Páxina principal

sábado, 4 de mayo de 2024

A Cova do Trasno

HERMINIA FARIÑA: 

A ROSALÍA ESQUECIDA


Neste Mes das Letas volta “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio no que Asociación Cultural de Deportiva G.A.M. aposta por temas de preto. Neste curso, o ciclo deseñado céntrase en recuperar personaxes da historia meañesa esquecidos pola memoria colectiva, un legado que deberiamos considerar de gran pegada cultural para un pobo. Fíxoo xa o pasado mes de novembro na parroquia de Lores, descubrindo alí a José Domínguez, meañés que, natural de Lores, fora o político máis importante deste concello, chegando a detentar en Madrid cargos vinculados ao goberno do país na II República.

E nesta entrega, con “A Cova do Trasno” ás costas, viaxamos a Simes, para rescatar alí a figura da poeta Herminia Fariña, que nesta parroquia viviu, finou e está soterrada. O encontro será o vindeiro venres, 10 de maio, ás 21,45 horas. Unha Herminia Fariña que ten no seu haber, amén da súa prolífica obra poética, a honra de ser a primeira muller en escribir unha obra de teatro en lingua galega, e mesmo chegar a formar parte de Real Academia Galega. Ela foi unha das “Rosalías esquecidas”. Nós explicaremos as razóns e a necesidade de “desfacer o entorto”, en aras a revisión que sería de xustiza moral e emocional.
 
A Asociación G.A.M. pretende así contribuir a rescatar a figura de Herminia Fariña, dándolle continuidade ao labor que a inicios dos anos 90 impulsara o entonces edil de cultura, Guillermo Rodríguez. Para este Encontro Literario contaremos coas valoracións de Silvia Sánchez, neta da poeta; coas de Martiño Picallo, investigador cuntense versado na figura desta poeta; e coas de Guillermo Rodríguez, para rememorar o seu inxente traballo de recuperación de Herminia Fariña.
A conversa con estos tres protagonistas, ao cabo abrirase á participación do público. Sobremaneira, chamamento aos maiores de Simes que queiran achegarse para compartir en público a súa lembranza personal e de veciñanza con Herminia Fariña, testimuña que se estima de gran valor para contribuir á causa.
Engadido, a escritora Baia Fernández, porá voz no recitado a de poemas de Herminia Fariña, todo isto enmarcado pola música en directo de mans Vanessa Dopazo (frauta traveseira), Brenda Rodiño (violonchelo) e Lorenzo Barbeito (guitarra española). Un evento que, nesta ocasión, conta coa colaboración de ALBARIÑO DO FERREIRO.

Seguindo o formato deste foro, a duración estimada será de 55 minutos. A entrada será totalmente libre ata completar o aforo previsto. As portas da Casa de Cultura de Simes abriranse para tal fin ás 21,30 horas. Non faltes! Porque o saber fainos libres.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario