sábado, 25 de abril de 2020

hemeroteca 
Rescatamos hoxe aquí e completa o orixinal dunha entrevista feita o 16 de outubro de 2003, e publicado logo en FARO DE VIGO, a Arturo Sineiro con motivo de seu século de vida. Con ela abrimos con ela o noso particular Ventanuco este semana, sexta con confinamento polo Covid-19. Desde aquí o noso apoio a todos os meañeses, e esta páxina para entreter lembrando.


Arturo Sineiro López acaba de cumprír os100 anos de vida. O vindeiro domingo os seus conveciños de Lores aproveitan a Festa da Terceira Idade para rendirlle unha cálida homenaxe nun xantar con preto de 100 comensais. Co seu século ás costas Arturo Sineiro segue sorprender a todos pola súa lucidez e o seu excelente senso do humor.

“NA GUERRA DE MARROCOS MATEI MOITOS PIOLLOS”

Arturo Sineiro durante o xantar do seu centenario
¿Que tal se atopa de saúde con 100 cumpridos?
Cansado, sobre todo das pernas. A estos anos é unha debilidade normal. Si estivera de pernas como estou de lingua (risas)... pero non me podo queixar. 
Supoñemos que ilusionado pola homenaxe do domingo en Lores.
Sí, estou contento, fun sempre a esta festa. Este ano síntome algo máis canso... pero hai un bo motivo para ir ¿non?. 
Algún é o segredo para vivir tanto?
Segredo ningún, a non ser que me axudara o moito que traballei na vida. Polo demáis a saúde foime respetando, iso é todo. Certo que non cometín excesos. Fumar non fumei nunca; ¿beber? o necesario; ¿mulleres? teño que dicir que sempre me gustaron, aínda hoxe me gusta mirar para unha boa moza. 
Pero supoño que garda algún réxime de comidas.
Como de todo, pero comida lixeira e moita froita. Non me presta o leite, pero sí me presta o par de vasos de viño tinto a comida que sigo bebendo. 
Como transcurre un día na vida dun centenario como vostede?
Como me sinto canso levántome tarde, a iso das dez. Xanto e logo boto a sesta case toda a tarde. Despois levántome para cear e regreso a cama. Durmo moito, si me deixan durmo case todo o día. 
Unha curiosidade, ¿pasou vostede algunha vez polo quirófano?
Só unha vez e estivo a pique de mandarme ó outro mundo. Foi en 1938, e todo se complicou casualmente: deume ás dúas da mañán en Lores, daquela non había coches aquí e houbo que pedir o chamado "coche de alquiler" que había en Sanxenxo; pero non estaba, esa mañán ía coma familia do notario en Pontevedra. Chegou pola tarde. Montáronme nel, e cando chegamos a Samieira pinchou unha roda. Cambiouna, chegamos a policlínica en Pontevedra e non estaban os médicos que tiveran que saír a operar a Arcade. Pensei que quedaba alí. Por fin voltaron e operárnome a dez da noite. Dixéronlle a familia que si chegaba ás doce da noite podía saír dela. E saín, e desde aquela ata hoxe aquí.
Que lembranzas conserva daquel Xil de principios de século?
Moitos. Non había luz eléctrica, nin auga corrente nas casas, nin estrada. A estrada de Xila foi aberta a pico e pala anos despois, e cada vez que aparecía un con o capataz ordeaba unha curva. Así está hoxe. Daquela recoñezo que era traste. Lembro que unha vez desarmei unha bomba de palenque que tiña o meu pai no alboio e gardei o pistón no peto. Cando fumos botar o gando ó monte un amigo máis eu plantamos lume nunha touza de toxo e guindamos alí o pistón. Como tarda en estoupar achegámonos un pouco e nese momento "boom". A min saltáronme unhas areas pero o meu compañeiro sangraba pola testa. Meu pai tivo que pagarlle a factura do médico, cinco pesos daquela, e eu rapei unha tunda que aínda me lembro hoxe.

Estivo vostede na guerra?
Guerra del Rif - Wikipedia, la enciclopedia libre
Imaxes da Guerra de Marrocos
Sí, pero non na guerra de España [en referencia á Guerra Civil], porque esa colleume xa tarde. Eu estiven na guerra de Marrocos case que tres anos participando en operacións de retaguardia. Marroquí non matei ningún, pero o que si matei nesa guerra, dispensando, foi moitos piollos.
De que traballou de novo?
Andiven a navegar durante 20 anos nun cargueiro, percorrín todo o mundo, coñecín Norteamérica, Italia, Chile, países de África. 
Vinte anos no mar dan para moitas anécdotas, e seguro que algún susto: lembra algún?
Lembro como unha vez o cargueiro no me andaba, de nome Neptuno, estivo a piques de naufragar. Viñamos de Norteamérica cargados de millo e na metade do Atlántico colleunos un temporal. Rompeu unha peza da hélice e estivemos á deriva unha noite e case que un día enteiro. Ó final o capitán logrou contactar cunha emisora norteamericana que mandou un avión de recoñecento. Enviaron un remolcador holandés na nosa axuda, enganchou un cable e trouxonos ata as Azores. Si non é polo remolcador non a contamos. Días antes naufrara nesa mesma zona outro cargueiro español, o Castillo de Montjuic. 
Bueno agora o traballo velo de lonxe ¿non sí?            
Agora non fago nada, estou moi canso. Pero ata o ano pasado aínda que encargaba de moer o gran de millo no muiño, que era o traballo que máis que gustaba.


*********************************************
Ante a crisis do Covid 19 que estamos a vivir sorprendémonos con dúas novas: 

Ø  En Portugal, a ministra Marta Temido, máster en Xestión e Economía da Saúde pola Universidade de Coimbra, Doctorada en Saúde Internacional pola Universidade de Lisboa, xerente de varios hospitais lusos... En España, á fronte de Ministerio de Sanidade, Salvador Illa... licenciado en Filosofía!!. 😒😒😒 Dous coñecementos opostos, dous modelos de xestión. Ver para crer... e padecer.

Ø  E en Estados Unidos, Trump propoñendo inxectar desinfectante aos pulmóns dos enfermos: non é o presidente de USA, é Nerón á fronte de Roma. 😰😰😰


E tal e como vimos facendo nesta cuarentena deixamos aqui un vídeo para disfrutar, con sabor Meaño, dun sexteto de clarinete: seis músicos, todos eles interpretandos á par polo mestre de clarinete e  director da BUMM Diego Javier Lorente López, tocando "Viva la vida" de Coldplay, o seu particular homenaxe nesta loita contra o Covid-19




domingo, 19 de abril de 2020

*** Opinión
Patria

Patria - Fernando Aramburu | Planeta de LibrosA través da vida de dúas familias anónimas que convivían no mesmo edificio, entremezclando presente e pasado, realidade e ficción, e cun ritmo narrativo directo, Fernando Aramburu ofrece con "Patria" unha novela que deixa pisada no lector. Resulta un xeito descarnado de interiorizarse no lado humano do conflito vasco, poñendo distancia de por medio sobre o mundillo político. No seu lugar, emerxe espido o drama emocional de toda unha xeración, cru como a vida mesma, na que só cabía mimetizarse co medio social, aceptando como propio o vivir suxestionado por outros, pola masa, polos teus. 
Capítulos breves, con oracións curtas, fogonazos que crean imaxes por doquier en días que case sempre son grises, no relato ou na mente do lector. Novela que recomendamos nesta etapa de confinamento que tamén resulta gris, nunha primavera que este ano non florece en ti, polo que conectar cos protagonistas resulta se cabe máis doado. 
Cando te enfrentes ao relato, aprovisiónate dunha dose de paciencia no inicio, cuns vaivéns temporais, de personaxes que veñen e van, de presente e pasado. Non te rebeles contra a orde trazada por Aramburu, déixate levar polos vaivéns, para acabar disfrutando deles. Cando remates, non te deixará indiferente, o conflito veralo xa para sempre a través desta novela: humano (e atroz), cruel (e compasivo), incomprensible (comprensible), morte (e vida)... Dun relato así sempre quitamos leccións: onde estás, a quen serves, que medios empregas, para que, a costa de que. En fin.

*************************

Coronavirus en Meaño: La BUMM encandila desde ayer en las redes ...
E tal como como vimos facendo nesta cuarentena deixamos aquí a nosa recomendación semanal. Pincha no seguinte enlace para ver o video proposto:




domingo, 12 de abril de 2020

*** Opinión
 Reflexión confinada


Hotel Quinta de San Amaro, Meaño. Desde 103.8€ - Centraldereservas.com
O confinamento estanos a deixar tempo para cronificar o pensamento. A ese arranque de seguir ao minuto as novas sobre a crise, comparecencias políticas en directo e demáis, vaille seguindo o efecto analxésico do paso dos días en cuarentena, que me están levando a desconectar dunhas comparencias políticas que, fóra o anteface, emerxen tediosas.
Desde aquí, tres reflexións. Unha, a política de comunicación do goberno central, que me fixo pasar da expectación ao desencanto. As comparecencias da presidencia pecan de moita  extención -entre 50 minutos e 1,30 horas- e pouca concisión, cun exceso de discurso literario aderezado de xestos repetitivos na linguaxe corporal, Como espectador, aguanto unha comparecencia. Na segunda -aínda máis na terceira-, en canto descubro o bucle, decántome por un balsámico zaping.

Logo, dúas decisións desconcertantes. Por unha banda, a inicios de marzo, o goberno central desoeu as recomendacións da OMS, que advertía xa sobre o risco de grandes concentracións de xente, autorizando aquela masiva en Madrid. Por outra, a inicios do confinamento, o proceder sobre o emprego de mascariñas, contradictorio co que China puxera en práctica, por canto España só instaba ao uso a aquelas personas que evidenciaban síntomas. Ao cabo, empezouse a recoñecer a existencia de casos asintómaticos. En lóxica, entendo que se un descoñece que padece a doenza e non porta mascariña, contribúe a expandila. Agora si, esta semana, o goberno está xirando aquela posición inicial de como debemos actuar sobre o uso/ou non da mascariña para minimizar efectos (estamos voltando a mirada á experiencia china?).

E a última, a  nivel local, no que Meaño toca, cara e cruz. A primeira -a cara-, desinfección de lugares máis expostos á poboación e reforzo da policía local coa incorporación dun axente auxiliar. A cruz? Eso queda nas medidas de "charanga e pandeireta", que imita aquel populismo que existira no cono sur latinoamericano, e que posiblitara que moitos daqueles líderes se perpetuaran no poder, aínda a costa de crises galopantes que deixan detrás o solar que vemos hoxe. Trazar un rumbo, definindo prioridades no momento actual -porque os recursos son limitados- é clave para un futuro, que só xerminará sobre bases sólidas que cabe afincar agora. En canto a esa política tocaría aplicarse un refrán persa: "gasta o necesario e non o superfluo: o superfluo, aínda que barato, resulta caro". Ou que?


***********************************************************

Ah! E deixamos aquí a nosa recomendación da semana para este confinamento: humor con arte. Pincha abaixo no icono de "play"






domingo, 5 de abril de 2020

IN MEMORIAM: CHAN

Abril amenceu onte sábado gris e treboento  no corazón, cunha desas novas que te atravesan como un lóstrego. Miguel Chan deixounos no día que ía ser o do seu aniversario: 51 abriles que esmoreceron no corazón que se lle rompía, como nun aceno de destiño. Lembrarémoste sempre, porque os que te temos coñecido neste tempo, faremos que sigas vivindo un chisco en nós. Fiel á Carreira Popular de Meaño desde fai máis de 25 anos, valor fixo en cada mesa de dorsais no segundo domingo de setembro, e co seu traballo na meta con aquel sistema de rexistro con lector de dorsais a inicios de século, con aquela mítica arenga coñera na Taberna de Cancela, despois de ter dado conta, naquel encontro da asociación GAM, dun capón de corral, e queixo con membrillo aos postres. Era o Chan que acaba de irse.
Os encontros fóronse espaciando coa vida, pero cando te chamabamos cada ano a Milladoiro a fins de agosto, non dabas respiro e espetabas antes do saúdo: “contade conmigo, como todos os anos, a mesma hora, no mesmo sitio”. Como un clavo, desde Milladoiro ou desde o seu Nantes natal á primeira hora da mañán nas festas dos Miragres en Meaño, para botar a man na Carreira, e reencontrarse cun sorrriso cos amigos e compañeiros de sempre. Percorrido tanto camiño, a Carreira de Meaño, sen ti, en parte, nunca voltará a ser a mesma.
Desde a asociación GAM e desde este particular Ventanuco, a nosa lembranza para ti, para Genma (cando os dous ata compartíchedes Carreira de Meaño), e para todos os teus. Os seres queridos nunca vos ides de todo. No fondo, quedas deixando unha muesca nos corazóns tocados para sempre co teu sorriso ausente.

Vídeo da Asociación Cultural e Deportiva GAM 
(nota: inclúe a imaxe daquela "arenga coñera")