Aquí ven o maio en Meaño… COA CARREIRA DE CAMAS e máis
Hoxe domingo, ás
19:00 horas, Meaño acolle “XX Carreira de Camas Sobre Rodas” que organiza a
comisión de festas de Inmaculada e que se celebra este fin de semana. Unha
carreira irreverente e desternillante onde o único que se garante a o risa e bo
humor. Seis camas rodantes estarán na liña de saída este domingo día 3 ás
19:00. Entre elas, “Os Rompecolchóns”, “Os Circadianos”, “O Asaltacunas”
ou “O Chunguitos”, ataviados para a ocasión con pixamas, camisón ou picardías,
a imaxinación de cada quen. Xunta disputarán a honriña dun título para
entrar na historia desta carreira que nos sitúa cada ano no mapa en Galicia con
tan so un cuarto de hora trepidante con gargalladas a mandíbula solta. Se non
viches nunca, vente Meaño… Non o vas a crer! Camas rodantes!! Como sacadas dun
soño!!. Ah! E despois da carreira empeza xa con día a verbena con pase único da
orquestra “Os Satélites”, mítica formación da verbena galega desde fai décadas.

Unha instantánea da Carreira de Campas Sobre Rodas en Meaño

Sanidade pública E tamén nos facemos
eco de que onte sábado, as 12:00, concentración en defensa da sanidade pública
en Atención Primaria, convocada polo BNG meañés e que congregou a medio
centenar de veciños e veciñas. Foi diante do Centro de Saúde As Covas-Meaño
onde, conseguir cita médica vense convertindo en odisea, sen lograr unha en cuestión
de tres ou catro semanas. Nun concello rural cada vez máis envellecido, a atención
sanitaria é a prioridade. Mágoa que os representantes doutras
agrupacións de partidos políticos en Meaño non fixeran acto de presencia, nen Meaño Independente,
nen o Partido Popular de Carlos Viéitez (o mesmo que pide "ir xuntos" para outra cousas) nin PSOE. A pregunta é: a quen defenden
e representan estos conveciños metidos na política? Defenden ao seu partido ou defenden aos seus veciños e veciñas? Por que
ese criterio infantil de que "se o convocas ti non vou eu"? Non son capaces de
distinguir arriba a abaixo, adiante e atrás, o xusto do inxusto, a opulencia de fame, veña de onde veña? E unha cuestión de dignidade, non de cores políticas. Que corta de miras teñen algúns!
![]() |
| Un intre da concentración en Meaño onte sábado |
Paco NogueirasE a outra nova foi a visita o pasado domingo de
Paco Nogueiras a Meaño co seu concerto “Son Animal”. Un Paco Nogueiras que cabe
poñer en valor pola súa aposta po cantar en galego para un público que cada vez
o fala menos. Un lingua a conservar, pola que cabe loitar, e escoitando a este
santiagués dámonos conta dunha razón mis para sentir a nosa identidade de pobo
que somos.
.jpg)
Un intre co concerto de Paco Nogueiras
.jpg)

.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario