O
almacén municipal de Meaño, sito ao carón do pavillón de deportes de As Covas,
amosa xa novos vestiarios. Que ninguén se engane e saque peito: estos
vestiarios son forito dunha longa demanda dos traballadores para deixar atrás uns vestiarios inmundos, propios doutras latitudes, ao que acabou obrigando
Inspección Laboral ao alcalde Carlos Viéitez, e selar o vello “cuchitril”. Non quedou outra. Pese a quen pese, este é un Ventanuco de librertade, e así chegarmos a ti. As fotos que compartimos falan soas. Por esta razón publicamos aquí integramente
a nota de prensa remitida aos medios (a a este Ventanuco tamén), por Anxo Telmo Rincón,
delegado do persoal funcionario do Concello de Meaño, que liderou con enteireza esta loita
feita por dignidade. Desde aquí, no noso recoñecemento por ser valente, non
pregarse ao abuso e loitar por unha razón digna. Nos, desde aquí, tratamos de imitalo e seguir o exemplo.
LOITA
LABORAL POLA DIGNIDADE
“Dende
finais do mes de maio, os traballadores do Concello de Meaño xa podemos facer
uso dos vestiarios construídos no almacén municipal de obras e servizos.
Tiveron que pasar mais de catro anos desde que se lle pedira amigablemente ao
alcalde a construción deste servizo, e mais de dous (outubro de 2021), dende
que se presentara por rexistro a primeira de moitas solicitudes, ante as
evasivas do alcalde. Finalmente houbo que presentar unha denuncia ante a
inspección de traballo, en xaneiro de 2023 que lle obrigou á alcaldía cumprir
coas Normas de seguridade e hixiene no traballo.
|
Novos vestiarios municipais (foto cedida) |
O
pasado xoves día 30 de maio, logo dunha semana utilizando as instalacións dos
vestiarios, e ante a inexistencia dunha inauguración institucional, decidiuse,
por parte de esta representación, facer un acto fora de horario laboral con
tódolos compañeiros que quixesen asistir, para que coñecesen as instalacións e
para insistirlle, a aqueles que a necesitasen, que están ao dispor de tódalas
persoas traballadoras do concello de Meaño. Nesa mesma xuntanza, houbo uns
petiscos para celebralo e tamén se descubriu unha placa na que rezaba: “Un
dereito non é algo que alguén nos dá, é algo que ninguén nos pode quitar.
Gracias á representación sindical e á inspección do traballo por facer cumprir
este dereito”. Esta placa foi posta con intención de deixar claro que
hai unhas obrigas e uns dereitos que uns e outros, debemos respectar, e que no
caso de que non sexa así, hai mecanismos para garantir tales dereitos. Isto é
básico nun estado de dereito. Pois ben, non sabemos a quen, pero non debeu
gustar a colocación desta placa, porque hoxe venres 7 de xuño de 2024, alguén
que aínda vive na idade media, arrancou a placa, supoñemos porque non está de
acordo con que se garantan eses dereitos.
|
Novo cuarto con lavadora e secadora |
Os
vestiarios, como se pode apreciar nas imaxes que acompañan esta nota, son
completos, funcionais e ademais esteticamente agradables, é dicir, acordes aos
tempos. Parece que ao sr alcalde, lle resultan demasiado luxosos, e queixase de
que é un exceso de cartos semellante investimento (146.820,40
euros).
Non vimos daquela, por parte do alcalde, ningún comentario dicindo que os
vestiarios existentes eran infrahumanos, ou indignos dos tempos nos que
vivíamos, cando non había nin ducha, nin división entre homes e mulleres, entre
outras... El compara os vestiarios cos do Real Madrid, pero en vez de facelo de
xeito orgulloso, non, el fai esa cita de feito despectivo, como se os
traballadores do concello que el preside non fosen merecedores duns vestiarios
en condicións.
|
Antiguo vestiario inmundo, que o goberno local negábase a remodelar |
Tamén
cabe indicar, que o día que deu orde de trasladarnos aos novos vestiarios, se
lle preguntou como se ía proceder coa limpeza, ao que respondeu que “había que
organizar, pero unha vez por semana como mínimo”. Cabe resaltar pola nosa
parte, que unha vez por semana non é suficiente, como así se pode verificar, e
peor aínda, que non se limpe en toda a semana, como pasou nestes días. Polo
tanto, queremos advertir, que estes vestiarios estragaranse tarde ou cedo senón
se procede cunha limpeza periódica razoable acorde ao uso que se lle dá. E
dificilmente se pode atender á limpeza dos edificios municipais, que cada vez
son mais, senón lle aumentan as horas ao persoal de limpeza. (Abaixo, foto dos antiguos vestiarios)
Tamén
queremos seguir informando que novamente, o sr alcalde, motivado neste caso
pola celebración dese acto, segue pegando gritos e golpes coas portas nas
dependencias municipais, tal cal macho dominante, supoñemos que pretendendo que
os traballadores sexamos individuos submisos e que non lle reclamemos os nosos
dereitos ou non lle critiquemos cando non cumpre cos mesmos. Equivócase, porque
somos seres humanos que vivimos no ano 2024, e imos seguir reclamándolle que se
comporte como unha persoa de este século e que respecte ás persoas
traballadoras e ao dereito a ter unhas condicións dignas e a nos ser acosadas
nin maltratadas. Xa se lle fixeron chegar varias solicitudes para que
reconsiderara o seu trato, xa foi tamén tratado en Pleno do 11 de abril. Imos
ter que denunciar como foi necesario no caso dos vestiarios?”
Anxo Telmo Rincón, delegado do persoal funcionario do Concello de Meaño
.
|
Praca colocada polos traballadores nos novos vestiarios, en lembranza a loita. Abaixo, o lugar da parede agora, unha vez alcalde mandou retirar a praca |
No hay comentarios:
Publicar un comentario