O PARKING MÁIS CARO
Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
sábado, 4 de enero de 2025
Sabías
que os parkings máis caros de da comunidade galega están mais preto do que semella?.
Porque ao parking do porto de Sanxenxo cábelle a “honra” de ser un dos máis
caros de Galicia, cunha tarifa de… 2,22 euros por hora!. Supera con creces as tarifas dos parkings subterráneos de empresas privadas de centro de Pontevedra
capital. Así os máis socorridos na Cidade de Lérez son os parkings de Barcelos (1,29 euros por hora) e Pontus Veteris (1,35 €/hora). Pero aínda
máis, os sete parkings subterráneos testados no centro de Pontevedra por este portal,
teñen tarifas moi por debaixo de Sanxenxo (ver fotografía cadro comparativo abaixo)
Por
comparativa directa desprazámonos a unha vila
equiparable a Sanxenxo, por turismo e porto náutico, como é Baiona e que
conta co parking de A Palma en pleno porto. Nel a tarifa tamén é sustancialmente
inferior a Sanxenxo (2,05 €/h). E o agravante e que a inmensa maioría dos parkings
aquí expostos respostan a empresas privadas (agás Xoán XXIII en Santiago), e
mesmo o parking de Palma en Baiona está explotado por Barkia, a terceira empresa
máis importante de España como operadora de aparcamentos públicos subterráneos.
Sen embargo, reseñar que parking de porto de Sanxenxo está explotado Nauta Sanxenxo,
que é a sociedade municipal de xestiona o porto deportivo e, por ende, este paking. Resulta cara a empresa pública? É servizo, negocio ou abuso? A quenda da resposta é para o lector.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario