domingo, 21 de julio de 2024

 *** Opinión

CRIME EN COMPOSTELA


En ocasións sorpréndeste cando que un desos libros que te engaiola, non tes que buscalo en bibliotecas  ou grandes librarías, senón que das en él no medio da biblioteca familiar. Ocurríume estos días con “Crime en Compostela” (1984) de Carlos G. Reigosa, que puxen nas mans como un sin querer.
A choiva, pátina de fondo na novela, como sempre mollando Compostela (“chove en Santiago, meu dóce amor”, escribía García Lorca). Estos días chuviosos de xullo -contra natura- semelleban ideais para lela. A novela atrápate ao cabo dunhas páxinas, nada máis aterrar Nivardo Castro en Labacolla, e baixar cara á cidade no coche con Carlos Conde.
“Crime en Compostela” non é un novela negra ao uso. É tamén unha novela cultural que, polo día, mergulla ao lector nun percorrido histórico e artístico -non exento do grastronómico- polo Santiago monumental, coa catedral e o Pórtico da Gloria como meta. Un percorrido que conecta ao intre con todos os que tanto o pisamos durante anos, ou que fai ansialo ao lector atento que non o fixo aínda. Porque Santiago, impertérrito, atemporal, sempre agarda por ti. (“En Santiago, entras chorando e saes chorando”, dicíame unha enfermeira no vello Hospital Xeral de Galicia, unha frase na que, se te paras a pensalo, hai moita filosofía).

E tamén te atrapa na Compostela de noite, cos míticos pubs da zona vella, e os tugurios e prostíbulos das estradas da contorna, estos últimos só ao acceso de ousados, fracasados e fachéndosos que enchen o papo lucindo carteira e coche, vendo todo polo periscopio da pitrina.
“Crime en Compostela” refrenda aquel dito de Baltasar Gracián: “lo bueno, si breve, dos veces bueno”. A novela faino con apenas 200 páxinas. No persoal sinto que unha novela me prende cando, en troques de devorala, trato de racionala parar alongar o disfrute. E, engadido, ofrece un final que escapa do convencional e dos dóces empalagosos. Un final que, cando  a pechas, rabúñate como deixando gañas de seguir lendo outra entrega que, sabes moi ben, nunca chegará, o que fai de “Crime en Compostela” -en todas as súas acepcións- unha novela única.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario