sábado, 3 de agosto de 2024

 A Cova do Trasno

Canta a HERMINIA FARIÑA 

Entrega extra de verán do foro “A COVA DO TRASNO”, que organiza a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Será o vindeiro venres, 9 de agosto, no Pazo de Lis en Meaño, ás 21,45 horas, e cun evento arredor da poeta meañesa Herminia Fariña Cobián.

Nesta ocasión, un acto músico-poético, acompañado dun pequeno coloquio co público. Servirá para escoitar en directo ao músico e compositor meañés Rafa Dovalo, con guitarrra e voz, sen artificios, cantando dous poemas de Herminia Fariña, no seu día musicados por el, pero que nunca foron interpretados en directo diante do público. Por esta razón será unha ocasión única e irrepetible, nun xesto emotivo tamén co propio Rafa Dovalo (outrora organista en orquestras como “Los Salneses” e “Solera”), aproveitando a súa estadía estival estos días en Meaño, antes do seu regreso a Finlandia, onte está radicado. E, para enmarcalo, contaremos tamén coa escritora e comunicadora cuntense Baia Fernández, que repetirá presenza no noso municipio para poñer voz en vivo aos versos de Herminia Fariña.


Cunha duración estimada de tan só 40 minutos que, a bo seguro, deixará gañas de máis, e que, sen máis pretensións, só quere ser un xesto para coa memoria colectiva do Meaño que somos. Directo ao corazón. Emociónate!

Agardámoste. Non faltes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario