Páxina principal

viernes, 1 de mayo de 2026

 

Aquí ven o maio en Meaño… COA CARREIRA DE CAMAS e máis

Hoxe domingo, ás 19:00 horas, Meaño acolle “XX Carreira de Camas Sobre Rodas” que organiza a comisión de festas de Inmaculada e que se celebra este fin de semana. Unha carreira irreverente e desternillante onde o único que se garante a o risa e bo humor. Seis camas rodantes estarán na liña de saída este domingo día 3 ás 19:00. Entre elas, “Os Rompecolchóns”, “Os Circadianos”, “O Asaltacunas” ou “O Chunguitos”, ataviados para a ocasión con pixamas, camisón ou picardías, a imaxinación de cada quen. Xunta disputarán a honriña dun título para entrar na historia desta carreira que nos sitúa cada ano no mapa en Galicia con tan so un cuarto de hora trepidante con gargalladas a mandíbula solta. Se non viches nunca, vente Meaño… Non o vas a crer! Camas rodantes!! Como sacadas dun soño!!. Ah! E despois da carreira empeza xa con día a verbena con pase único da orquestra “Os Satélites”, mítica formación da verbena galega desde fai décadas.

Unha instantánea da Carreira de Campas Sobre Rodas en Meaño
 

Sanidade pública 
E tamén nos facemos eco de que onte sábado, as 12:00, concentración en defensa da sanidade pública en Atención Primaria, convocada polo BNG meañés e que congregou a medio centenar de veciños e veciñas. Foi diante do Centro de Saúde As Covas-Meaño onde, conseguir cita médica vense convertindo en odisea, sen lograr unha en cuestión de tres ou catro semanas. Nun concello rural cada vez máis envellecido, a atención sanitaria é a prioridade. Mágoa que os representantes doutras agrupacións de partidos políticos en Meaño non fixeran acto de presencia, nen Meaño Independente, nen o Partido Popular de Carlos Viéitez (o mesmo que pide "ir xuntos" para outra cousas) nin PSOE. A pregunta é: a quen defenden e representan estos conveciños metidos na política? Defenden ao seu partido ou defenden aos seus veciños e veciñas? Por que ese criterio infantil de que "se o convocas ti non vou eu"? Non son capaces de distinguir arriba a abaixo, adiante e atrás, o xusto do inxusto, a opulencia de fame, veña de onde veña? E unha cuestión de dignidade, non de cores políticas. Que corta de miras teñen algúns!


Un intre da concentración en Meaño onte sábado

  

Paco Nogueiras
E a outra nova foi a visita o pasado domingo de Paco Nogueiras a Meaño co seu concerto “Son Animal”. Un Paco Nogueiras que cabe poñer en valor pola súa aposta po cantar en galego para un público que cada vez o fala menos. Un lingua a conservar, pola que cabe loitar, e escoitando a este santiagués dámonos conta dunha razón mis para sentir a nosa identidade de pobo que somos.


Un intre co concerto de Paco Nogueiras

Foi na zona arbolada Praza da Feira congregabando a a unhas 70 persoas dun público familiar, coa cativeira ávida de seguir os pasos de baile que propoñía en cada tema o artista santiagués. Un título, o do seu libro-disco, que xoga do doble senso, un do verbo “ser”, e outro co sustantivo “son” que representa o mundo sonoro da fauna da súa granxa particular. “Eu son -refería Paco Nogueiras- un desos animais de dúas patas ao que lle gusta cantar, bailar, saltar, ler libros, viaxar, falar e rir cos amigo…  Un animal humano, que digo eu”. No vídeo Paco Nogueiras fala a través deste Ventanuco para ti:



“Con cola, con pelo, con plumas / con catro patas, con dúas ou ningunha / dando brincos se cadra voar / moitas melodías ten o son animal”.
Así rezaba o retrouso do seu “Son Animal”, que era a canción de peche. Antes os seus temas  pasaron polo “burro do tío Manuel, (que) non hai otro como el”; co seu “baila como o parrulo”, con súa danza retanqueira; a saltarica da “rá que moito brinca”, o con seu grilo “cri, cri, cri semella que o grilo está cantando / cri, cri, cri, entre ambas ás parecen un violín”. Na súa voz, compañado por acordeón, guitarra eléctrica, frautín y particular saxo infantil para facer os sós de cada canción.
Así, Paco Nogueiras foi presentando aos animais do seu curral, asomando cada un coa súa imaxe en madeira para amosar ao nenos, co súa voz particular (o bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cararexar da galiña, o ornear o burro…) que tocaba imitar, e, como non, coa súa propia canción.

“Coa miña granxa
-recoñocía Paco Nogueiras- estámonos movendo por todo do territorio galego, por escolas, por prazas, concellos…”. “O problema -engade- é que cada vez hai menos xente miúda, despoboación e que cada vez cantan e falan menos galego… Pero aquí está burro, vaca eu e a miña granxa para seguir poñendo toda a enerxía que podemos para seguir cantando e difundindo o galego polas escolas e polas prazas”. De aí o seu compromiso cos nenos e coa lingua que é un dos referentes de identidade deste artista santiagués.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario