sábado, 29 de abril de 2023

 

Tal e como anunciábamos fai uns días, achegámonos aos grandes problemas que temos diante dos ollos en Meaño. Compre que os candidatos a estas eleccións poñan mans a obra (non ao papel), e que aporten propostas de actuacións contundentes en aras a solucionalos. O primeiro, o problema demográfico que, de contribuir a minimizalo, expandirá outros eidos. O segundo, o medio ambiente do rural sen conciencia ecolóxica.


 
O MEDIO INCONSCIENTE


Pensado no Meaño do futuro, cabe enfrontarse ao problema medioambiental. A falta de concienciación, se cabe más laxa do rural, axuda a que o goberno local, irresponsable, actúe de xeito impune sen medir as consecuencias, e sen adoptar solucións, por poder éstas semellar impopulares e restar votos o 28-M. Non se atreverán a falar disto, ou pasarán en puntiñas cun paráfado aderezaos con vaguedades e palabras ben postas sobre un asunto no que nos xogamos vida. Faltará valentía para afrontalo?
Nos anos 90, pasaba por un vertedeiro no monte Fontefría, que non foi doado selar, e moito costou concienciar aos poderes para actuar en consecuencia. Ambientalmente era un erro cuestionable, aceptado socialmente como un mal menor, pero que hoxe, 30 anos despois nunca se aceptaría. O tempos cambian. As mentes tamén.
 

Punto incontrolado e endémico en Viliguín

Urxencias medioambientais en Meaño
¿Cales son esas frontes abertas ante as que cabe actuar?


VERQUEDOIROS INCONTROLADOS:
Seguen aflorando, pese a existencia dun punto limpo. Non traballamos de xeito constante na concienciación (se traballaran nese ámbito o partido de quenda, tal e como fará nesta campaña electoral, o asunto solucionaríase en gran parte). A servizo de recollida de enseres que, tras moito insistir, acabou avíndose a crear o goberno de Carlos Viéitez, para poñelo a disposición un pírrico día por mes, resulta baladí. Pregúntese o lector: sabe que existe tal servizo? E se sabe que existe: coñece en que día do mes lle pasarían a recoller os voluminosos? (Se a resposta e "
nonW, decatarase do absurdo da medida, dun servizo aprobado, pero nen divulgado.
 

Polígonos agroforestais diseñados para o monte de Meaño

2. O MONOCULTIVO DO VIÑEDO: A irrupción de grandes grupos foráneos na D.O. Rías Baixas supón un risco enorme. Esos grupos actuarán unicamente por interés meramente económico (non  ético, social ou mediambienta). E para iso ampáranse nas “mordidas” ao noso monte que avanzan por doquier coa creación dos chamados “polígonos agroforestais”, ferramenta impulsada polo propio Carlos Viéitez e o seu goberno (que o concelleiros nen coñecían que era iso de “polígonos agroforestais”, asunto que o rexidor mesmo ocultou).
A existencia desos polígonos agroforestais foron denunciados desde  este mesmo Ventanuco para que os cidadáns (e os políticos municipais, tamén os da oposición) tiveran información. Foi só partir de aquí, cando os grupos de oposición (PSOE e MI) puxéronse as pilas e interesándose por un atropello medioambiental que lograron (teóricamente) frear, de momento.


Eran sete polígonos agroforestais en Meaño que, de cristalizar, suporían comerlle ao noso monte 210 hectáreas ou, o que é o mesmo: 35.000 ferrados!. Deles só un polígono era proposto polo Consello Regulador, tratándose neses caso da modida para reconvertir a viñedo a zona de monte que discorre entre Paradela e O Pedroño, caíndo cara o río Chana de á autovía do Salnés. Outros cinco (entre montes de Meaño, Xil, Lores, Simes e Cobas) foron unha proposta que o alcalde Carlos Viéitez, expresamente, pediu ao Consello Regulador foran incluidos.
E logo un séptimo e último, que conlevaría reconvertir todo Penaguda en viñedo que, (oh, misterio!), nen Consello Regulador nen alcalde se explican, porque os dous argumentaban que ninguén deles o pediu. NOTA: Esta última información está estraída da xuntanza mantida por representantes das tres forzas políticas (non adscritos, MI e PSOE) co secretario xeral da D. O. Rías Baixas, mantida en 2022 no salón de plenos para explicar a situación xerada.

 


3. FITOSANITARIOS: Ao ritmo de aplicación masiva e descontrolada de fitosanitarios a un viñedo que medra por doquier, vai poñer en dúbida se Meaño, dentro de 15 anos será un lugar idóneo para vivir. Quizáis xa, ao mellor, é un motivo para non atraer poboación. Prima que a regulación da aplicación de fitosanitarios sexa unha prioridade do goberno local, liderar este movemento, anticipándose a creación da “Plataforma (Cidadá) polo Regulación de Sulfatos”, que naceu con centro en Meaño, e demandar esa regulación (que corresponde) as administracións superiores. Carlos Viéitez, coa aquiescencia dos seus edís que mesmo descoñecían a situación (todos sabemos que os verdadeiros “concelleiros” que deciden neste goberno non se sentan nos sillóns do pleno), foi o único que, de momento, non accedeu a manter unha xuntanza coa Plataforma Cidadá (xuntanza que si mantiveron no seu día PSdeG-PSOE, Meaño Independente e BNG).
 
REDUCION DO LIXO: Reducir o lixo depositado nos contenedores verdes convencionais, contribuiría a un aforro económico e enerxético. Deben saber: o lixo dos contenedores verdes convencionais (orgánico) é o único que supón un coste ás arcas públicas (e ao peto do cidadán). O envases e plásticos do contenedor amarelo, o cartón do azul, e o vidro do iglú verde autofináncianse, e dicir: retirar es lixo das nosas rúas non nos custa diñeiro.
 
FONTES E ACUÍFEROS: A contaminación crecente de fontes e acuíferos, require cando menos, medidas de control e información transparente aos cidadáns. Nesta lexislatura o rexidor Carlos Viéitez silenciou durante o que puido os datos das últimas analíticas, e só accedeu a facilitalo cando, por rexistro, este medio, facendo uso do dereito cidadá, solicitou o resultado das analíticas que, esta vez si, acababou facilitando os datos (non quedaba outra). Pode ler a información do acaecido coas últimas analíticas e o silencio de Carlos Viéitez, divulgado neste Ventanuco pinchando no seguinte enlace:
 https://poloventanuco.blogspot.com/2021/10/coneceen-meano-as-non-aptas-para-o.html
  
Propostas de actuación

Tampouco aquí, ante un problema grave, global e que afecta (cada vez máis) a todos os veciños deste concello, caben medias tintas, senón que se precisa dunha actuación contundente e decidida para invertir a situación que se cerne. A propostas, madurada e reflexionadas, desde aquí son estas cinco:
 
1. Derogar “de facto” a creación de polígonos agroforestais, a fin de evitar a merma de monte a costa do emprego de máis toneladas de fitosantarios, precisas para tratar esos 35.000 ferrados de viñedo a maiores. Aínda que o pleno aprobou a fin de novembro de 2022 esa derogación, a día de hoxe non existe confirmación oficial de tal resolución, e o visor da Xunta mantén os sete polígonos.
 
2. Regulamento municipal en obriga da separación do lixo no municipio de Meaño, prohibición de emporcar a rúa, e poñer en valor o servizo de recollida de enseres a domicilio (ofrecido, se existen peticións, a razón de unha vez por semana). É o regulamento necesario para atallar un problema crecente, e que ten moito máis senso que o regulamento que PSOE propuxo nesta lexislatura (asómbrese!) para reducir os ruidos en Meaño (asunto bizantino este, para un Meaño rural, onde, o ruido: é realmente un problema? Pero a moción aprobouse cun conchabeo ruborizante entre PSOE e o grupo de goberno “non adscrito”, para logo non redactalo). Compre un regulamento medioambiental conciso que contemple a obliga da separación de lixo nas casas, e ser verquido logo cada cal nos contendores axeitados. Un documento que prohíba, algo tan lóxico, como ensuciar a rúa con cabichas, papeis… (como fariamos en calquera casa, e as rúas do municipio de Meaño debemos sentilas como de tod@s).


Punto limpo de Meaño 


En consecuencia, esre documento deberá establecer o réxime sancionador correspondente (e contundente), cuia vixiancia corresponde -como en calquera regulamento municipal- á policía local. Un corpo este último que, precisamente, este goberno quere cercenar, cando, precisamente, desa policía municipal precisamos para o cumprimento dos regulamentos municipais, porqué o a policía local é único corpo policial ao que lle compete isto  (nunca poder ser competencia da Garda Civil).


Se o facemos ben, e reducimos o lixo, rebaixamos a factura en Sogama, amortiguamos o coste da taxa do lixo e aumentamos a calidade mediambiental do municipio. Cal é o coste económico desa medida? Nada. Sé e unha cuestión de vontade, de mera vonte. Pero: con que mentalidade afrontará o alcaldable o goberno municipal? Co de interese propio para perpetuarse no sillón, ou para ser o cirurxán que opere pensado exclusivamente na súa misión ética do interese público e o futuro de comunidade como tal? Para dentro de 15 ou 20 anos: queres un Meaño limpo ou sucio? Sostible ou contaminado ata a médula, para que logo detrás fuxa a economía?
 
3. Abandeirar  a demanda, ante a Xunta e autoridades españolas e europeas, a aprobación dun regulamento para a aplicación de fitosanitarios, con gallo de normativizar aplicacións máis sostibles e controladas, e a fin de favorecer a convivencia entre sulfatadores e “sufridores”.  As xentes e concellos da D.O. Rías Baixas, por volume de aplicación de fitosanitarios, deberían ser, por sáude pública, os máis interesados de España (ou de Europa) en demandalo. E os concellos (Meaño, no que nos toca) liderar ese movemento.
 
4. Vixiar, analizar a informar de xeito transparente sobre a situación de fontes e acuíferos, repetindo probas cada catro meses naquela fonte (ou dúas) máis socorrida/s en cada parroquia, podendo realizar no resto unha analítica anual, para que non supoña un coste económico gravoso.


Amianto do pavillón de deportes As Covas-Meaño

 
5. Catalogar e empezar a afrontar o desmantelamento controlado do amianto nos edificios públicos, ao que obriga a lei, catalogación que debía estar feita, como tope neste mes de abril por parte dos concellos de España (e ao que o goberno local de Carlos Viéiez, nen se puxo, e iso que llo demandaron en repetidas ocasións).
A partir de aí, tocaría alentar e coordinar o desmantelamento de amianto en obras privadas similares, coordinando a contración cunha mesma empresa en varios domicilios. Actuar de xeito conxunto, e cunha mesma empresa, suporía acceder a unha mellor oferta. E, máis aínda, a rebaixa vería dada ademáis ao reducir o coste do porte, realizando un transporte que saque o máximo partido rendemento da capacidade do camión. Para incentívalo, estes portes podían contar incluso con pequenas axudas municipais para fomentar o acollerse a esta iniciativa que, propoñemos, poida ofrecerse dúas ou tres veces por ano, no caso de contar cun mínimo de interesados que decidan acollerse ao progarma.
 
Cinco ideas, con investimentos mínimos, nada gravosas para a política municipal. As ideas voan libres, sen ataduras, sen máis coste que ler, reflexionar e interiorizar cada quen coas suas particularidade para deseñar o Meaño do futuro. Pensando nunha fronteira de 15 ou 20 anos, as solucións deberían empezar precisamente agora, para ver logo o froito. O político local decide. O lector, o día 28 de maio, tamén. Cabe pensalo un chisco: ou non?
  
 

 

miércoles, 26 de abril de 2023

 A Cova do Trasno: THE CANDIDATE (3)


Terceira entrega de “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio con que se atreve a  Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño, co obxecto de levar ata ti o que ninguén fai. Un encontro sen cortapisas, con naturalidade, nun formato e nun ambiente diferente para facer chegar a ti a faceta humana e política de cada candidato ás eleccións do 28 de maio en Meaño. 

Este venres día 28 de abril, ás 21,30 horas, na Casa de Cultura en Meaño, atreverase con este formato, Pablo Portas Ucha, candidato de PSdeG-PSOE, que se avirá a respostar ás preguntas e tomar nota das opinións que o público lle dexexe facer chegar
 

Cuarta e última cita: 5 de maio (venres): Suso Sueiro Méndez
(PP, 21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño)

NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández (Veciños de Meaño).


Aquí deixamos a testimuñas dos Encontros celebrados ata o de agora:


Con José Manuel Aspérez, candidato de M.I. (domingo 23 de abril)



Con Diego Rosal, candidato do BNG (venres 21 de abril)



sábado, 22 de abril de 2023

A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE” (2)  

            

Segunda entrega de “A Cova do Trasno”, o foro de debate e coloquio con que se atreve a  Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño, co obxecto de levar ata ti o que ninguén fai. Un encontro sen cortapisas, con naturalidade, nun formato e nun ambiente diferente para facer chegar a ti a faceta humana e política de cada candidato ás eleccións do 28 de maio en Meaño.
 
Mañán domingo, día 23 de abril, ás 12 do mediodía, na Casa de Cultura en Meaño, atreverase con este formato, José Manuel Aspérez Montes, candidato de Meaño Independente, que se avirá a respostar ás preguntas e escoitar as opinións do público.
 
Onte venres, 21 de maio, abría este ciclo Diego Rosal Chaves, alcaldable do BNG. Foi o primeiro e deixar neste foro algunhas das súas perlas para pensar. Mañán domingo, Aspérez Montes. Logo seguirán, co calendario seguinte, o candidatos que referimos a continuación:
 
28 de abril (venres): Pablo Portas Ucha
(PSdeG-PSOE, 21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño) 


5 de maio (venres): Suso Sueiro Méndez
(PP, 21,30 horas, salón de actos da Casa de Cultura de Meaño)


NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández (Veciños de Meaño)


E aquí deixamos un par de instantáneas do Encontro con Diego Rosal








miércoles, 19 de abril de 2023

 

A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE” 

            

A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño retoma unha nova entrega do ciclo “A Cova do Trasno”, un coloquio e foro de debate para chegar a ti, sen trampa nen cartón. Antes, co radón, cos fitosanitarios... e esta vez atrévese coa política municipal. En catro entregas, vai presentar, entrevistar, e o público poderá preguntar, opinar e departir, con cada candidato á alcaldía de Meaño para o vindeiro 28-M, que aceptaron a invitación que lle foi trasladada a todos. Tempo por sesión: 50 minutos.
 


Neste formato aberto, pensado unicamente en ti, o candidato non se presenta, presentómoscho nós; o candidato non sermonea, escoita; o candidato non da un mitin, contesta; o candidato non arenga, atende; o candidato non se agacha, enfróntase. Neste formato, o candidato non é o protagonista, o protagonista es ti. Sen suxestión da masa (palmeiros), sen trabas, con plena libertade e a transparencia que outros negan. Porque da política municipal tamén podemos falar de xeito civilizado, sen pelusas, para que ti coñezas por ti mesm@. Sen máis pretensión. Porque a asociación G.A.M., de xeito altruista, só pensa en facer o mellor para ti… Desde febreiro de 1989! 

Esta vai ser a única ocasión en que poidas coñecer aos candidatos de xeito diferente, onde podes participar. Convidámoste a sorprenderte. O obxectivo, contribuir a normalizar unha política municipal que outros encenden de xeito sectario, actitudes que cabe erradicar e non alentar. Nos pretendemo amosas pode facerse doutro xeito. Con absoluta normalidade.

Aquí, deixamos os días, datas e horas destas catro entregas, todas elas no salón de actos da Casa de Cultura de Meaño e con entrada libre ata completar aforo: 

21 de abril (este venres): Diego Rosal Chaves, BNG (21,30 horas)

23 de abril (este domingo): Jose Manuel Aspérez Montes, Meaño Independente (12 horas)

28 de abril (venres): Pablo Portas Ucha, PSdeG-PSOE (21,30 horas)

5 de maio (venres): Suso Sueiro Méndez, PP (21,30 horas)

NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández, Veciños de Meaño


Panorámica de Meaño desde a Carballeira de Teixe





 

domingo, 16 de abril de 2023

  A VERDE É A COR

Desde este Ventanuco quixemos estar en Porriño para alentar e arroupar ás xogadoras verdindegras do Inelsa Solar Asmubal, e non perdernos un desos fitos discretos para a humilde historia deportiva meañesa. Había que estar aí para poder contalo (e lembralo), e así o facemos.

Orgullo de poder compartir un soño con toda esa gran familia do balonmano, con esas xogadoras que o fixeron realidade vindo desde Brasil (Carol Fajardo), desde Arxentina (Agustina Ballada, Sofía Arangio), desde Valladolid (Eli Méndez), desde Lalín (María Currás), outras baixando desde Santiago… para sumar coas de Meaño, Vilalonga… E facernos felices, esquecendo por un intre esos tragos amargos que nos depara da vida. Agradecer o altruismo dunha Xunta Directiva -cunha perseverante Silvia Lobato, á fronte-. E aplaudir a un Juan Costas, que se veu a reencontrar coas raíces meañesas, rodeado do seu equipo técnico por Pablo González (segundo), e os brasileños Thiago (coordinador deportivo) e Felipe (preparador físico e editor de vídeos para sesións de entrenamento). A máis aínda: a axuda escura de xente, a presenza sempre ao pé na grada, de Rafa, que apadriña a un sponsor como Inelsa Solar que alumea máis que nunca, suma e se compromete en Meaño como poucos.
 

A marea verdinegra apoiando en Porriño


O deporte supera fronteiras e une por enriba de todos. Fainos compartir ledicias e mesmo o poder consolarnos xuntos cando chegan as agrias derrotas. Moi por enriba da política, que abnegado goberno local ve nisto. Isto só é BA-LON-MA-NO. Nen máis, nen menos. En Porriño só vimos aficionados aplaudir a rabiar, sorrir, aporrreando bombos, bocinas, coreando os goles, as paradas de Lorena, cada roubo de balón e cada opción de posesión que tiñan as verdinegras. Este equipo merece moito máis do que recibe de arriba. Tocaría aprender destas xogadoras cando as ves competir: un equipo de guerreiras, raíñas do sorriso dunha afición, que pelexan, anímanse, encoraxínanse, vacíanse, e ao final, exhaustas, danse a man e abrazanse coas xogadoras rivais. Algúns policastros meañeses ben poderían aprender do deporte. Nós, polo nosa banda, seguiremos a facelo.

O equipo ao final do partido

 

O INELSA SOLAR ASMUBAL RUBRICA UNHA LIGA PARA A HISTORIA

 
PORRIÑO, 18: Lago e Begoña, María Groba (2), Amarilla (5), Romero, Pereiro, Blanco, Rivero, Marta Groba (4), Carla, Barreiro, Marta (6), Tasar (1) y Raimúndez
INELSA ASMUBAL, 30: Ligero e Caneda; Agustina (3), Arangio (5), Sabela (7), Fajardo (4), Currás (3), Cores (2), Vera (1), Eli Méndez, Miniño (3), Rey (2) y Vanesa.
Árbitros: Santamaría López e González Martínez. Sen exclusiones polo Porriño; e exluiron por dous minutos a Fajardo (min. 13) polo Asmubal.
Resultado ao descanso: 10-13.
Incidencias: Partido pertencente á vixésimo sexta e última xornada de liga. Pabellón Municipal de Porriño, 150 espectadores.

Gañou o Inelsa Solar Asmubal e rubricou unha liga para enmarcar. No primeiro tempo, o equipo estivo atenazado polo nervios no ataque, precipitado e impreciso, cunha Eli Méndez que esta vez non vía porta. Pero a defensa, encomiable e liderada polo tándem Vanesa Domínguez e Carol Fajardo, atopou esta vez cunha dóce Lorena Ligero en portería para facelas fortes. E na grada, estivo arroupada por unha marea verdinegra entregada. Amén do 2-1 inicial, un parcial de 1-5 deulles a dianteira ás meaañesas (3-6), e que xa non cedería en adiante.

Un remate para enmarcar

O  partido decidiuse no inicio da segunda parte. As verdinegras tiveron o seu momento dóce cara a porta, mentras atrás maniataban mellor á pivote porriñesa para abrir renta de de 6 no 35’, e logo de 10 no 43' (13-33). Superado, o Porriño, e falto a motivación para ir a por o partido, o rival baixou o brazos e deixouse ir ata o final. No que quedba por diante os dous técnicos aproveitron para dar minutos a todas a xogadoras.

Mañan luns o Asmubal coñecerá rival: o primerio paso, unha eliminatoria para filtrar os que entrarán na segunda fase de ascenso. Os tres do bombo son o Roquetas Almería, o Mixlata Valencia e o  Zarautz vasco. Un deles será o rival e visitará primeiro Coirón o vindeiro fin de semana. E logo partido de volta a domicilio no último fin de semana de abril.
O técnico Juan Costas advirte a extrema dificultade do envite: “imos medrino a equipo profesionais ou semiprofesionais, deseñados para pelear e cheo o ascenso a Ouro, e nós somos un equipo humilde recén chegado, que viñamos á División de Prata como convidado e co obxeto de manter a categoría, e aí arriba estamos”. “Facianos ilusión -agrega- poder ofrecerlle a nosa afición, que o merecía, un partido extra en Coirón, e iso facemos o vindeiro fin de semana, no que queremos que Meaño respire balonmán polos catro costados”.

A luz que namora en Meaño














 

viernes, 7 de abril de 2023

 

Tal e como anunciabamos na entrada anterior, achegámonos aos grandes problemas que temos diante en Meaño. Compre que os candidatos a estas eleccións poñan mans a obra (non ao papel), e que aporten propostas de actuación contundentes en aras a solucionalos. O primeiro, o problema demográfico, que contaciará a outros eidos. 

A PIRÁMIDE MEAÑESA CÁESE


O envellecemento da poboación en España, e Galicia en particular, anunciábase a fins do anos 80, cunha antelación de 15-20 anos. Desde fai unha década estamos metidos xa na espiral que se acentúa nos últimos anos. O cortoplacismo desta partidocracia, que non ve máis alá dos catro anos, céganos. En Meaño, tamén. Chegado o caso, as consecuencias dese cortoplacismo aceptaranse como un mal inevitable. Aquí propoñémosche ver máis alá, alimentar o espíritu crítico desde esta información.
 


Pirámide de poboación, Meaño 2022

Un análise da actual pirámide demográfica de Meaño ponnos en alerta do problema crecente, e ao que urxe procurar solución. A estas alturas non se trata de prevención, senón de actuacións concretas e decididas para tentar poñer solución a un problema ao que, de por si, xa chegamos tarde, tirando o tempo (e o pingüe remanente de tesourería) neste último mandato de catro anos. Un goberno local desta lexislatura que non levantou a mirada nunca do asfalto, para mirar arriba, e ao futuro das xentes de Meaño como comunidade que somos.


O municipio de Meaño acadou o máximo histórico de poboación en 1987 con 5.987 habitantes (a piques do 6.000). Nos anos 90 xa se vislumbraba o cambio de tendencia, rexistrando o máximo da década en 1995 con 5.575 meañeses. A entrada do século XXI confirmouna de cheo, agudizándose aínda máis nos últimos anos. Hoxe somos 5.292 habitantes, achegándonos aos 5.271 que eramos en Meaño… En 1940! Tal e como marchan as cousas, dos case 6.000 de 1987 estamos preto dos 5.000… En menos de 30 anos!. Perder esos 5.000 habitantes sería baixar un chanzo na concesión de subvencións das administracións, isto é, pasariamos a recibir menos diñeiro e, á postre, traducirse na baixa de investimentos e servizos.
Pero unha análise detida da nosa pirámide apunta datos aínda máis preocupantes. Aqueles 5.271 habitantes de 1940 pouco teñen que ver con 5.292 de hoxe. Aquela, entonces, unha poboación xoven, que era a maioría da base da pirámide. En 2022, e aquí vai o dato, 1.701 meañeses teñen máis de 60 anos, isto é, o 32,14% ou, na práctica, 1 de cada 3 meañeses teñen xa 60 anos ou máis. O envellecemento a poboación agrava o problema no que estamos metidos.


O número de matrimonios en Meaño augura a tendencia

 
O futuro
A pirámide de poboación é o gráfico que nos permite analizar a estructura da poboación por grupos de idade e sexo. Pero tamén ten outra utilidade, da que tiran os xeógrafos: anticipan o futuro. Así pois, voltando a nosa pirámide, concluimos que, para dentro de 15 anos acadará os 60 anos o chanzo de 45-49 anos, e logo o de 40-44, ambos os máis grandes da pirámide (ver foto arriba). Traducido en datos: para dentro de 15 anos, a poboación de 60 anos ou máis, acadará en Meaño unha cifra 2.300, sobre a que cabe descontar a mortandade media nesos grupos de 45-49 anos e 40-44, que nos levará, cando menos, a un número que ronde os 2.000 (é dicir, tendo en conta ademáis a merma demográfica iremos camiño de que case o 40 por cento do poboación terá esos 60 anos ou máis).


 
Así as cousas, a tendencia indica que Meaño terá un poboación cada vez envellecida, á que cabe atender e dar servizo. Polo intre, desde fai 17 anos, Meaño conta cun Centro Rural Polivalente de atención á terceira idade, que abría as portas no anos 2006. Desde entonces veu funcionando en base ao “Plan Concilia” da Xunta, un centro que, desde fai anos, está completo. Esta instalación non pode ofrecer respiro familiar a máis de 20 personas por tarde, nen por espazo nen persoal. Durante este último mandato, o goberno Carlos Viéitez non moveu un ápice no senso para mellorar o mesmo que Meaño ofrecía en 2006.


Proxecto comprometido en 2019 por Carlos Viétiez, e nunca acometido, que incluía o Centro Social Polivalente en Dena

Pero máis. No seu programa electoral de 2019 figura, textualmente, baixo o epígrafe de “compromisos”, o de “construir unha gran área social cultura e lúdica no centro de Dena, dotada con apacardoiro, unha gran praza, un edificio multiusos e un Centro Social Polivalente” (ver arriba foto do programa electoral en 2019). Neste tempo, nada, nen en Dena nen en parroquia algunha. O papel aguántao todo nas campañas electorais. E así veu funcionando un sistema de por si insuficiente no presente, non digamos para o futuro, tendo en conta o que nos ven enriba nos vindeiros 15 anos.
Cales son as propostas para contribuir a solucionar esta encrucillada? Desde aquí, apuntamos dúas vías, as cales deben ser complementarias, que perfilamos a continuación, apuntando solucións concretas, se queren estimalas os políticos locais, a quen corresponda.


Atención aos maiores
Construir un Centro da Terceira Idade, amplo e digno, que combine a estadía de día e pernoctas, a xeito de respiro para dar cobertura ás ausencias familiares. É dicir, que a estadía de noite sexa só ocasional, non podendo superar un número de noites por ano, poñamos por caso, un máximo de 30 por ano. Serviría como desafogo para que, ante viaxes profesionais, descanso vacacional ou similar, a familia poida recurrir a este servizo para non deixar ao maior en soidade, e que poida ficar esa semana, esos días, ao coidado, en compaña de conveciños, e no ambiente do seu pobo. No caso de que a xestión laboral dese centro, entendérase como un cargo desmesurado para a administración local, suxerimos valorar recurrir a un  modelo de cooperativa de traballo asociado, impulsado no seo do propio municipio. (foto arriba: Centro Social Polivalente de Meaño)
 

Natalidade e poboación nova
A outra vía de actuación é incentivar a natalidade e establecemento de parellas xóvenes no municipio meañés. Iso pasa, primeiro, por unha opción de vivenda da que, neste intre carece o municipio. A remodelación do PXOM acometida con urxencia xa no primeiro mes desta lexislatura, visto o visto, non tiña prácticamente outro obxecto que servir aos intereses industriais. En ningún momento se pensou na xente de a pé, e máis aínda na poboación xoven. Urxe abrir urbanísticamente o centro Dena, abandonar o plano lineal que se impón arredor PO 550, que está agotado fai anos e que bloquea Dena. Compre abrir algunhas rúas que desbloqueen ese centro lineal. Só así poderase abrir a posibilidade de construir e ofrecer vivendas en réxime de aluguer (ou propiedade) para atraer a esa poboación xoven. A este paso xa chegamos tarde, estragamos un mandato e unha reforma do PXOM sen sacar partido real dela. Por que razón, no mesmo tramo de anos analizado desde 2014 en que Meaño perde poboación, Ribadumia no só se sostén, senón que medra? A razón é que Ribadumia atrae poboación moza, dato que corrobora a súa pirámide, con seu chanzo máis grande no de 40 a 44 anos, e os fillos que se desprenden del (poboación que empeza a asomar con certa solidez na idade escolar). Ribadumia atrae poboación porque ofrece vivenda, o cal Meaño, non fai. Un motivo máis para que pasemos ao furgón de cola nestos últimos anos.


Centro de Dena

O outro camiño para incentivar o asentamento de poboación xoven non pasa por esmolas que o goberno local ofrece por neno nado. A esmola pública que concede Meaño creouse en 2018, e a inutilidade evidenciouse pronto. Ilustrámolo aquí co dato 2022, no cal se asignaron 1.850 euros dos 5.000 presupuestados, e iso que, á última hora, no intre de asinar esas partidas, incrementouse a cuota por neno para non deixar o reparto de cartos en menos de 1.000 euros. Cre vostede, en realidade, que algunha parella decidiuse por ter un fillo en 2022 pola esmola municipal a xeito de cupón do Carrefour?
A nosa proposta é abolir directamente esa esmola, ao terse demostrado ser un xesto baldío. Ninguén vai ter un neno, nen moito menos mover á familia (que a familia non é un auto), e trasladarse a Meaño, por se dentro dun ano deciden ter un neno e así acceder á esmola.
 
As propostas para incentivar o asentamento da poboación xoven en Meaño han de ser contundentes. Para tal fin suxerimos:
Educación gratuita na Escola Infantil de Meaño 0-3 anos (sen valorar as rentas, puro e duro), e no material a empregar, para os nenos a familias censadas en Meaño.
Subvención do 80 por cento os estudios musicais na Escola de Música Municipal de Meaño para os censados no municipio de Meaño.
Servizo ludoteca e verán e nadal, máis campamento de verán para escolares gratuito para os censados no municipio de Meaño
Descontos engadidos para pais/nais/avós e avóas nas actividades municipais para familias con nen@s con menos de 10 anos censados en Meaño (é dicir, que a descontos redunde tamén, de xeito inditecto, no resto no núcleo familiar).

Campamento Musical 2015, momento da partida

 
Investimento social
A medidas aquí propostas supoñen diñeiro, un investimento, e como tal deberían contemplarse nun capítulo de novo, baixo o epígrafe, “investimento social” (e presupuestarse como tal no capítulo de investimentos). Poida que alguén vexa ese gasto municipal como unha carta aos Reis Magos. Non é un gasto: é un investimento nas persoas, que ten por obxecto acadar un fin. Este investimento non é asfaltar un camiño, o cal se fai en dous meses e se ve, non é unha meta que se acadará nun ano, senón que é preciso ser constante, e  para dentro de 8 o 10 anos empezar a ver asomar o froito do sementado. En boa lóxica, este investimento social, vai supoñer restar investimento a bens materiais. Vostede, polític@ cortoplacista: que é o que ve?
Economicamente, bastaría con privarse, poñamos por caso, de 179.470,39 euros que se van pagar por un dos tres proxectos de camiños que están en marcha neste 2023 (algúns en estado xa de por si aceptable), o que unido aos 50.000 euros que aforramos de esmola (a razón de 5.000 por ano durante dez anos) darianos para cubrir o investimento das persoas durante unha lexistatura (ou máis). É que, como na economía familiar, o diñeiro é limitado. Todo é unha cuestión de prioridades. Cal é a súa, cortoplacista?