Páxina principal

sábado, 4 de enero de 2025

O PARKING MÁIS CARO

Estreamos 2025 en vísperas de Reis, e como non terá moito tempo para pararse, brindámosllee aquí unha entrada curta, que contén información de interese nunha comparativa de parkins de estacionamento de vehículos, realizado por este portal, e que van a sorprendelo. Os prezos que aporta esta reportaxe respostan aos vixentes en decembro de 2024.


Entrada ao parking subterráneo de Sanxenxo

Sabías que os parkings máis caros de da comunidade galega están mais preto do que semella?. Porque ao parking do porto de Sanxenxo cábelle a “honra” de ser un dos máis caros de Galicia, cunha tarifa de… 2,22 euros por hora!. Supera con creces as tarifas dos parkings subterráneos de empresas privadas de centro de Pontevedra capital. Así os máis socorridos na Cidade de Lérez son os parkings de Barcelos (1,29 euros por hora) e Pontus Veteris (1,35 €/hora). Pero aínda máis, os sete parkings subterráneos testados no centro de Pontevedra por este portal, teñen tarifas moi por debaixo de Sanxenxo (ver fotografía cadro comparativo abaixo)
As tarifas do parking de porto Sanxenxo só son superadas por algúns do centro de Vigo, caso dos parkings Policarpo Sanz (2,35 €) e Casco Vello (2,50 €), se ben outros están por debaixo das tarifas de Sanxenxo. E se nos desprazamos a Santiago, Xoán XXIII cobra 1,26 euros a hora, ou céntrica Praza de Galicia con 1,95 €, están por por debaixo das tarifas de Sanxenxo, e só o parking da Praza Roxa, que é o máis caro de Santiago, o supera (2,30 €/h). Na comarca, arousana testamos Vilagarcía centro, que amosa un prezo de 1,50 €/hora. E, engadido, cotexamos tamén aquí parkings de Lugo o Ourense capital. Compare o lector.


Táboa comparativa de prezos, decembro 2024

Por comparativa directa desprazámonos a unha vila  equiparable a Sanxenxo, por turismo e porto náutico, como é Baiona e que conta co parking de A Palma en pleno porto. Nel a tarifa tamén é sustancialmente inferior a Sanxenxo (2,05 €/h). E o agravante e que a inmensa maioría dos parkings aquí expostos respostan a empresas privadas (agás Xoán XXIII en Santiago), e mesmo o parking de Palma en Baiona está explotado por Barkia, a terceira empresa máis importante de España como operadora de aparcamentos públicos subterráneos. Sen embargo, reseñar que parking de porto de Sanxenxo está explotado Nauta Sanxenxo, que é a sociedade municipal de xestiona o porto deportivo e, por ende, este paking. Resulta cara a empresa pública? É servizo, negocio ou abuso? A quenda da resposta é para o lector.


Casa parroquial de Meaño que alberga a biblioteca na primera planta


Biblioteca de Meaño
A Axencia de Lectura de Meaño pecha en Nadal, precisamente nun período en que os cativos, por vacacións, e mesmo familias, poden dispoñer de máis de tempo para ler e achegarse a facer uso do servizo de préstamo de libros. O máis grave, aínda, é que a Concellería de Cultura e o concello de Meaño non se dignase a comunicar na súa páxina web ou na súa rede social o peche de súa biblioteca. Polo cal os usuarios só descobren que está pechada cando se personan físicamente nela… Pechado, e aviso únicamente na porta. En cambio, o peche do punto limpo (por hoxe sábado día 4 de xaneiro), si está comunicado. O mesmo ocorreu o ano pasado coa biblioteca municipal. Xa daquela solicitamos persoalmente ao concello que tivera a xentileza de comunicalo a socios (o arquivo está dixitalizado) e ususarios. Pero nin con esas. Cal é a importancia de biblioteca e cultura neste goberno local do concello de Meaño? Para mostra, este botón. Pero festas si que fai este goberno: roscón, chocolate, churros… “¡Ancha es Castilla!”
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario