*** Opinión
CRIME
EN COMPOSTELA
En ocasións sorpréndeste cando que un desos
libros que te engaiola, non tes que buscalo en bibliotecas ou grandes librarías, senón que das en él
no medio da biblioteca familiar. Ocurríume estos días con “Crime en Compostela”
(1984) de Carlos G. Reigosa, que puxen nas mans como un sin querer.
A choiva, pátina de fondo na novela, como sempre
mollando Compostela (“chove en Santiago, meu dóce amor”, escribía García Lorca).
Estos días chuviosos de xullo -contra natura- semelleban ideais para lela. A novela
atrápate ao cabo dunhas páxinas, nada máis aterrar Nivardo Castro en Labacolla,
e baixar cara á cidade no coche con Carlos Conde.
“Crime en
Compostela” non é un novela negra ao uso. É tamén unha novela cultural que,
polo día, mergulla ao lector nun percorrido histórico e artístico -non exento
do grastronómico- polo Santiago monumental, coa catedral e o Pórtico da Gloria
como meta. Un percorrido que conecta ao intre con todos os que tanto o pisamos durante
anos, ou que fai ansialo ao lector atento que non o fixo aínda. Porque Santiago,
impertérrito, atemporal, sempre agarda por ti. (“En Santiago, entras chorando e
saes chorando”, dicíame unha enfermeira no vello Hospital Xeral de Galicia,
unha frase na que, se te paras a pensalo, hai moita filosofía).
CRIME
EN COMPOSTELA
No hay comentarios:
Publicar un comentario