jueves, 25 de mayo de 2023

***Opinión

Cuestión de conciencia


Esgotamos o tempo para poder voltar a ser realmente libres no Meaño que nos toca vivir. E ser libres ten o seu prezo, manterse erguido ante os vacíos e as presións resulta duro. Hai quen opta por dar un paso a un lado e afastarse. Nós seguimos incólumes, como nos ensinaron os maiores de ben, a ser educados, a non mentir de xeito deliberado.
Mark Twain escribiu “a conciencia é o peso máis grande que o ser humano pode arrastrar durante o resto da vida” ("Un ianqui na corte do rei Arturo"). Penso que, á hora de mentir, os políticos non teñen conciencia, mentras braman nos mítins mentiras edulcoradas, arroupados polos palmeiros que completan o marco para suxestionarte (“a suxestión da masa” de Gobbels na Alemaña nazi, do que logo deixamos unhas perlas).


Toca sentirse en paz con un mesmo. Compre que saiba, asiduo lector, que o emprego do lema “Traballo e realidades", por parte da formación Veciños de Meaño, foi posto en escena no Nadal con fondos públicos. Un eslogan que sobrepasa o ético para ser susceptible de entrar no eido legal. E é que “Traballo e realidades” foi o lema anunciado na portada dos calendarios do pasado Nadal, publicados polo concello, onde na portada aparecía o rexidor Carlos Viéitez investido como cofrade na Festa do Viño. Logo, a primeira parte do calendario estaba reservado a publicitar as obras municipais ante o ano electoral, deixando as migallas da segunda metade do ano para as asociacións.


Portada do calendario, co lema a esquerda baixo a imaxe do rexedor


O pasado mes de marzo facíase público en pleno (ver videoacta de pleno web municipal) un reparo da secretaria municipal en alusión á maquetación e impresión de 1.500 calendarios de 14 páxinas, e que tivo un coste de 3.521,10 euros, abonados polo concello. No devandito reparo, textualmente reza: “a portada dos calendarios considérase que excede o que se pode considerar publicidade institucional, entrando no ámbito dos logros dunha persona que encarna un órgano de goberno, a alcaldía, realzando a súa imaxe”.
Daquela carecía de valor o lema “Traballo e realidades”, ata que, agora si, vóltase a a empregar como eslogan oficial en campaña por parte da alcaldía para o súa agrupación política. Un diñeiro público que se empregaba en Nadal para lanzar o que logo sería lema de campaña de Veciños de Meaño. Unha mágoa de utillización de diñeiro público para un fin partidista.


*********************************

OS PRINCIPIOS DE GOBBELS (Alemaña nazi)
Principio de progapanda:A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas y repetilas incansablemente (…). Se unha mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdade”.
Principio de verosimilitude: “Construir argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informaciones fragmentarias”.
Principio de esaxeración y desfiguración: “Convertir calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave”.
Principio de simplificación e inimigo único: “Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único enemigo”.
Principio de transposición: “Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo ao ataque con ataque. Se no podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian”.
 
Curioso, verdade?
 
 
 
 


miércoles, 24 de mayo de 2023

conversas.com

José Manuel Aspérez Montes
Candidato de M.I. á alcaldía de Meaño

De forma consecutiva, e por terceira vez, José Manuel Aspérez repite como alcaldable por Meaño Independiente. É a cara máis asidua das cinco á cita do 28-M. Na súa facenta profesional rexenta desde fai anos unha xestoría contable en Sanxenxo. Engadida, está a súa labor de máis dunha década adicada ao club Asmubal Meaño de balonmán. El asumiu a presidencia para restacar esta entidade da deriva económica. Desempeñou o cargo ata 2015 en que deu o salto á política, aínda que, desde aquela ,segue ligado ao clube como membro da Xunta Directiva.

Esta é a cuarta a última entrevista da serie, toda que o alcalde e candidato por Veciños de Meaño, Carlos Viéitez, declinou participar. Neste tempo fixémolo partícipe a el e ao círculo próximo, das mesmas preguntas que formulamos aos demáis candidatos, e que mesmo podía contestar por escirto e remitir por vía correo-e, para compartilo contigo desde este portal. Tampouo participou no debate público da canle de televisión Rías Baixas, nen accedeu a facelo no encontros “A Cova do Trasno” da asociación G.A.M., en que o público podía preguntar a cada candidato. Visto o visto, o seu é un alarde de diálogo e capacidade de representación. 

“O VOTO A M.I. É O ÚNICO ÚTIL PARA DESBANCAR A CARLOS VIÉITEZ DA ALCALDÍA” 


Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
De cara aos veciñ@s, mérito ningún. O único que se lle pode atribuir é o de conseguir que o PSOE, coa súa postura nas votacións, o fixeran alcalde, que lle aprobaran o salario e, a cambio, que o PSOE obtivese un representante na mancomunidade. E ao longo de toda esta lexislatura logrou aprobar todo o que quixo sen ter maioría, grazas a repetida abstención do Partido Socialista. O reproche máis evidente é a súa falta de xestión económica cunha política caciquil, pensada só para os amigos, cortoplacista, sen miras de futuro, onde el non toma as decisións, xa que boa parte delas véñenlle impostas dende fóra, de esa xente externa que é quen, de verdade, controla este goberno local
Que o moveu a dar o paso para volver a encabezar a lista?
Por unha banda, o apoio e alento recibido dende os veciños. E, por outra, o análise dos resultados obtidos na anterior campaña, na que consolidamos un ascenso dun 30% dos votos obtidos con respecto ás eleccións do 2015, que ademais apuntaban a que Meaño pedía un cambio no goberno, e que finalmente non se produciu. Toca voltar a intentalo, máis que nunca, para poder pasar páxina sobre unha lexislatura para esquecer, onde urxe un cambio de xestión e de talante na alcaldía.


José Manuel Aspérez con su mentor Pepe Varela, en el mitin de Simes


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras.
En infraestruturas ou equipamentos, concurrimos coa proposta de recuperar o espazo da antiga Farmacia de Dena, para convertila nunha gran plaza pública, e para iso acadamos un acordo coa propiedade; solicitar a Pousada de Cobas para o uso municipal, mesmo como Centro de Día; a construcción dun multiusos, as aceras en Xil para comunicalo con centro de Meaño… En Educación, Cultura e Deporte: promoción de eventos deportivos, intercambios culturais, xestión interconectada das bibliotecas, apoio as asociacións culturais e clubes deportivos con convenios, etc. No ámbito social: un novo Centro Social, apertura Escola Infantil 0-3 anos, durante todo o ano, novos comedores escolares con prazas que den cobertura a todas as solicitudes, eliminación listas de espera no servizo de axuda no fogar, loita pola Sanidade Pública… En Medio ambiente: separación das augas pluvias, servizo periódico porta a porta de recollida de voluminosos, control da capacidade da EDAR e das verteduras á ría así coma o saneamento desta.


Que actos lles quedan por diante?
A día de hoxe (por mércores, día 24), quédanos o peche de campaña, nun mitin que terá lugar mañán xoves, día 25, no salón “Os Miniños” en Coirón-Dena. Será ás 21,30 horas, e convidamos a todos os meañeses e meañesas que ansíen un cambio, a que veñan a este acto de Dena, coñecer a nosas propostas e a empurrar por un cambio que transformará Meaño
Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o acalde corresponderalle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
SI, sempre e cando saiamos elexidos, presentaremos candidatura á alcaldía.


José Manuel Aspérez con su lista de Meaño Independiente

En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e que outra rexeitaría?
Nós traballamos para formar un goberno forte, que poida aplicar e cumprir o noso programa, ou, cando menos, a inmensa maioría del. Convidaría ao lector meañés a unha reflexión: Meaño Independiente é o único grupo que falou e fala claro: nunca pactaremos para facer alcalde a Carlos Viéítez, esa é a nosa liña vermella. En cambio, estamos abertos a acadar un acordo dialogado co resto dos grupos. Pero esos outros non se mollaron, nen o fan hoxe, coa súa posición. O hipotético votante que esté pensando en decantarse por PP, PSOE ou BNG, debe ser consciente: poden estar votando, na práctica, a Carlos Viéitez, porque logo ese partido pode apoiar ou absterse para facilitar a súa investidura. Xa ocurreu así en 2019: lembran a posición do PSOE? Nen eles mismos querían coller daquela a alcaldía. Este ano pode voltar a suceder un capítulo esperpéntico como aquel. Por iso, se queren acabar cos desmáns o co abuso caciquil de Carlos Viéitez, pedimos que concentren o voto en M.I.  Nós damos garantías plenas sobre esa postura. Os demáis móvense a dúas augas, e farano chegado o caso. Cabe pensalo un chisco: o voto a M.I. será o único verdadeiramente útil para un cambio real en Meaño.
 
 


martes, 23 de mayo de 2023

 conversas.com

Pablo Portas Ucha
Candidato do PSOE á alcaldía de Meaño

Natural de Simes, Pablo Portas Ucha asume ser o candidato a alcaldía polo PSOE de Meaño. Unha lista la socialista con cuenta en el número 2 con Icía García, quien fuera ya alcaldable  por esta formación en 2015; en el nº 3, Sonia Arosa, en el 4 Guillermo Fernández y en el 5 Ana Cores. A partir de ahí le siguen, por este orden, Marta Prado, Amancio Varela, Raquel Pazos, Ana Belén García, Fernando Mayo, Ángel Meis, Alejandro García y Sandra Martínez.

“PROPOÑEMOS A POSTA NO MERCADO DE ALUGUEIRO DE CASAS BALEIRAS”

Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?
Foi unha lexislatura perdida. Diría que se caracterizou por unha xestión ineficiente dos recursos e por unha visión cortoplacista á hora de traballar. Non se tomaron medidas de calado pensando no futuro de Meaño, en frear a perda de poboación, ou en mellorar os servizos públicos. Ademais, hai plantillas cun persoal que está lexos de ser suficiente, como acontece coa Policía Local ou o Servizo de Asuntos Sociais. Sorte de ter contado con máis diñeiro ca nunca da Deputación para obras e actividades culturais. Daríalle o mérito do peche do palco na Praza do Concello, pero sei de primeira man que tal mérito reside no esforzo da directiva da Banda de Música, especialmente da súa presidenta.

Que o moveu a dar o paso para encabezar (ou volver a encabezar) a lista?
O grupo que me rodea, a ilusión por conseguir que a xente nova poida vivir en Meaño se así o desexa ao decidir independizarse, a motivación por reclamar e axudar a garantir a mellor atención e os mellores coidados para a xente maior, querer construír un concello moderno no que sexa doado conciliar, formarse, divertirse… A clara convicción de que Meaño ten potencial para moito máis, e o non querer resignarme a que siga quedando atrás respecto a concellos veciños.


Lista do PSOE na área recreativa do Muiños de Ferreiro en Lores


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras ou actuacións concisas; non empregar máis de 8 liñas nesta resposta; resalte o que queira.
En infraestruturas, hai que reclamar á Xunta para Meaño un Centro de Día, ou estudar a posibilidade de contar con un de xeito mancomunado con algún concello veciño. Debemos modificar amplamente o PXOM para darlle seguridade xurídica a particulares e empresas e para poder ampliar o parque de vivenda no concello. Incentivaremos a posta no mercado de alugueiro de casas baleiras, axudaremos a ser competitivos aos nosos comerciantes na medida en que o precisen, e promoveremos o emprendemento en Meaño. Acercaremos actividades de ocio para todos os públicos a todas as parroquias, previo acondicionamento térmico e acústico das Casas de Cultura, e crearemos un Plan Cultural que garanta unha programación ao longo de todo o ano. E por suposto, estaremos sempre ao carón de todas as entidades culturais e deportivas de Meaño.
Que mítines lles quedan por apurar nestos últimos días?
Agora pola noite (por martes 23 de maio) ás 21 horas estaremos na Casa de Cultura de Lores. E mañán mércores (por día 24) pecharemos na terraza exterior do Muiño da Chanca en Dena, as 21 horas.


Coa presidenta da Deputación en Dena

Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o acalde corresponderarlle á corporación: Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?
Estamos centrados en conseguir un bo resultado, que nos faga fortes e nos permita, con garantías, protagonizar o cambio que precisa Meaño.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e outra rexeitaría?
Hai tanta incertidume nestas eleccións que creo sinceramente que ninguén está centrado en botar contas e aventurar pactos. Correría o risco de perder un tempo valioso que nós estamos empregando en presentar á veciñanza un proxecto ambicioso, sensato e necesario para o cambio, que ten que darse.


domingo, 21 de mayo de 2023

 

conversas.com

Suso Sueiro Méndez
Candidato do PP á alcaldía de Meaño

Natural de Ganón (Xil), e vinculado a unha familia que emprendeu o seu negocio en Dena de man do do avó Joaquín Méndez a súa mítica ferretería, Suso  Sueiro é o alcaldable do Partido Popular en Meaño. Actualmente rexenta unha sección de “Dolmen”, rexentado entre os tres irmáns.

 

“ESTAMOS PECHANDO ACORDOS COAS CONSELLERÍAS PARA OS NOSOS PROXECTOS EN MEAÑO”

 

Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar?

Vimos de pasar por unha lexislatura controvertida, na que o Partido Popular perdeu a súa representación na corporación municipal por decisións desacertadas por parte do actual alcalde e o seu grupo. Por outro banda, creo que é totalmente reprochable a falta de xestión e proxecto político de Carlos Viéitez. Para min, os “proxectos” realizados son cortoplacistas. Non hai unha planificación de cara o futuro. Non hai visión do mañán a medio e longo prazo. Carlos Viéitez estivo facendo política de fai 40 anos.
Que o moveu a dar o paso para encabezar a lista?
Por unha banda, a responsabilidade de ser o presidente do PP en Meaño. Neste eido non podía permitir que o Partido Popular, históricamente o máis votado con diferencia en Meaño, quedara sen presentar candidatura. E, por outra, o feito de ver como Meaño está quedando á cola dos concellos do Salnés: en crecemento, en infraestructuras, en turismo, etc. O feito de que os únicos investimentos destacables nesta lexislatura, foran asfaltados di moito nese senso da política que lembre a de esa 40 anos atrás que dicía.


        Foto de época: o avó Joaquín Méndez, e Suso Sueiro de neno, na mítica Ferretería Méndez en Dena

Do seu programa electoral: destaque unhas claves e de obras e investimentos
Serán prioritarios dous equipamentos: un, construir un Centro de Día amplo para terceira idade, que é unha necesidade vital, pero xa, para os nosos maiores. E dous, construir o ansiado multiusos ou auditorio, pero co compromiso de intentar unha opción A, que temos en carteira: ubicalo nunha zona céntrica na parroquia de Meaño. Esa opción imos a agotala para tratar de que revirta directamente no centro de Meaño: un proxecto atrevido, céntrico, do que poida sentirse orgulloso todo o municipio. Os terrenos da pendente do monte de A Toxa, quedaría como opción B, onde, día de hoxe e despois de catro anos, aínda non ten nada. E para o Centro de Día, a proposta é mercar para tal fin o antigo hotel en Axís (Simes). Coa súa compra, conseguiriamos ademáis retirar da ruta dos muiños un edificio abandonado, que afea o entorno. Se non fora posible a compra, loitaremos pola construcción dun novo Centro de Día noutro espazo, e en vista temos tamén unha opción B sobre o que, polo intre, cabe reservarse. En medio ambiente: un plan de recuperación da ría de Dena, para devolverlle a Meaño este espazo dun gran valor paisaxístico e biolóxico. Non podemos darlle as costas ao mar, cando o temos. Logo, crear o Parque da Natureza, un espazo ao aire libre onde disfrutar da natureza, desde o respecto ao medio ambiente, con zonas de esparcemento, pequenas roteiros, plantación de especies vexetais autóctonas… E vertebrar territorio, dende a ría a ata ó resto de parroquias con roteiros de sendeirismo.

Para todo isto: tan importante e ir baixo o paraugas do partido que goberna na Xunta?

Na práctica, moito. A política é como a vida. Cantas máis relacións e máis portas abertas teñas, máis opcións de prosperar. E nós témolas xa, estamos procurando traballar a campaña de cara a xente, pero tamén estamos a falar para pechar compromisos coas consellerías. Os proxectos de Carlos Viéitez costaranlle avanzar. O seu será un camiño tortuoso na Xunta. Nós imos polo liña recta. Para iso hai que ter empatía e capacidade negociadora, algo que a Carlos Viéitez fáltalle e fáltoulle nesta lexislatura.
Perdón, pero: xa ten pechados compromisos coa Xunta?
Xa nos xuntamos nestos días con Encarnanción Rivas, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e onte sábado (por día 20 de maio) con Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, que accedeu a nosa petición, e visitou Dena e Meaño, o coñecer de primeira man a apertura dos centros urbanos: in situ comprometeu asesoramento, instrumentos de actuación e celeridade para avanzalo desde a súa Consellería. E esta semana estarán tamén en Meaño a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Chus Lorenzana, buscando o seu compromiso para Obradoiros de Emprego en Meaño para parados maiores e de longa duración, aos que temos que axudar. E logo, Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude para acadar un acordo verbal para o Cento de Día que levamos no programa. A Xunta anunciounos un gran interese en apoiar e relanzar Meaño. O votante debe decidir: priorizar o alcalde que ocupe o sillón, ou priorizar os proxectos que se fagan realidade e que avancen en liña recta na Xunta.


Suso Sueiro e o seu equipo, sobre o terreno en Dena coa conselleira Ánxeles Vázquez onte sábado (por día 20)


Cales son os mítines que lle quedan para esta segunda e última semana de campaña?.
Hoxe domingo doblaremos sesión. Agora, pola mañán, ás 12 horas toca mitin en Padrenda; e pola tarde, ás 20,30 en Dena, no Centro Social. Logo toca completar o luns en Cobas, o martes en Xil, o mércores en Dena o o peche, o venres en Casa Rodiño en Meaño.


Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o alcalde correspóndelle á corporación: Presentará vostede candidatura a alcaldía, no caso de acadar representación con co independencia do número de concelleiro?

Non quero adiantar acontecementos, polo momento. Pero se me vou presentar á alcaldía é, por suposto, porque me sinto capacitado para rexentar o concello. O meu equipo máis eu, imos a loitar pola maioría. Pero si non a houbera, o máis lóxico sería que me postule como alcalde independentemente do resultado. O pleno de investidura é o reflexo da realidade política en cada momento. Se hai unha lista con mellor resultado que o PP, esa lista gobernará en solitario, en coalición, etc. Pero si queremos amosar o desacordo político, o normal será que me postule, para que o meu grupo me apoie, e non vote en contra de outros grupos nen se absteña.
Unha reflexión: Tendo en conta que no 2019 non había maioría absoluta de ningunha lista, o que sucedeu, para min, non tivo sentido. Se como candidato/a de un partido con representación na corporación, non te postulas, tal como como ocuríu co PSOE de Meaño, e ademáis votas en contra das outras candidaturas, estás facendo unha abstención: ven sendo algo así como “nen quero ser alcade/sa, nen quero que sexa ningún dos candidatro outros grupos”... Para que serven os votos da cidadanía que a esa agrupación? Para que te presentas á alcaldía, ou non?.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla e outra rexeitaría de partido?
A miña agrupación e máis eu, saímos con gañas e forza para loitar pola maioría. Como o resultado é unha incógnita. Polo de agora estamos volcando no noso tempo en pechar aocordos para que os nosos proxectos arranquen xa neste mes de xuño se o PP goberna en Meaño.
 




viernes, 19 de mayo de 2023

conversas.com

Diego Rosal Chaves
Candidato do BNG á alcaldía de Meaño


Iniciamos aquí, por entregas, unha entrevista marco con cada un dos candidatos a alcaldía de Meaño, que accederon a contestar. O obxectivo, achegar cada proxecto ao lector. Dentro dun parte de días (domingo 21) nova entrega. Empezamo con Diego Rosal Chaves, que é o alcaldable do BNG ás municipais no concello de Meaño. Cercano e afable,  fai que calquera conversa con el discurra a gusto. Titulado Grao Superior de percuión, éoñecido pola súa vertente musical, non en van exerce como meste en diversas escolas oficiais e integra desde sempre a banda Unión Musical de Meaño. 

 

“O ÚNICO QUE VIN EN MEAÑO SON POLÍTICAS CON PROMESAS QUE NON SE CUMPREN”


Faga un balance da lexislatura que vimos de rematar. No plano político: que se pode recoñecer como mérito do actual alcalde e que se lle pode reprochar? 
Eu sempre digo, que o único que vin sempre en Meaño son “políticas” pensadas para catro anos, a curto prazo, e con promesas que nunca se cumpren. Penso que Carlos Viéitez presentouse ás anteriores eleccións nun partido político xa en horas baixas, e con certas tensións internas. Pensaba que ia “arrasar” por estar onde estaba, pero as cousas xa estaban cambiando. Os veciños valoran a implicación das persoas que queren traballar por Meaño con honestidade e tratando a todos por igual. Para min é moi sinxelo de ver. Agora toca saír á rúa e ilusionar a todos cun novo modelo de concello. (Diego Rosal, na foto)
Que o moveu a dar o paso para encabezar a lista?
É algo que pensei moito, a verdade. Sen dúbida, cando levas toda a vida aquí e só ves o teu futuro aquí, ves que moitas cousas seguen igual e sen perspectiva a longo prazo. Estou convencido de que a política, sobre todo a política que está máis preto da veciñanza, serve para mellorar a vida das persoas. E con esta idea, e polo amor e admiración que sinto polo noso, e por todo o que me rodea, síntome na obriga de comezar esta nova andaina na política municipal.


Do seu programa electoral: destaque tres liñas de actuación e un par de obras ou actuacións
No relativo ás infraestructuras a nosa proposta é conectar a Área Recreativa dos Pasales co centro de Dena e coa Senda do Río da Chanca ata Lores. Precisamos un espazo cultural para todas as asociacións culturais do concello que se proxecte en base ás necesidades de todas elas. Debemos crear un servizo de transporte municipal que conecte as diferentes parroquias. É imprescindible aumentar o investimento destinado aos servizos públicos mellorando o Centro de Día, a Escola Infantil Municipal, para que non quede ninguén fóra, e queden todas as necesidades cubertas. O programa complétase coa protección do patrimonio material e inmaterial e o coidado do medio rural, que caracteriza o noso concello.

Candidatura do BNG meañés na noite de inico da campaña electoral

Cales son os mítins qu lle quedan ao BNG en carteira?.
Mañán sábado (por día 20 de maioo) estaremos en Lores, ofrecendo un mitin ás 21 horas en Casa Rosal. Logo, este domingo 21, o mitin central no entorno da capela das Angustias en Xil. En Simes, o día 24 na praza pública; o 25 en Padrenda da Casa de Cultural; e o 26 mitin de peche de campaña no Campo da Feira en Meaño. Todos eles en horario de 21 horas.

Nas eleccións a cidadanía elixe a corporación, que non o alcalde. Elexir o alcalde corresponderalle á corporación: ¿Presentará vostede a súa candidatura a alcaldía, en caso de acadar posición na corporación? En caso de non cristalizar alianza previa: presentará vostede candidatura a alcaldía independentemente do número de concelleiros que teña a súa formación?

Eu preséntome á alcaldía de Meaño, polo tanto presentarei a miña candidatura a alcaldía. Certo é, que o número de concelleiros que che dea a veciñanza o 28 de Maio dentro da corporación, pode situarte en diferentes frontes. Nós temos todas as gañas e ilusión de liderar e gobernar Meaño, e chegaremos a acordos cos que vexan o futuro de Meaño como nós o vemos. Nós presentámonos con toda a vontade de negociar e cambiar o rumbo deste concello, esixindo sempre o mellor para o benestar de toda a veciñanza.
En caso de que non haber maiorías absolutas: por onde van os posibles pactos? Que alianzas baralla de partida e outra rexeitaría?
Como dixen antes, o taboleiro da corporación pode ser moi complexo. Todo mundo sabe con quen non pactaría o BNG, e todo mundo sabe cales son os aliados naturais do BNG. Tamén quero deixar claro que as listas independentes tamén teñen que posicionarse, e ver se queren chegar a acordos coas agrupacións máis progresistas da corporación, ou seguir alongando máis outra lexislatura sen proxecto e ideas para o futuro de todas e todos nós.



sábado, 13 de mayo de 2023

HEMEROTECA: Desde aquí retrotaémonos a xuño de 2019, cando un asiduo lector deste Ventanuco, e veciño de Meaño (do cal, como entonces, omitimos nome a petición del mesmo), remitía entonces a través da rede esta carta ao presidente do goberno, Pedro Sánchez. Unha misiva que, a par, enviaba por correo-e este portal para compartir desde aquí cos lectores a súa desazón pola posición do PSOE meañes de, como "el perro del hortelano: no come ni deja comer": non quería presentar candidato a alcaldía, e votou en contra dos outros dous que se presentaban ¿? Na práctica era un xogo de trileiros para permitir que o PP collera a alcaldía en base un pacto "de facto" PP+PSOE, e que o novo alcalde recoñecía na sesión, nada máis acabar de coller a vara de mando. Unha carta a que nos referimos e que, nestas dúas entradas con vista atrás, ante a cita electoral, pode resultar de interese voltar a ler para reflexionar. Como empezaba a canción de Patxi Andión: "A quién corresponda..."


Estimado Señor Sánchez:

Nunca tanto he sopesado una decisión como la que, con gran pesar, he tomado y con esta misiva le doy a conocer.

Es un problema de dos partidos? O más?
Desde que con unos diez años (a principios de los ochenta) viese una pintada en una pared en mi pueblo, Meaño, que rezaba «vota AP» y le preguntase a mi madre que qué significaba, su respuesta caló tan hondo en mi, que formó en ese mismo instante la línea de lo que, a la postre, sería mi forma de pensar, mi forma de ser, en definitiva, mis principios. Sólo me dijo “esa es la gente que tiene dinero, y que no quiere que los que somos pobres algún día lleguemos a tenerlo o a ser algo en la vida”.
Palabras sencillas y puede que excesivas, venidas de una mujer trabajadora como seguramente usted no pueda llegarse a imaginar. Que, como la gran mayoría de las mujeres de su época, sacrificaron su vida para darle lo mejor a sus hijos. Que vivieron la emigración, lejos de sus seres queridos para poder labrarse un futuro que en este país se antojaba imposible. Y sus palabras se vieron magnificadas por el recuerdo de ver llorar a mi padre, estando en la emigración (porque sí, Señor Sánchez, yo estuve hasta los seis años viviendo con mis padres en un país extrajero). Y comprendo ahora la razón de sus lágrimas.

A partir de ese instante quedaron establecidas las directrices ideológicas de mi pensamiento, que años más tarde me llevarían a optar por el partido que ahora usted preside.
Efectivamente, Señor Sánchez. Desde que pude ejercitar el derecho más grande que nos ha dado la democracia, mi voto se ha decantado siempre por el partido que usted ahora preside, aun estando muchas veces en el límite de coincidencia de principios. Esos mismos que usted tuvo cuando, dignamente, renunció a su acta para no votar a favor de los herederos de la pintada a la que me refería en el inicio de mis palabras. Acto del que debe enorgullecerse; acto del que me he enorgullecido, al igual miles de personas. Coherencia y principios: Una rara avis en nuestro país.
Sin embargo, mi pueblo, como si nunca se hubiese borrado esa maldita pintada, vota mayoritariamente a sus herederos que, salvo con agrupaciones independientes en elecciones municipales, jamás han perdido una sola elección, fuere del tipo que fuere.


Edificio del concello de Meaño
Y este 2019, tras dieciséis años consecutivos de dominio conservador, se abre la posibilidad de introducir una bocanada de aire fresco que regenere años de conservadurismo y ostracismo. Que devuelva la ilusión. Que permita medrar a mi querido pueblo. Un partido independiente (con cinco ediles) y el partido por usted presidido (con dos), frente a los seis conservadores, tienen una oportunidad única de colaborar para cambiar el futuro.
Un partido que, aunque independiente, está formado en una parte importante por simpatizantes del partido que usted preside y que han optado por esa opción (lo reconozco, yo también), por ser la única viable para poder cambiar el gobierno municipal.


Felicite usted a sus dos candidatos (por cierto, no afiliados al partido que usted preside) y, por encima de todo, a Doña Icía García Fernández, Secretaria de su partido en Meaño y Vicesecretaria General de Igualdad en Galicia, así como su director superior, Don Gonzalo Caballero Míguez, por haber conseguido algo inaudito en Meaño a partir de ahora: poner de acuerdo a todo un pueblo a la hora de votar al partido que usted preside.
Y es que, y finalizo ya, esa es también mi decisión: NO VOTAR  más a un partido que ha traicionado lo más sagrado: LA CONFIANZA. Me siento abatido, defraudado, confundido, triste. No lo entiendo Señor Sánchez. De verdad que no lo entiendo.
Nos ha abocado (sí, usted, como último responsable) a tomar una decisión que nos rasgará el alma por el resto de nuestros días. Pero, entiéndalo. Sé que me entiende. La traición no se puede perdonar. Usted, en mi caso, tampoco lo haría.

Estará leyendo el presidente esta carta?
Después de muchos años, nuestros caminos deben separarse. Pero antes, permítame un consejo: cuide mucho los colaboradores que elige, puesto que ya lo dice el refrán: "a manos de traidores, perecen buenos servidores".
Tras el día 26 de mayo, nos sentimos alegres y exultantes por haber obtenido un resultado que permitía poner fin a 16 años de hegemonía conservadora, pensando en la lógica colaboración entre independientes y el partido por usted presidido. Sin embargo, ha querido el destino que los principios sean escasos en este mundo, y que pocas personas sean agraciados con ellos. Yo me considero un hombre de principios. A usted lo considero un hombre de principios. Pero desgraciadamente esta consideración, ni mucho menos puede hacerse extensible a la formación local de su partido.
Entendería que se negasen a pactar por principios, por cuestiones programáticas, por cualquier motivo razonado. Pero lo que no puedo alcanzar a comprender es que lo hagan por afán de venganza personal que, a día de hoy, es la única que mueve la negativa a pactar. Pero, sobre todo, lo que más duele son los modos con que lo han hecho: mintiendo, engañando, faltando al respeto e insultando. Su partido, mi partido, no es así.

Y a usted lo considero un buen servidor… pero tengo principios.

Atentamente.

************************

Sobre o "pacto de facto" PP+PSOE, aquí o documento probatorio:




Patxi Andión: "A quien corresponda..."





sábado, 6 de mayo de 2023

AS PALABRAS E OS DÍAS (HEMEROTECA): Hai momentos nos que toca repescar as palabras esquecidas e as promesas incumplidas. Como di o refraneiro, sempre sabio: “cada un é dono dos seus silencios e escravo das súas palabras”. E as palabras de 2019 nesta entrevista, en campaña electoral das municipais daquel ano, cabe voltar a lelas para decatarnos da realidade que nos toca vivir agora. Polo demáis, xulgue o lector. NOTA: Se algún lector pon en dúbida das palabras aquí reeditadas, podemos facilitarlle por privado o audio desta entrevista. Para iso contacte connosco a través do correo-e a poloventanuco@gmail.com.


 Carlos Viéitez Fernández

Partido Popular (ano 2019)

Segunda entrevista con uno de los alcaldables meañeses. 
La candidatura de Carlos Veiéitez a la alcaldía del PP meañés se oficializó el 22 de enero, si bien se mascaba desde hacía meses, máxime tras la renuncia de Lourdes Ucha en diciembre de 2018 a repetir una candidatura a la que se había reafirmado ante mismo en verano para acallar la fractura abierta en el seno del PP meañés. Natural de Xil, Carlos Viéitez  ejerció como juez de paz en Meaño desde hace once años, vinculando también su labor a la Mancomunidade do Salnés. Ya lo tentara MI para integrar su lista en 2015, una decisión que aparcó hasta enero de 2019 para decantarse por ser cabeza de lista del Partido Popular. 


“DENA CONTARÁ CON UN MULTIUSOS PARA LOS CONCIERTOS DE LA BANDA"

Carlos Viéitez Fernández,
alcaldable del PP
¿Cuáles son las líneas maestras de su programa?
El programa se centra en dos ejes. Por una parte, el mejorar los servicios municipales, abaratando los precios que pagan los vecinos y, pensando en los mayores, construir un Centro Social Polivalente en Dena, porque el de Meaño empieza a estar saturado. Y el otro es de contar con una brigada permanente para actuar en el rural, porque el 80 por ciento de nuestro municipio es rural, brigada que iría rotando su trabajo de mantenimiento por las siete parroquias: desbroce, limpieza, bacheo, agua…
Resalte una actuación por parroquia que esté destacando en ese programa de mítines por parroquia que vienen realizando los cuatro en liza.
No cabe una medida concreta por parroquia, porque el nuestro es un proyecto municipal. Y para el municipio pensamos en un plan para comunicar todas las parroquias por acera, mejorar de seguridad vial con pasos de cebra, bandas reductoras de velocidad, paradas seguras para el autobús. Luego dinamizar las casas de cultura parroquiales, apostar por proyectos con energías renovables, mejorar la cobertura wifi y extender la iluminación led, mejorando sobre todo la iluminación led de la 550 a su paso por Dena, para donde se precisa más luminosidad por farolas porque la actual es débil.
¿Aparcan ustedes el auditorio, o una instalación equivalente, para los conciertos de la banda de Meaño u otros, cuando los demás sí apuestan ahora por esa iniciativa?
Lo que proponemos es una solución de urgencia: ofrecerle a la banda un local de ensayo amplio, que pasaría por acristalar el palco de la Praza do Concello con paneles móviles, y ganar así un espacio acondicionado térmicamente, mientras que abajo tocaría tirar un taquique para conseguir locales más amplios. Luego, abogamos por construir en Dena un Centro Multiusos, que albergaría en el futuro ese tipo de conciertos, si bien la sede de la banda segurá siendo Meaño.

Candidatura al completo del Partido Popular en Meaño (2019)

Centro Polivalente y Centro Multiusos, ambos en Dena. ¿Tienen terrenos en vista?
Sí, se trataría de adquirir terreno y reordenar urbanísticamente una parcela de 12.000 m2 que existe en Ponte-Dena, detrás de la línea de edificios y donde se vienen celebrando las fiestas.
¿Propone comprar esos terrenos?
Lo que proponemos es comprar una parte, luego reordenar la edificación resultante, teniendo en cuenta que, mediante el convenio existente, la promotora tiene que ceder ya de por sí una superficie considerable para urbanizar. Esa reordenación la tenemos ya diseñada (nos muestra a FARO DE VIGO la propuesta en pantalla).
¿Está pactada la compra con la promotora?
Sí, está hablado y acordado.
Supongo que hablaron de precios.
Sí, pero no procede entrar en ello, pero sí conviene aclarar es que no se trata de comprar 12.000 m2, sino un parte de ese terreno, y hacerlo a un precio razonable. Ese terreno estaría destinado a la construcción del Centro Social Polivalente más el Multiusos en Dena.
El vertido de las residuales del polígono de Nantes que llegar a la EDAR de Os Pasales a través del colector meañes, colapsado en invierno, es una polémica abierta. Lourdes Ucha parece haberlo dejado stand by. ¿CuáL es la propuesta de Carlos Viéitez sobre el particular?
La propuesta es actuar primero con la separación de pluviales. La información que manejo a día de hoy es que la conexión del polígono de Nantes al colector de Meaño, que había sido durante años provisional, es ya definitivo. Luego toca buscar un acuerdo con Sanxenxo para habilitar un colector de mayor capacidad, pero tiene que ser un acuerdo que beneficie Meaño, y que nos permita construir una senda fluvial por la ribera del río por la que discurre el colector.

Viétez Fernández en una de sus alocuciones
durante la campaña (2019)
En su visión de la legislatura usted entiende que ha aumentado la crispación.
Sí, en los casi doce años que ejercí como juez de paz, Meaño era un concello tranquilo, pero la situación se crispó en los últimos cuatro años en que se ha venido haciendo un modelo de oposición que no comparto.
Se refiere a Meaño Independente.
Sí, efectivamente.
¿No cree que a esa crispación contribuyó lo suyo la crisis interna dentro del PP meañés en este último año,  al punto de evidenciar esa división interna?
De esa época no tengo información, que a buen seguro se me escapa mucha. Yo puedo hablar por después del 22 de enero, que fue cuando asumí ser cabeza de lista. A partir de ahí me propuse tres cosas, por este orden: lo primero coser y unificar el partido, luego crear un buen equipo, y tercero ir reuniéndome en la parroquia con los diversos colectivos para escuchar al vecino y conocer la realidad de su localidad. Solucionar los problemas de los vecinos se ha convertido en mi prioridad.

El PP ha gobernado Meaño con mayorías absolutas desde 2003. Estas se presumen más igualadas sobre el papel, hasta el punto de que el PP pueda perder esa mayoría. En el caso de producirse, ¿por dónde pasarían sus opciones de pacto? ¿Traza alguna línea roja?
Yo asumí este proyecto con el objetivo de repetir una mayoría suficiente, y esa mayoría pasa por repetir, cuando menos, los siete ediles que tiene el PP en la corporación.
En un concello tan pequeño como Meaño y con cuatro en liza, la ley D’Hondt tiene carga añadida que hace que cada voto pese en exceso. Una diferencia entre bajar unos 10 votos y subirlos el contrario, puede suponer dos concejales: el que pierde uno y que gana el otro. Supongo que lo han estudiado muy de cerca.
Sí, en concellos pequeños tiene mucho peso, por esa razón tenemos que pelear cada voto.
Valore a los alcaldables que rivalizan con usted, a ser posible con una frase: José Manuel Aspérez…
No, no. Por mi parte no sería posible emitir una valoración con certeza plena, puedo equivocarme. Mejor no, no quiero pronunciarme.


**************************

NOTA ACTUAL: Na entrevista publicada estos días en Diario de Arousa, en relación ao multiusos en Dena, reza textualmente: "Inicialmente proxectámolo para Dena, pero cando accedín á Alcaldía pedíronme que non quitara a banda de Meaño". Señor alcalde: se vostede en 2019, tal e como se le nesta entrevista de 2019, nunca dixera que "ía quitar a banda de Meaño" (aparece remarcado en cor laranxa arriba) Por que se contradice e defende o seu erro de programa con outra mentira? O que cabería explicar (se pode), é a razón de por que baseou a peza angular do seu programa de 2019 na gran mentira do multiusos en Dena. E por que volta a mentir agora dicindo que na banda pedíronlle o que vostede NUNCA dixera?. Aclárese, por favor.

Con respecto á  conexión polígono de Nantes ao colector de Meaño, en 2019 era provisional (enlace de obra), e non definitivo, como afirma o rexidor nesta entrevista. E, a día de hoxe (2023), segue a ser provisional (salvo decisión truculenta que se tapara nesta lexislatura). O resto é mentir de base. Sr. alcalde: pode topar no arquivo municipal o documento emitido polo concello de Meaño que acredite que é definiva? Compróbeo. Ou fíase (ao mellor) do que lle dixera/ou di Telmo Martín?. Ou ten Telmo Martín esa concesión definitiva de mans do concello de Meaño? Seguro que non. A cidadanía meañesa, como a de calquera outro pobo, non se merece ser enganado así por parte do seu goberno. Unha mágoa!