sábado, 31 de octubre de 2015

Na pasada tempada, gracias á xentileza de Eligia Longueira publicabamos na sección "No retrovisor" esta foto que fora toda unha sensación. Que mellor ocasión que esta, fin de semana de Tódolos Santos para traela de novo, pero nesta ocasión á entrada principal. A instantánea data do ano 1968 e foi captada con motivo na inauguración do cemiterio de Meaño. Traémola de novo porque, despois de indagar o seu, fumos capaces de poñerlle nome a moitos. Non obstante, amigo lector, se idenftificas ti algunha persoa máis ou percibes que temos un erro na nosa idenficación, fáinolo saber escribindo un comentario no blogue ou remitindonos un correo-e á seguinte dirección: poloventanuco@gmail.com


Veciños de Meaño na inaguración do cemiterio, ano 1968


A continuación ofrecemos una réplica silueteada con insección de números. Deabixo dela indicamos os nomes das persoas da fotos que puidemos identificar, mantendo un interrogante naqueles que poden prantexar algunha dúbida. Proba a descubrilos:

Réplica silueteada da foto. Reprodución Marcos Cstro


1. Manolo de Forte
2. Celsa "de Tineo"
3. José Sineiro ("de Cachafeiro")
4. Palmira "de Outeiro"
6. Manuel "de López" ("o Reloxeiro")
7. Marisa Rosal
8. Dora           
9. Maruja de Novoa
10. Desiderio Dovalo (cura de Meaño)
11. Obdulia de Abilleira
12. Delvina de Martís
14. José Cerviño Cerviño (bispo auxiliar de Santiago)
15. Carmen Muñiz
16. Alicia Vila (Alicia "de Souto")
17. Martís
18. Pepe Méndez ("O Ferreiro") 
19. Luis Costa Gambón (cura de Lores)
20. Vicente García ("de Chantreiro")
21. Eduardo Cousido
22. Rosario "de Álida"
23. Victor Gómez "Vituco"
24. Dina "de Tineo"
26. Luis "de Vila"
28. Eva García Muñiz
29. Carmen Martínez ("de San Amaro")
30. Susa de Roberto (ou Carmen "de Cachafeiro"?)
31. Fernado "de Vila"  ou Manolo "de Laíño" (?)
32. Manolo "de Novoa"
33. Susa "de Novoa"
34. Nieves Rosal
35. Lola Cousido ("de Felicidad")
36. María Esperanza Muñiz
37. Carmen Sanmartín ("de Gloria)
38. Enrique Muñiz (de Digna)

39. Carmen Muñiz ("de Quinteiro"-Xil)
41. Serafín Meis (Finso "de Fidel)
42. Manolo "de Celsa" (?)

Imaxe actual da entrada do cemiterio, lugar onde foi tomada a foto fai 48 anos


sábado, 24 de octubre de 2015

*** Opinión
En pleno

A actual corporación nunha imaxe de arquivo trala toma de posesión
Coleou durante os últimos días o abandono de Lourdes Ucha do pleno ordinario do 13 de outubro e a posterior convocatoria dunha sesión extraordinaria para o luns 19 na que dar conta dos pregos e preguntas que a oposición se negara a prantexar ante a ausencia da alcaldesa. Puido Ucha evitar ausentarse do pleno facendo un receso para valorar mellor o “motivo persoal” que acababa de xurdirlle? Precipitouse a oposición na petición dunha sesión extraordinaria para prantexar en quente na area os seus pregos e preguntas? Seguro que hai razóns das que se cargan ambos.
Non obstante, visto o visto nestas dúas sesións, os concelleiros deberían empezar a prantexarse distender o momento, normalizando o debate político desde o argumento, evitando o chascarriño estéril e mudando o rictus que en ocasións refrexan algúns rostros. E é que nesta lexislatura, polo que se ve, vai facer falla talante e moita cintura para saír airoso dos campos minados que cavan entre si independentes e populares.
Tamén por parte do público que agora enche a salón de plenos -acólito na súa maioría aos diferentes bandos- sería bo unha dose de moderación para conter xestos desaprobatorios ou incluso insultos mascullados polo baixo ante cada interpelación contraria. Un pouco de “deportividade” nestos asuntos non viría nada mal, tanto por uns como por outros. E é que na crispación -sobre todo se se enquista-, á longa perdemos todos. Conviría non esquecelo.
E voltando ao pleno. O extraordinario convocado para os pregos e preguntas costounos aos meañeses, cando menos, 1.040 euros en dietas. Sen entrar nas responsabilidades de cada quen, convirán conmigo que sería bo que todos se puxeran de acordo en algo e, cando menos, retornaran ese diñeiro aos veciños, poñamos por caso a xeito de doazón para emerxencia social, ou que?


sábado, 17 de octubre de 2015

A BANDA DE MEAÑO EMOCIONA NA SÚA 
“NOITE DE AMOR CON LELA”

A cantante Silvia Ferre acompañada por bada Unión Musical de Meaño
Eleximos unha entrada con tinte musical para reabrir o noso particular Ventanuco nunha nova tempada e con cambio de imaxe. 
A Banda Unión Musical de Meaño, dirixida polo mestre Diego Javier Lorente, protagonizaba a fins de setembro, xunto co arreglista e pianista Alfredo Susavila e a cantante Silvia Ferre, o concerto “Unha noite de amor con Lela”. Ao final foi no auditorio de Ribadumia que, como cada vez que acude a banda meañesa, voltou a encher o seu aforo de 300 butacas.
A partir da historia de Lela, unha emigrante galega que marchaba nos “tempos de fame” para facer as Américas e que regresou nos albores da democracia, a música foi levando ao público por algúns dos éxitos de sempre, tanto en lingua castelá como galega, arreglados para banda e piano por Alfredo Susavila con guiños a súa formación jazzística que deleitaron ao auditorio.

Outro momento do cocerto
Arrancou o concerto cunha peza instrumental sobre o tema de Lela e pechou o círculo coa propia canción na voz de Silvia Ferre. No medio, presentados por Belén Xestal con textos de Fernando Lavandeira, poideron escoitarse as cancións “El día que me quieras”, “Por ti”, “Un ramito de violetas”, “Quizás”, “Meu amor é mariñeiro”, “Quen poidera namorala” e “Rosiña do mes de maio”. Unha hora redonda de música cargada de notas de emoción que voltaron a deixar patente o tirón da Unión Musical de Meaño cada vez que aposta por proxectos frescos. E, tamén de paso, voltou a por de manifesto, despois de presenciar facía uns días a actuación da banda co grupo de percusión Odaiko que ofrecían o concerto “Vaia banda!” nun pabellón de deportes, a necesidade dun auditorio en Meaño.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo cunha fragmento dunha das cancións do concerto, o "Quen poidera namorala", o pema de Álvaro Cunqueiro musicado no seu día por Luis Emilio Batallán. Para velo pincha no seguinte enlace:










E se queres escoitar a versión orixinal desta canción pincha neste enlace que segue: