Mostrando entradas con la etiqueta Creación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creación. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de agosto de 2025

Bagatela nº 2


¿Quién ha dicho que estoy loco?
Mi pluma camina sobre el folio con serenidad, en silencio, a pesar del cansancio que siento en mi mano. Mi mente todavía se esfuerza en entender, en discurrir cada oración, cada palabra, a pesar de esta calma infinita que mina mis nervios. Mis ojos, ojerosos, se abren a la nada para adivinar el espejismo de tu cuerpo en la oscuridad del cuarto. Mi boca sonríe, con una sonrisa agria, pero sonríe. Mi sangre corre por mis arterias al compás de los latidos de mi corazón y llega a acariciar los desvanes más oscuros de mi cerebro.
 
¿Quién ha dicho que estoy enfermo?
Si tiemblan mis manos, es por el frío de tu recuerdo que emerge de mi estéril fantasía. Si lloran mis ojos es porque no soy capaz de desesperarme en el mucho tiempo de que dispongo para hacerlo. Si mis labios no pronuncian palabra es porque durante muchos años se han acostumbrado a conversar con el silencio. Si mi cuerpo se estremece en la noche, es porque ha rozado el vientre desnudo de la soledad. Si mis piernas no caminan, es porque ya no tienen dónde buscarte. Si mi corazón late deprisa es por romper la aburrida monotonía de los segundos.
 
He tirado tus cartas, todas tus cartas por el suelo para verlas esparcidas. He parado el reloj para que su tic-tac estruendoso no profane el silencio de la habitación. He apagado el flexo para que su luz no ciegue los ojos de la soledad. He abierto la ventana, a pesar de la tormenta y he dejado que las gotas de lluvia salpicaran mi rostro para evocar el sabor dulce de las lágrimas. He borrado los dos últimos versos de aquel poema que tanto te llegó a gustar.
 
Mientras, cada segundo pasa inexorablemente y con la rapidez del segundo. La hiedra trepa por la pared hasta alcanzar tu ventana. Las heridas se cierran. Los valores se pierden. El miedo se mete en el cuerpo. La sangre se hiela. Los miembros se entumecen. La muerte ronda los arrabales. La mente se enfrenta sola a un espacio vacío, desconocido. Los hombres lloran… Y yo, perdido en medio del tiempo, en medio de la nada, en medio de cada parte, voy de orilla en orilla, como una piedra rodando entre los rápidos de un río. 
 
Hoy siento que detrás de ti, detrás de ti no hay nada, amor. Soy sólo un error… Quien me espera es la marea del tiempo de largo dominio. Anclaré mi alma flameante y me quedaré agazapado velando para poder darte la mano cuando a ti te toque cruzar.


Santiago de Compostela, 1988



 

domingo, 18 de diciembre de 2022

LLEGARÁ…

Cuando sea viejo caminaré despacio y encogido por el parque, metido dentro de mi abrigo gris, viajaré en excursiones para la tercera edad organizadas por algún ministerio, mi mesita de noche estará llena de medicinas –me tomaré el jarabe después de la comidas, como de costumbre-, seré tan sólo un sombra para los que me rodean, cuando no un obstáculo. Leeré con dificultad la letra pequeña de los periódicos, asistiré indiferente a los partidos de fútbol por televisión, escucharé mis discos -mis viejos discos entonces- en los atardeceres de invierno… solo. Lo malo va a ser cuando apague la luz y me quede a solas con mi mente. ¡Ah! Entonces cuánto tardaré en dormirme!... Cuantas lágrimas caerán de mis ojos recordando el momento en que ahora escribo.


Santiago de Compostela, 1989




lunes, 31 de octubre de 2022

 

Aínda que semelle un conto, este relato non o é. Resposta a historias reais, vividas polos protagonistas e recollidas por segunda ou, en casos, primeira man en Meaño. Aínda que as explicacións que lles podes dar sexan diversas, casuais, científicas ou quen sabe qué, o certo e que foron vivencias tan insospeitadas como estremecedoras para os que as padeceron. Unicamente, a fins de evitar feridas e malentendidos permitinme mudar os nomes (ou quizáis algúns nomes), ligazón familiar ou mesmo alterar os toponímicos no espazo.


 
NUN MUNDO PARALELO
 

A relación co mundo máxico do alén sempre agochou a teima soterrada entre o ben e o mal. Para uns foi legado (sen buscalo) o don de percibir os sinais das ánimas que, cando rematamos físicamente, mantéñense flotando no universo. Viven en mundos parelelos que non percibimos cos cinco sentidos biolóxicos. Tan só entramos neles ao finar.
Cada familia garda os seus segredos. Cada aldea, o seus medos. Con máis de tres décadas contando historias, sucesos, crónica política e demáis do pobo, nunca me atrevín escribir das vivencias que rozan co alén. Cando un se achega en exceso, perde a perspectiva. As verbas prenden. Temo que ese mundo máxico faga que a mente asome a un paso da tolemia.
Cada quen ten unha misión. Quizáis agora, a de contar os segredos legados, que neste intre escribo. Non estamos ti e máis eu, apostados xusto aquí, diante deste ventanuco, por casualidade. Todo está escrito. Agora, liberados os protagonistas do mundo dos vivos, quizáis cómpre contalo.

 

Manuel
Lembro ben aquela noite de novembro, en que a choiva arreciaba fóra e que quedaramos sen luz. Unha vela metida na botella de cristal iluminaba o hule da mesa. Tiña uns 10 anos. Daquela o avó Porfirio contoume o que lle pasara o seu fillo maior, Manuel. Só unha vez, por moito que llo pedira en adiante, nunca máis a repetiu. Un episodio que se remontaba a un mes de xuño de fins dos anos 40.
O tío Manuel regresaba de Xil despois de segar o centeo en Eiravedra. Metido na noite, portaba o fouciño na man, e na outra unha bolsa de cereixas. Atallou polo monte, cando a néboa asomaba. Foi preto da Farraca onde empezou a percibir aquel cheiro a cera. Inquedo, mirou cara atrás e viu achegarse no aire unha recua de figuras bretemosas, encapuchadas, montadas a cabalo, que semellaban flotar e ao que non se lles vían as pernas, nen as patas aos equinos. Con voz lúgubre, a coro, susurrábanlle “monta Xoán, monta Xoán”. El, nen era Xoán nen comprendía ren. Parado, frotou os ollos, pechounos forte, como agardando espantar a visión. Máis cando o fixo, os xinetes viñan cada vez máis preto… Virou, apurou o paso propoñéndose non mirar a atrás, cos ombreiros encollidos como agardando que algo fora cairlle enriba dun intre a outro, mentras trazaba cos dedos das mans a figa e empezaba a marmullar unha letanía en latín que lle ensinara da avóa Dolores.


O tío Manuel, que finou fai pouco, voltoumo a contar xusto dous días antes do pasamento. “Eleváronme no aire -dicía-, eu pasaba rozando os toxos coas miñas canillas, mentras un me dicía ‘non mires cara a atrás, no mires cara atrás’. A boa fe que non o fixen. E así fumos pasando por cada cruceiro, mesmo por algún que non vira nunca, ata rematar por guindarme na entrada da Feira, co fouciño e a bolsa de cereixas no chan medio esparexidas”.


Manuel chegou lívido ao Torno. Cando abreu a porta, tía Elvira non daba creto: coas canillas espiñadas, apenas balbuceaba. Daquela, o tío acompañouno á Casa de Abaixo en As Covas. Tío Manuel perdeu a fala durante tres días. Temían que non a recuperara nunca. Durante eses tres días, gardou cama, tremando febril. Daquela non lle contaron o que sucedera na noite que lle seguira: o tío que o acompañara, finou ao cair do cabalo cando baixaba da Ventosa. Desbocado, “Moro”, cun golpe do casco fendeulle a testa ao tío Xoán.
Recuperado do trance, seguiu vivindo outros episodios menores, sempre aterecido polo medo. Ata que a avóa Dolores colgoulle ao pescozo unha cruz de Caravaca que fora bendecida polo cura Don Xermán no Corpiño. Desde aquela tío Manuel, puido ficar, vivir e, á postre, finar en paz.



Consuelo
Anos máis tarde, outro episodio lévame a máis preto no tempo, na persoa da tía Consuelo, baixiña ela, cunha pañueleta que sempre levaba cubríndolle e pelo cano. No seus anos mozos, ficara un tratamento psiquiátrico nun hospital de Santiago, e un atropelo que, por un intre, asomouna ao outro mundo. Cando os médicos a reanimaron no hospital, despois dun shcok que a tivera morta durante uns minutos, preguntábanlle: Que viches, Consuelo?”. “Nada, non vin nada”, repetía ela a cada quen.
Foi xa entrada en anos, cando tía Consulo empezou a sufrir os desacougos. Ela percibíao, nunca soubo interpretalo… Ata que as cousas viron a cadrar. Marcárona dous trances turbadores, que mesmo eu escoitei da súa propia voz. O primeiro sobreviulle a fins dos ano 70, cando este país estaba pechando a transición política, e Xermán acaba de ser reelexido como primeiro alcalde de Meaño. Tía Consuelo baixaba de noite polo camiño da Solda, cando se atopou cun alumeado exuberante de guirnaldas, con luces vermellas, azuis, verdes de amarelas, arredor da casa de siña Benilde de Pintos. Moi inqueda, desviouse e subiu polo carreiro da Canle para afastarse  canto antes. Ao cabo, pouco despois de pasar por diante da igrexa e subindo cara á Feira, puido oír nítidas tres badaladas: dúas na pequena e unha na grande.
Chegou macilenta á Casa de Torno. Contouno tatexando baixiño na de Teruca, tremando entre medos e bágoas. A avóa Dolores, que a escoitaba sentada no tallo ao carón de cociña de ferro, torceu o xesto e dixo: “se hai finado, será muller”. Logo, Manolo “O Panadeiro” accedeu a levar no seu Seat 131 a tía Consuelo de volta casa pola pista dos Agros.
Ao día seguinte, para alivio meu, mesmo puiden ver con meus ollos, a siña Benilde, apeándose do Balea que viña de Pontevedra. Foi pola tardiña cando as campás laiaron dando sinais: dúas na pequena, unha na grande. Finara Loliña, que vivía na de Otero. Era a filla de siña Benilde, e aquela Loliña nacera xusto na casa da Solda facía 36 anos. 

Corría o ano 1989 daquel domingo 28 outubro, coa palla na leira y os últimos coletazos da esfolla do millo. No reloxo do salón soaban as 11 badaladas. Mentras, tía Consuelo durmitaba na súa casa de San Amaro, apostada na cadeira e mesa de formica ao calor de cociña, cos primeiros fríos do outono. Agardaba polo home, festeiro el, que fora á romaría de San Simón. Desa, un crepitar como de loureiro queimado sacouna da súa dormevela. Ergueuse e achegouse por enriba do fregadeiro de mármore á pequen fiestra da cociña, que daba ás escaleiras do patio. Ao intre, a uns 30 metros de distancia, puido a luz dunha fogueira escintilar por enriba do valo da eira do lado. Ao cabo dun intre, despois de tratar de buscarlle unha explicación en balde, inqueda, tremou e pechou as contras. Ben sabía ela que nesa casa non vivía ninguén desde facía tempo: o seu dono, Faustino de Quinteiro marchara para Arxentida nos anos 30. Afincado no barrio bonaerense de Belgrano, casou e fixo vida. Non voltou nunca, nen a vender as suas propiedades en Meaño. A pista perdéraselle facía anos.

Non fora doado para tía Consuelo conciliar o sono aquela noite. Nen a partir da unha da mañán, cando chegou o marido, ao que non lle contou nada do que lle acaecera antes de deitar. De mañanciña, tía Consuelo quixo saber do que vira. Agarrada a unhas herbas ben presas do valo, puxo  a súa perna sa na antalla dunha pedra, para encaramarse e pasar por enriba. Pero alí, xusto onde reparara na fogueira, a herba estaba toda verde. Ao carón, a casa semiderruida (a mesmo que hoxe está restaurada doutra man), pero sen borralla, ningún resto de fogueira, nen fóra nen dentro.
Case esquecido, o feito, xa relegado a anécdota, mudou ao pouco en trance. Na semana seguinte o cura de Dena, Xosé Soneira, oficiaba na igrexa de Meaño un funeral con cadaleito ausente. Encargárao siña Obdulia de Quinteiro na honra do irmán, Sóubese entonces que Faustino de Quinteiro finara uns días antes en Arxentina: facíao o 28 de outubro as 7 do serán… paradoxicamente, catro horas máis tarde en España.



Claudina        
Fóra xa da miña familia, ficara outra historia, se cabe, máis sobrecolledora, que mesmo me tocaría de preto anos máis tarde, e que non contei a ninguén. Atrás queda unha linaxe fidalga, vida a menos, afincada nunha antiga casona de Vilariño, logo vendida, e que hoxe luce restaurada nas mans dunha familia de Madrid. Era a fins dos anos 40, coa señorita Claudina, loira ela, e que semellaba ía quedar solteira. Pero, o que é a vida, cando máis lonxe estaba, acabou casando con D. Fermín Torreiro, home garboso que era o maior dos irmáns dunha familia podente, a cal rexentaba en sociedade unha fábrica de ladrillos e pretensados na Fianteira. Matrimonio beato, de misa diaria cada noite en Simes con Don Ramón, e cunha Claudina prendada do home. Certo que del, por detrás, dicíase de todo: despifarrador, mullereiro, malencarado e tirado a pleitos co primeiro que se lle cruzaba. Ela, contan, namorada ata a médula, tragaba con todo.
Todo se truncou para ela nunha nunha noite de San Xoán. El, que saíra a lomos do seu cabalo, adentrouse ao pouco monte, atallondo pola congosta da Sabiñela cara a Cobas. Co pretexto dun dos seus socorridos pleitos, o que facía era ir a verse para xacer con outra muller.


De regreso, ao fío xa me medianoite, albiscou un lucerío cun run run de voces e cantos no Pozo de Meigas. Engaiolado, botou pé ao chan e achegouse silandeiro polo carreiro que baixaba ata el. Ao dobrar o recodo deu cunha estampa tan fermosa como sobrecolledora: elas bailaban espidas no medio dunha xente con túnicas escuras que lle cubrían a cabeza, mentras cada quen sostiña o seu cirio, entonando un canto en lingua estrana. “Vaite, non mires atrás”, susurroulle unha voz de muller que semellou resultarlle coñecida debaixo da capucha ao pasar preto. Cando el ousou achegarlle a man destra para baixarlle a caperuza que cubría un pelo que asomaba louro, un golpe seco na sien, apagouno.


Pola mañán, Claudina semellou estremeceuse coa ausencia do home, despois dunha noite de estranos pesadelos, tan libidinosos como horrendos. Alertados, os veciños botáronse a procuralo no monte cunha patrulla da Garda Civil durante días. Foi na noite de San Pedro cando atoparon un charco de sangue seco no Pozo das Meigas, e pouco despois co cabalo preto da Armenteira. Ao cabo, deron co cadaleito de Fermín Torreiro ao pe do cruceiro da Portela, medio tapado pola silveira. Ao darlle volta ao cadáver, o sarxento Carrión deu coa horrenda estampa dun home apaleado e ao que lle faltaba mesmo a man dereita, a cal fóralle amputada cun corte cirúrxico. Unha man que nunca atoparon daquela.



Contan que Claudina velou o cadáver durante tres días na casa, ata acabar sendo soterrado no cemiterio de Simes. Sumida nuha fonda depresión, cun intento de suicido de por medio, deixou a casona de Vilariño ao ano seguinte. Marchou disque tola, e os lugareños nunca máis souberon dela… Nen tampouco da man de Fermín Torreiro.
Nunca, ata fai apenas dous anos, cando me sobrecolleu unha nova que me salpicou preto. A empresa Lucus Gallaecia, adicada ao mundo da arqueoloxía, traballaba facendo unhas catas no outeiro do Castro en Dena, para botar a andar o proxecto de construir alí un tanatorio. Na última cata, a que estaba máis preto do cumio, deuse cun mórbido achado, demoledor: os osos dunha man destra, que semellaba de home, e que portaba nos ósos no dedo anular unha alianza de ouro. O arquitecto sacoullo con tento e, cando o suxeitou facendo pinza cos dedos da súa man, entornou os ollos e leu por dentro: “Claudina, 1948”. Debuxou un aceno coa boca, subíu as cellas e encolleuse de ombreiros. Eu, que herdara aquela leira do avó Porfirio, tremei ao escoitar aquel nome. Todo cadraba, nun solo que mesmo albergaba debaixo un castro.


Abrín o paraugas porque empezaba a chover e botei a andar monte abaixo. Tampouco eu quería meterme na noite, mentras os coros de Mozart marteleábanme a cabeza en bucle no medio da néboa: “Confutatis maledicts / flamis acribus addictis / voca me cun benedictis” (Rexeitados xa os malditos / e entregados ás crueis chamas / chámame, chámame cos benditos”). A día seguinte, sen consultar con ninguén, decidín o monte á empresa. Sen unha verba para os meus. Quería afastame canto antes. Ata hoxe. 
 


ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo


A quen corresponda (de aquí ou do alén): As tres historias narradas -salvo a última- respostan  feitos reais acaecidos en Meaño. Foron recollidas para unha historia de Samaín, relatada nun claro do monte de As Covas en 2021. En lembranza do alumnado, e en apoio aos profesores do CEIP As Covas-Meaño -polo que eles xa saben- compartimolo desde aquí contigo, nesta noite e na hora bruxa (31 de outono en 2022). 
 
 

domingo, 17 de abril de 2022

Tío Matías

             Pegar tiros monte arriba nunca fora o del. Mal sabía o tío Matías que iso ía rematar así. Pero hai cousas nunca entenderei por moitas veces que más repitan.

            O único que lembro do tío Matías é o seu corpo cativeiro metido naquela vella funda azul, destintada e remendada polos xeonllos e polo cu, que herdara do finado do pai, os zapatóns grandes untados en graxa de porco e a gorra raxeada que semellaba terlle caído enriba da testa para xogarlle unha mala pasada ao seus rizos.
            Para uns era Matías “O Muiñeiro”, empolvado cada noite na fariña da maquía. Cobraba dous ras por muiñada, todos os martes e xoves, de oito a des na “muíño da Calienta”. Cando alguén non tiña con que pagarlle, fiáballe e, chegado o caso, podía acordar compensalo con xornais no maio ou na poda. Os rapaces adoitabamos enredar polo medio das mulleres, ata que  nos caía algunha zurra. Logo sentabamos quedos no chan, mirando a mó e xogando a remedar o canto da auga cada vez que tiraban da crus.



            Para outros, o tío Matías era “O Roxo”, cousa que nunca cheguei a entender daquela, pero que  soaba mal cando o dicía a mamá. Contaban que defunto do pai nunca gardaba o domingo, mentras o resto ía á misa cando estaba de mandar, e tampouco dera unha chica cando mercaran as campás á igrexa na aldea. Foi por iso que non tocaron sinais cando finou, e a piques estivo de non ser soterrado no cemiterio, porque o cura opoñíase.
 
            Tío Matías non entendía de lerias. El era como era, mais non se metía con ninguén. Non entendo porque demo acabou pegando tiros monte arriba.
             Non casou. Sei, iso si, que tivera unha moza porque a mamá ten falado do asunto na mesa. Contaba que andivera anos a namorar, e que o pai dela garbábase de que tiña reservado un carneiro para os concertos. Pero non cheou a cousa alá. O tío Matías seica confesaba na taberna: “o carneiro, ter terao, pero a lá vaille a chegar aos pés”. E así foi.
             De cando en vez soltábaselle a labia co viño. Daquela bardallaba contra os curas, contra o patrón de fábrica de ladrillo onde traballaba á horas, e contra Don Antón, o fillo de deputado, de quen dicía era un “xudas” da República.
           Cando empezou a guerra naquel verán do 36, o tío Matías seguiu maquiando como sempre, os martes e xoves, de oito a des no muíño da Calienta. Os rapaces enredabamos no muíño como sempre.


          

          Daquela, a aldea empezou a ter outra vida de noite. Ás veces, de madrugada, sentía carreiras polo noso camiño abaixo, e oía zumbar algún que outro tiro. Disque Pascual “Da Canteira”, andaba no medio do lío, e nunha mañá de bochorno apareceu morto na Zanca Vella, coa camisa desabrochada e un tiro na testa. Eu non sei ben que pasaba, pero vin a Pascual “Da Canteira” estarricado cos meus ollos.
            Algunhas mañáns, cando nos levantabamos cedo para ir co gando ao monte, o meu irmán Daniel e máis eu tiñamos visto cruceiros abatidos, o piorno do cura queimado, os badais das campás roubados, ou a cancela do adro arrincada e guindada na presa da Bouza.
            Unha noite chegaron a prenderlle lume ao concello, que ardeu case todo. A xente, alporizada, trataba de apagar o lume a caldeiros. Uns berraban coma se a vida lle fóra niso, mentras algúns proferían insultos contra os comunistas. A mamá apartoume de barullo e sentoume no chan, ao outro lado de estrada. Para min era unha festa: nunca tal lume vira!.         
         
        Mentras, o tío Matías estaba acodado na xanela da taberna, coas mans metidas nos petos, e celta sen filtro na boca a medio fumar, e a gorra calada enriba dos rizos. No dicía ren. Tiña o xesto serio, pero semelleba contento por dentro porque o ollos adoitaban delatalo sempre. Home! A min non me parecía moi ben que se aledara… Pero, a verdade, tampouco me sabía mal. Alá cada quen.
            Á noite seguinte, a parella da Garda Civil deulle o alto cando baixaba polo camiño das Ánimas. O tío Matías, que viña un chisco bébedo como de costume a esas horas, tratou de serearse cando o pararon. Estarían a ser as doce da noite.
             -         Alto! ¿Su nombre? –inquiriu un dos gardas-
Co susto, a borralla de celta, caíulle pola chaqueta abaixo, e mesmo tardou un chisco en sacudila cunha man, mentras coa outra sacaba o pito da boca.
            -         Eu… -tatexou tío Matías como cada vez que se poñía nervioso, tratando de farfullar o castelán- fai un tempo que yo non me recuerdo bien desas cosas, aínda que usté non me crea.
            -         ¿De dónde viene? –voltou a preguntarlle un dos gardas-
            -         De la casa darriba –contestou-
            -         ¿Para dónde va?
            -         Para la casa dabaixo.
        Despois de cruzar a mirada os dous axentes, un deles espetoulle a xeito de orde:
            -         Diga usted “¡Que viva Rusia!”.
            -         Se usté lo dice… pues que viva, dijo yo.
            
           Tío Matías tremaba por dentro, dubidando se o que tiña diante era Compaña e se ía a aparecérselle a Candelaria para arredalo aquela noite. O certo é que con aquelas respostas, os gardas acabárono tomando polo parvo da aldea, medio borracho xa, e deixárono ir camiño á casa de abaixo. Pero ben coidaba o tío Matías que se estaba a cocer algo, porque oira desbardallar moito a Benito de Xan na taberna, e ese, cando bebía, non sabía ter a lingua queda e largaba como un caldeireta sen fondo.
            Así foi. Aquela mesma noite petaron na porta de tío Matías cara as catro da mañán. O can non paraba de ladrar no alboio. Tío Matías, que tiña o sono lixeiro, ergueuse como unha centella e pinchou en calzoncillos pola fiestra coa roupa na man. Patexou descalzo polo corral estrado de toxo e saíu polo portal da eira. Correu sixiloso, pero como ánima que levaba o demo, porque ben sabía que vida íalle niso.
            O tío Matías andivo agachado días entre o millo. Lembro ben, como mesmo a miña nai íalle levar comida ás agachadas que baixaba nunha cestiña cuberta cun paño, e que lle deixaba debaixo do loureiro da punta da arriba de leira de Froxente.  Logo fuxiu para o monte con outros. Durante semanas, buscounos a Garda Civil, e de cando en vez escoitabamos abaixo os tiros que soaban monte arriba.


         Non voltei a velo máis. Nunca souben del. Tío Martías “O Muiñeiro” desapareceu. Coma Finso de Otero, coma Félix do Correo, Calixto de siña Áurea, Tomás “O Parajueiro”, Eliseo da Laxe ou Moncho de Arís. Como Ignacio “Da Taberna”, Esteban “O Moro” ou Raúl “O Tatelo”. E como tantos outros naqueles días.
          
  O “muíño da Calienta” ficou sen maquía todos os martes e xoves, de oito a des, a dous reais por muiñada. Pero aínda cando o miro de lonxe, quédome en chisco agardando que unha man invisible ceibe a auga do atranco, abra a porta do vello muíño e, unha vez dentro, tire de crus. Porque penso que o espíritu do tío Matías “O Roxo”, pervive debaixo da mó. E que ande!.
 
Febreiro de 1996  (mestura de anécdotas reais e imaxinarias)
            



domingo, 8 de agosto de 2021

 

Rescatamos da baúl un desos poemas infantiles escritos para xogar coas palabras para coas nenas e nenos. Compartimos aquí, este escrito en maio de 2008 pensando nel@s. Proba a recitarllo pola noitiña.


O pato nadaba no lago
paseniño, con gafas de sol,
o pato miraba para a pata,
e a pata dicía que non.


 - Que mala pata!

Que pata tan mala!

rosmaba o patiño

co pico pechado.

 


Pero a pata patosa

ferira unha pata,

patinara correndo

diante dunha gata.

 

E ela moi pancha

pensaba tan ancha:

"non podo baixar

ata o lago a xogar,

pero se subira ata aquí

ese pato pateiro

daríalle un bico

en todo o peteiro".

                                                                                                                                 (Meaño, maio de 2008)




domingo, 27 de enero de 2019

Ø  Creación literaria

Cuando sea viejo caminaré despacio y encogido por el parque, metido dentro de mi abrigo gris, viajaré en excursiones para la tercera edad organizadas por algún ministerio, mi mesita de noche estará llena de medicinas –me tomaré el jarabe después de la comidas, como de costumbre-, seré tan sólo un sombra para los que me rodeen, cuando no un obstáculo. Leeré con dificultad la letra pequeña de los periódicos, asistiré indiferente a los partidos de fútbol por televisión, escucharé mis discos –mis viejos discos entonces- en los atardeceres de invierno… solo. Lo malo va a ser cuando apague la luz y me quede a solas con mi mente. ¡Ah! Entonces cuando tardaré en domirme!... Cuantas lágrimas caerán de mis ojos recordando el momento en que ahora escribo.

Santiago de Compostela, 1989

domingo, 20 de mayo de 2018

Aquel verán do 79

Aquel verán do 79 foi tremendamente fodido. Samuel Pipas falaba del cos cóbados apoiados no mostrador e as mans nas fazulas, namentras contemplaba o cubata de coñac, medio vacío, como se dunha sesión de hipnotismo se tratara. Naquel mes de xullo Samuel Pipas perdera muller e traballo. Durante anos déralle volta ó asunto cada fin de semana, mergullado en sensacións de impotencia.
Ata entonces fóranselle debullando os anos entre as pólizas de seguros que tramitaba no traballo da oficiña, as visitas a clientes, o nudo da garabata e a película de cada noite en televisión. Atrapado naqueles contratos temporais Samuel Pipas estaba convencido de que atopara un punto de felicidade.

Pero esvaecéuselle como a néboa. Soubo dun día para outro que a compañía non lle ía renovar o contrato. Doeulle enterarse por detrás, despois de tantos anos traballando alí, e chegando a crer, coma o fixo, nos compañeiros de oficiña e no xefe de persoal. Aquela tarde, ao saír do traballo chegou á rúa coa sensación de que medio mundo se lle caíra enriba. Doíalle todo o corpo por dentro e a testa semelláballe estar a piques de escachar. Pesáballe coma o plomo a idea de que en adiante pasaría a ser un número máis naquela estadística aterradora do paro que dicía algo así como que vinte de cada cen persoas en idade de traballar que buscan emprego neste país non atopan en que. Lástima.
Samuel Pipas fundeuse catro días despois, cando a que era muller da súa vida decidíu abandoalo definitivamente. Moitas veces estivera a piques de romperse aquela relación pola que tanto loitara e na que chegara a crer de cheo. E agora, nese intre, sabíase o único culpable de tamaño desastre. Nunca se dera tanta conta do pesado que podía resultar o peso da conciencia. Samuel Pipas tiña a profunda convicción de que o destiño  estáballe a xogar unha mala pasada.


Continuamente dáballe volta ó asunto xogando a non esquecerse daquel número catro de barra de beizos Margaret Astor que tanto lle chegou a gustar nela; da marca de combinación preferida na súa roupa interior; dos versos escritos no cristal cheo de vapor do para-brisas dun coche e roubados a unha musa extravagante; da fotografía insertada nun libro do que se sentía autor; da sensación de frescor amadeirado daquela colonia que buscara por tantas droguerías para regalarlle no nadal do 78.
Samuel Pipas era un fracasado no amor. Como tantos. Pero nunca foi quen de acudir a un programa dominical de televisión para pedir axuda co gallo de recuperar a aquela muller que perdera. Semelláballe tan pouco!. En fin. No fondo sentíase un profundo imbécil, coas sete letras do abededario e coa til incluida. E o máis amargo era que se sabía plenamente consciente diso. Creo que, desde aquela, non se soportaba ni a si mesmo.

Eu sempre vía nel a un de tantos homes do bar, coa media barba de cada semana e a diaria dose de cubata nocturno. Asiduo olleador do xornal sobado polos clientes, Samuel Pipas pasaba as follas coma nun ritual, sin deterse siquera nos chistes de Quesada, que facía tempo deixaran de facerlle gracia.
De cando en vez soltábaselle a lingua co alcol e sempre acababa falando do mesmo: do fodido verán do 79. Nunca souben o que puido sentir verdadeiramente daquela, cando eu era un cativo de oito anos que empezaba a ir á catequese do defunto Don Desiderio, aquel curiña cativeiro e moi entrado en anos que nos enredaba cada tarde para darnos vales de cartón e logo sorteaba para nós, de pascuas en venres, estampiñas e libriños de santos.
Pero eu nunca me parara a observar detidamente a Samuel Pipas desde a barra do bar do meu pai. Nunca me parara ata aquela mañán dun domingo de santos, amañecido nunha espesa néboa, no que siña Flora atopouno colgado dunha corda atada á viga de castaño do alboio, morto. Ó seu pe, na lareira, a medio queimar, estaban as cartas que escribira nos últimos días, a saber para quen, e que nunca enviou.
Veu a garda civil mailo médico, pero ata que chegou o xuíz e levantou parte non o descolgaron. Naquel entretempo mirei a Samuel Pipas dende a porta do alboio cunha aceno de rabia e, entonces, coas bágoas a piques de saltarme dos ollos, por primeira vez dinme de conta de que aquel verán do 79 tivera que ser real e tremendamente fodido.



sábado, 31 de marzo de 2018

Tratado de soledad nº 7, 
segundo compás 

"¿Es éste el mundo real o un paraíso de locos?"
(“Closer To Heaven”, The Alan Parsons Project) 


Cae la noche tras el cristal de la ventana, sobre la ciudad vieja, como cae mi juventud entre el hastío del tiempo al compás de las agujas del reloj de la plaza, como cae la soledad sobre este folio en que escribo, como tu ausencia en las horas más largas, como tu cuerpo en mi pensamiento.

Llueve afuera. La lluvia cae incansablemente desde ayer. El agua corre por las aceras como buscando un resquicio de mar; la gente camina deprisa, bajo los paraguas, cautiva de los semáforos, como en un número de baile previamente ensayado; las tiendas cierran sus puertas, apagan sus luces, como en un fundido entre los anuncios de televisión. Y yo, insignificante, vivo en este espacio indeterminado que existe entre la realidad del suelo y la cúpula de ese cielo oscuro, buscando por todos los lugares de mi imaginación, recorriendo durante noches las calles más estrechas de mi fantasía, abriendo las puertas más viejas, tratando de recuperar el instante feliz... ¿Donde está ese mundo de los sueños en el que nos conocimos los dos?.

El camino de la locura es solitario y monótono. Insípido. Como una carta de amor mecanografiada, como un bar de carretera a las cinco de la tarde, como monte quemado, como tu calle sin ti. Así. He penetrado en él, desnudo, cargado de insomnio, parafraseando soledades, musitando esos versos que algún día escribiré. Y avanzo con los pasos más grandes que mis manías me permiten, con mis zapatos gastados, al ritmo de esta lluvia que cae sin parar sobre el asfalto, como pronunciando tu nombre.
       
Me escaparé de esta ciudad una noche cualquiera, porque ya no soporto la desazón que tu ausencia provoca en mi alma cuando camino en soledad sobre las piedras de las calles viejas, y recuerdo tus ojos, como mirándome; ya no soporto el frío de la distancia, como viento norte, continuamente cortando mis labios; ya no soporto tus besos en mis mejillas porque no saben a nada, ni soporto esperar inútilmente el último autobús, el de la once, que llega sin ti, que hace mucho tiempo que llega sin ti.


Mientras tanto sigo empeñado en aprehender tu risa que se desliza por entre las luces que parecen parpadear a lo lejos, tratando de acariciarme el rostro en esta noche de invierno. Pero a cada momento me sorprendo solo, en el vacío de esta habitación, bajo la luz cansada del flexo, con frases inconexas, como queriendo componer nuevos caminos en tu espalda que se dibuja en mi papel.


Otra vez la noche volverá a ser larga en tu ausencia. Me quedaré durante horas tratado de encontrar las palabras justas. Pero es inútil, amor, mis versos se han quedado dormidos, jugando con las luces y las sombras, en el jardín de lirios.
  
Tino Hermida, 21 de febrero de 1991

domingo, 10 de diciembre de 2017

 O Xurxo...
 T. Hermida (relato)

Andar ás piñas... lembro que con sete ou oito anos, nos días de escola, este era un bo choio para gañar catro pesos. A miña prima e máis eu iamos ás piñas para siña Ofelia polo monte do Freixo arriba. Toda unha tarde para arrepañar tres sacos delas. Ó voltar dábanos un peso por saco e un bocadillo de chocolate a cada quen. Cando menos tiñamos para caramelos o domingo, ou para meter no peto se as nosas nais nos roían os miolos con aquelo de aforrar. Pero ben contentos que iamos.
O Xurxo tamén empezou andando ás piñas. Era moreno coma un chamizo. Tiña o pescozo curto, os ollos grandes e a boca algo torta. Os veciños dicían que lle quedara así dun ataque de meninxite cando era cativo. Pero era espabilado coma un raio.


O Xurxo non tiña pai. Morréralle ó pouco de nacer el. Nunca o lembrou. Por iso era para os da aldea “o fillo da viuva”. Seu avó saíra da casa unha noite, como quen vai a por celtas á taberna do Chasco, e nunca voltou. Disque marchou para as Américas.Os vellos da quinta contaban que voltara a facer vida en Venezuela, onde casara de segundas cunha mulata. “O que hai que ver -refunfuñaba siña Ofelia-, ese porco por alá adiante e a pobre da muller, velliña como é, aínda anda apoucada polas leiras. Non sei como ajuantou coa vida e con ese demo”.
O Xurxo deixou a escola ós doce anos. Eu penso que prefería andar ás piñas. Era tan bo nese choio que arrepañaba ata cinco sacos nunha tarde. Eso eran, polo menos, cinco pesos é, con sorte, un bocadillo de chocolate. E sentáballe coma Deus na barriga. ¡Estaba cheo de comer patacas fritas con cebola tódalas noites!

Don Eleuterio, "O Xuruxano", era un home moi ben visto na aldea. Lembro o seu bigote tan ben posto e o seu pelo negro peiteado para atrás e sempre brilante, “nin que llo lambera a pocha tódalas mañáns” soía dicir siña Ofelia. Polo demais era un tipo xa entrado en anos, alto e cunha boa barriga. Tiña un Mercedes, desos traídos de Alemaña, boa casa e sobrábanlle os cartos, ou cando menos así o comentaban na taberna -e alí sempre se enteran de todo-. Dime a miña nai que don Eleuterio deu quince mil pesos para refacer a capela de San Andrés, o que daquela era moitos cartos. Por eso lle puxeron unha placa de mármore na igrexiña, que aínda se conserva hoxe, e que rememora tan xeneroso xesto coa parroquia.
Don Eleuterio chegou un día pola porta do Xurxo ofrecéndolle traballo. “Vexo que tes bo lombo e sei que eres de fiar -díxolle-. Podo ter un bo choio para ti de cando en vez: por cada ocasión que veñas douche cen pesos na man, e se as cousas marchan e véxote con janas, aínda poderá caírche aljunha propiniña a fin de mes”.

E así empezou o Xurxo a descargar tabaco que traían dende o praia do Facho ata o monte do Freixo. E alí, por aqueles camiños polos que un día andivemos xuntos ás piñas, choiaba agora o Xurxo para Don Eleuterio.
¡Cen pesos por faena! Aquelo sí que eran cartos. ¡Menudo choio!. 
Don Eleuterio adiantoulle algúns pesos, e co que xa o Xurxo aforrara comprou unha mobilette encarnada. ¡Moi pancho andaba naqueles días!. Quería semellar un mozo feito e dereito diante das rapazas do noso tempo. Subíanse con el na moto e pasábanno a tope. Nós escachabámonos de risa cada vez que o aire lle levantaba as saias a unha delas. Penso que ás rapazas gustáballes máis a mobilette que o Xurxo.
A el dáballe por apretar o corno e correr coma un demo naqueles días de xullo Por primeira vez, montado na sua mobilette, dáballe velocidade á vida... Demasiada.
Catro días despois o Xurxo baixaba a tope pola estreita estrada da aldea, serpenteando entre os buracos do asfalto e tumbándose, como lle empezara a coller o gusto. Pero na curva da Bouzada abríuse damasiado e deuse de cheo contra o camión do Violo que subía pola costa. Fendeu a testa contra o remolque.
O Xurxo morreu no acto. Non levaba casco. Claro que, daquela, aínda Tráfico non poñía anuncios en televisión de que era obrigatorio levar casco. Claro que, os mortos na estrada da aldea non debían importarlle ós de arriba, e Tráfico aínda non publicaba estadísticas de mortos por non levar casco. O Xurxo non foi nin un número, lástima.
A verdade é que penso que non tivo sorte. Deulle moita velocidade á vida e non agardou a ver os anuncios do casco en televisión, nin a que Tráfico publicara estadísticas.

... Aínda non sei por que demo o Xurxo non seguíu andando ás piñas.        


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo           
                     
NOTA: Relato escrito en 1995, baseado nun feito real, o dun amigo que con 16 anos finou de accidente de tráfico cando a coa súa mobilette encarnada petou contra un camión. Foron días moi duros de infancia.