Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
Páxina principal
▼
domingo, 9 de junio de 2024
SÓ LÁGRIMAS…
Abrimos este particular Ventanuco cunha entrada musical. Facémolo co “Sólo lágrimas” da
poeta meañesa Herminia Fariña, e que musicou o tamén meañés Rafa Dovalo, “Te di mi cantares
/ las más tiernas fragancias / el sueño de mis noches / mis azules miradas / ¿Y
que me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Ofrécese en versión
instrumental, de mans de Vanessa Dopazo (frauta), Brenda Rodiño (violonchelo) y
Lorenzo Barbeito (guitarra), actuando en vivo no marco de “A Cova do Trasno”, foro de debate que
organiza a Asociación G.A.M. en pro da cultura meañesa. “Te di mis pensamientos
/ la bondad de mi alma / el dulzor de mis besos / el por qué de mis ansias / ¿Y
qué me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Foi o pasado 10 de
maio en Simes e compatímolo hoxe contigo, anunciando xa unha terceira e última
entrega da tempada, que se está cociñando para para prsentala ao público neste mes de xuño. Foron (e son) os elexidos unha terna de personaxes de renome e esquecidos: o político José Calviño, a poeta
Heminia Fariña… E quen será o terceiro? Anunciarase en días, e cun "hit" en bandoleira". Permañece atento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario