ASMUBAL E ASOCIACIÓN GAM CLAMAN POLAS DÉBEDAS DO GOBERNO LOCAL
Dúas entidades do municipio trasladan o seu malestar por perder ou non ter percibido subvencións municipais do pasado ano. Así o club Asmubal Meaño, apretado no económico polas viaxes nunha liga nacional que inclúe catro viaxes a Canarias, lamenta ter sen asinar co concello e, por tanto sen percibir o diñeiro, do convenio de sponsorización para o quipo de División de Prata Nacional feminino, comprometido polo alcalde Carlos Viéitez para a pasada tempada 2023-24. Isto supón que o club non percibise aínda os 5.000 euros acordados entre as partes.
O Inelsa Solar Asmubal, líder da División de Prata, o pasado fin de semana tras gañar ao Porriño
Un
diñeiro que, volta poñer en dificultades ao club meañés que fai encaixe de
palillos para financiar un orzamento que, por tempada, rolda os 100.000 euros.
A presidenta Silvia Lobato lamenta a situación: “repítese cada ano, nun
concello que presume ser bo pagagor en menos de 15 días cos provedores, mentras
aos clubes do municipio téñennos a dúas bágoas, retardando a firma dos acordos
e por, conseguinte, de pagalos”. “Non é de recibo -agrega- que esteamos aínda
demandando un convenio da tempada pasada, cando xa estamos en outubro da
campaña 2024-25 e, a pesares dos nosos requirimentos, aínda non fumos citados
para asinar o comprometido nesa tempada 2023-24”.
Asoman
así as verbas dun concelleiro do actual goberno que, sentado á mesa dun local
hostaleiro local, proclamou aquel vaticinio: “do Asmubal voume encargar eu de
fundilo”. Tal cal.
Asoman
así as verbas dun concelleiro do actual goberno que, sentado á mesa dun local
hostaleiro local, proclamou aquel vaticinio: “do Asmubal voume encargar de
fundilo eu”. Tal cal.
Asociación G.A.M.
Por
outra banda tamén traslada o seu malestar a Asociación Cultural e Deportiva
GAM. O seu presidente Marcos Castro, lamenta que a asociación deixara de
ingresarlle o goberno local no último curso 1.142,06 euros da subvención
fallada no seu día polo goberno local en relación á sección do tenis de mesa da
súa CTM GAM. “O concello non nos notificou o pago, e coñecémolo cando no banco
atopámonos que nos traspasaron 2.357,94 euros dos 3.500 fallados, sen comunicarnos
motivo algún para exercer o recorte”.
Entrenamento do CTM GAM de tenis de mesa no pavillón de As Covas
“Só
cando imos ao concello a interesarnos polo motivo -agrega- infórmannos que
non deron válida a documentación probatoria que presentaramos, en relación á
nosa participación nun torneo nacional, feito que era público e notorio coa documentación
entregada. “A cambio -explica- esixíannos unha certificación expresa da Federación
Española de Tenis de Mesa que acreditase a nosa participación no torneo”. “A
nosa petición -agrega- deixou perplexa á propia Federación dicíndonos era o
único caso dun concello de España que lle pedisen aos clubs unha certificación
nese senso”. “Aínda así -conclúe- cando presentamos dita certificación, non a
admitiron a trámite, ao entender que non estaba en prazo, e que debía terse
presentardo de partida, sen darnos prazo real de subsanación, que de por lei
debería contemplarse”.
Marcos Castro non elude o maletar: “É un abuso por parte do goberno local -lamenta- para cos
colectivos que traballamos por altruísmo para a xente, neste caso polos rapaces
e xogadores da nosa sección de tenis de mesa, e sen ánimo de lucro algún, sen
gañar un céntimo, senón máis, perdendo algúns de nós diñeiro do noso peto... Isto
desanima moitísimo”.
Un “modus
operandi” do que damos fe desde aquí, repetindo o mesmo con veciños “que non son da corda” á hora de abonar
danos polo concello causados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario