con que se garantan eses dereitos.


Novo cuarto con lavadora e secadora

Os vestiarios, como se pode apreciar nas imaxes que acompañan esta nota, son completos, funcionais e ademais esteticamente agradables, é dicir, acordes aos tempos. Parece que ao sr alcalde, lle resultan demasiado luxosos, e queixase de que é un exceso de cartos semellante investimento (
146.820,40 euros). Non vimos daquela, por parte do alcalde, ningún comentario dicindo que os vestiarios existentes eran infrahumanos, ou indignos dos tempos nos que vivíamos, cando non había nin ducha, nin división entre homes e mulleres, entre outras... El compara os vestiarios cos do Real Madrid, pero en vez de facelo de xeito orgulloso, non, el fai esa cita de feito despectivo, como se os traballadores do concello que el preside non fosen merecedores duns vestiarios en condicións.


Antiguo vestiario inmundo, que o goberno local negábase a remodelar

Tamén cabe indicar, que o día que deu orde de trasladarnos aos novos vestiarios, se lle preguntou como se ía proceder coa limpeza, ao que respondeu que “había que organizar, pero unha vez por semana como mínimo”. Cabe resaltar pola nosa parte, que unha vez por semana non é suficiente, como así se pode verificar, e peor aínda, que non se limpe en toda a semana, como pasou nestes días. Polo tanto, queremos advertir, que estes vestiarios estragaranse tarde ou cedo senón se procede cunha limpeza periódica razoable acorde ao uso que se lle dá. E dificilmente se pode atender á limpeza dos edificios municipais, que cada vez son mais, senón lle aumentan as horas ao persoal de limpeza. (Abaixo, foto dos antiguos vestiarios)


Tamén queremos seguir informando que novamente, o sr alcalde, motivado neste caso pola celebración dese acto, segue pegando gritos e golpes coas portas nas dependencias municipais, tal cal macho dominante, supoñemos que pretendendo que os traballadores sexamos individuos submisos e que non lle reclamemos os nosos dereitos ou non lle critiquemos cando non cumpre cos mesmos. Equivócase, porque somos seres humanos que vivimos no ano 2024, e imos seguir reclamándolle que se comporte como unha persoa de este século e que respecte ás persoas traballadoras e ao dereito a ter unhas condicións dignas e a nos ser acosadas nin maltratadas. Xa se lle fixeron chegar varias solicitudes para que reconsiderara o seu trato, xa foi tamén tratado en Pleno do 11 de abril. Imos ter que denunciar como foi necesario no caso dos vestiarios?”

Anxo Telmo Rincón, delegado do persoal funcionario do Concello de Meaño

.

Praca colocada polos traballadores nos novos vestiarios, en lembranza a loita. Abaixo, o lugar da parede agora, unha vez alcalde mandou retirar a praca

  




sábado, 15 de junio de 2024

Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. 

“A COVA DO TRASNO” RESCATA AO CEGO DE PADRENDA CO SEU “XAN PIRULÉ”


Volta A COVA DO TRASNO, un foro-coloquio de ámbito cultural que completará a terna de tres encontros por curso, que así o concibe a asociación G.A.M. Nesta ocasión viaxaremos á parroquia de Padrenda para poñer en valor alí a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”. Será o vindeiro sábado día 22 na Casa de Cultural de Padrenda ás 22 horas, e con entrada libre. Contempla unha charla-coloquio sobre este personaxe, para descubrilo ás novas xeracións, ou para contar cos maiores de Padrenda para que aporten as lembrazas legadas polo antergos sobre o cego Padín.

Charla, coloquio e, como e norma neste foro por parte de organización, música en directo de mans do acordeonista Pablo Dovalo e da soprano meañesa Rosana Domínguez, que é natural e veciña de Padrenda.
 


O “hit” e as razóns
Rosana Domínguez e Pablo Dovalo interpretarán en directo “O Xan Pirulé”, que fora o hit musical do cego Padín alí onde ía, acompañados polo acordeón que era o instrumento de cabeceira do cego. Pero non só poderá escoitalo, senón que o público, guiados por estos intérpretes, terán despois a ocasión de poder aprender a cantar “O Xan Pirulé”, y interpretalo xuntos ao remate na honra do “Cego de Padrenda”. Unha experiencia única e irrepetible, da que nunca poideches disfrutar. Un canto do que os maiores de Meaño e bisbarra oiron falar, que que nunca souberon cantar. Esteas onde esteas, léanos de ondo nos leas, a túa ocasión está en Padrenda o vindeiro sábado. No o perdas. E máis, para rematar, e no peto unha última sorpresa do que as xentes de Padrenda van disfutar.

O que move a esta “Cova do Trasno” da asociación G.A.M. é precisamente contribuir a divulgar a nosa cultura de aldea. Facelo con honra, sen complexos, nen tapuxos nen medos. Facémolo coa única de pretensión de que a nosa historia permañeza por enriba do material. Sentimento puro. Non máis.

Os personaxes esquecidos
Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla, Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse a Francia.

Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”. Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.


O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao

domingo, 9 de junio de 2024

 SÓ LÁGRIMAS…

 

Abrimos este particular Ventanuco cunha entrada musical. Facémolo co “Sólo lágrimas” da poeta meañesa Herminia Fariña, e que musicou o tamén meañés Rafa Dovalo,
“Te di mi cantares / las más tiernas fragancias / el sueño de mis noches / mis azules miradas / ¿Y que me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Ofrécese en versión instrumental, de mans de Vanessa Dopazo (frauta), Brenda Rodiño (violonchelo) y Lorenzo Barbeito (guitarra), actuando en vivo no marco de “A Cova do Trasno”, foro de debate que organiza a Asociación G.A.M. en pro da cultura meañesa. “Te di mis pensamientos / la bondad de mi alma / el dulzor de mis besos / el por qué de mis ansias / ¿Y qué me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Foi o pasado 10 de maio en Simes e compatímolo hoxe contigo, anunciando xa unha terceira e última entrega da tempada, que se está cociñando para para prsentala ao público neste mes de xuño. Foron (e son) os elexidos unha terna de personaxes de renome e esquecidos: o político José Calviño, a poeta Heminia Fariña… E quen será o terceiro? Anunciarase en días, e cun "hit" en bandoleira". Permañece atento.




domingo, 2 de junio de 2024

 

Era a finales de los 90, en el mes de enero de uno de esos años nuevos, cuando en una de entrevista de sábado con el alcalde Jorge Domínguez en su despacho del ayuntamiento, literalmente éste reconocía en su respuesta: “no, no voy a ir a Fitur con el viaje de la Mancomunidad, porque tenemos pleno (en Meaño), y lo primero es que nada del exterior altere el funcionamiento interno ayuntamiento”. Una sesión, aquélla, que debía corresponder al ordinario de enero y que debía celebrarse el último lunes de mes, y que sí tuvo lugar en día y hora. Son formas y formas de quien está al frente de un ayuntamiento. 

MEAÑO, SIN PLENO ORDINARIO DESDE HACE SEIS MESES 

El alcalde Carlos Viéitez no ha convocado el pleno ordinario correspondiente al mes de mayo, que debía haberse celebrado el pasado jueves 30, y lo reconvierte en extraordinario para celebrarse este próximo miércoles día 5 a las 20 horas. La oposición lamenta no haber sido informada en su día del aplazamiento, y sólo el viernes 31 se conocía la convocaba del extraordinario. Se lo temían, y estallan así por una práctica abusiva que, entienden, no hace sino dificultar la fiscalización de la oposición y medrar la opacidad creciente del gobierno local amparado en su mayoría absoluta. 


Una imagen del último pleno ordinario, aún con Teresa Escudero como secretaria

Saltándose el acuerdo plenario
Cabe recordar que en el pleno de organización, celebrado tras las elecciones de 2023 con fecha 6 de julio, se establecía, a propuesta del regidor y por acuerdo plenario -así se recoge en acta-, que “las sesiones ordinarias del pleno de la corporación se celebrarán cada dos meses, el último jueves de los meses impares” y que, en el horario de verano que rige por estas fechas, se celebrará  “a las 21 horas en primera convocatoria y a las 21,30 en segunda”.
No obstante, Meaño no convocó -ni celebró- pleno ordinario alguno, que debían haber sido los correspondientes a los meses de enero, marzo y ahora mayo. En todo este tiempo, tan sólo una vez, por concesión del regidor, se permitió en el pleno extraordinario celebrado el 11 de abril, el capítulo de ruegos y preguntas, si bien no aceptó la presentación de una moción de urgencia que pretendía el BNG, al tratarse de un pleno extraordinario. Un capítulo de ruegos y preguntas que vuelve a conceder de nuevo en el extraordinario de junio -que, por norma, no proceden en sesiones extraordinarias-, pero sí se teme que volverá a cerrar la puerta a mociones de urgencia.


Una imagen exterior del consistorio

En estos últimos seis meses, el concello de Meaño celebró sesiones extraordinarias con fechas 29 de diciembre, 11 de marzo y 11 de abril, amén de los protocolarios del 23 de enero y 15 de mayo para sorteos de sendas mesas electorales para las autonómicas y -el último-, a las europeas. En los 45 años de democracia municipal, insólito, en medio año ni un sólo pleno ordinario que fija la norma. Más aún, a la hora de no celebrarse los ordinarios, que debían haber correspondido a las fechas 25 de enero y 28 de marzo (el último no podía al coincidir con Jueves Santo), también se ignoró el acuerdo plenario de organización donde, literalmente, se establece que “si el día corresponde a festivo inhábil (el pleno) se celebrará el día hábil siguiente”, lo cual, visto lo visto, no acaeció.
 

Cristina Castro (izquierda) y Rosana Domínguez (derecha)

Valoraciones de la oposición
El malestar de la oposición crece al no ser notificada. Cristina Castro, portavoz de Meaño Independiente, reconoce que “estamos asombrados con la falta de respeto que el gobierno de Meaño muestra cara a la oposición y, por extensión, a la ciudadanía”. “No es que no se celebren los plenos ordinarios a lo que está obligado, sino que además no notifica suspensión alguna a la oposición, y para después transformarlo en plenos extraordinarios en los que no poder preguntar ni ejercer nuestra labor de control”. La independiente, lamenta además la falta de una razón coherente para los aplazamientos. En el de enero el regidor pretextó la falta de secretario, dada la renuncia temporal de la anterior secretaria Teresa Escudero a su puesto. No obstante, cabe aclarar qué la situación es conocida desde inicios del mes de diciembre anterior (y oficializada por Teresa Escudero a finales de ese mes), y que el concello de Meaño cuenta en plantillas con una funcionaria que, por categoría, puede ejercer legalmente de secretaria ocasional y, de hecho, así lo hizo luego en algunas sesiones de 2024.
La independiente lamenta también que varios de los extraordinarios se hayan celebrado a las 14 horas, “un horario que dificulta la presencia de vecinos, incluso algunos concejales para poder acudir por horarios laborales u obligaciones familiares con niños a esa hora”. Agrega además que, en su caso, no pudo aceptar un compromiso laboral para el pasado 31 de mayo, “porque sabía de antemano que ese día y a esa hora tendría pleno, y tuve que rechazar esa propuesta”.


Por su parte la portavoz del BNG,
Rosana Domínguez, reconoce que “por casualidad supe que no se iba a celebrar el pleno, explicando el regidor que se debía a cuestión organizativa de la administración local, y que, en principio, preveía su celebración para el próximo miércoles (lo cual hizo), si bien formalmente a día de hoy (por 30 de mayo) no sabemos nada”. “Eso sí -agrega- nos tememos que esa sesión se convierta en extraordinaria para sesgar a la oposición su labor de control y la posibilidad de poder presentar alguna moción por urgencia, llegado el caso”. Tal cual, y así fue. “La actividad política del concello –añade Rosana Domínguez- debía responder a una actividad regular, que los plenos ordinarios deben respetar la fecha establecida, sobre todo para que la actividad política meañesa discurra con la máxima normalidad y, en el caso de tener que cambiar un pleno ordinario, se vuelva a convocar como ordinario y no como extraordinaria, para hacer posible la labor reglada de la oposición”.