TRES MEAÑESES e curta reflexión
De
par en par, abrimos este particular Ventanuco de fin de semana para amosar tres
personaxes con tres novas meañesas, máis unha canción e unha reflexión engadida nos
45 anos do 23-F, que tanto nos rememoraron os medios.
Dunha
banda, poñer en valía aos que se presentaron este ano ao “Concurso de
Espantallos” de Dena, que sempre nos arrincan un sorriso polo inxenio. E neste
caso, o primeiro premio e eses 200 euros foron para Gonzalo Lores Buezas que,
amén do mellor experto de pintura de coches en Meaño nos seus Talleres Loyca,
déuselle pola parte creativa co “Bañista Furtivo”.
 |
| Gonzalo Lores co seu espantallo que foi o pirmeiro premio |
"Bañista furtivo" é unha satírica crítica ao
marisqueo en bañador. Son dúas pezas a escala real en papel maché, na que unha mariscadora, con
angazo en alto, bérralle ao bañista co que colleu con “carriño do xeados”
rapiñando marisco na praia.
O
segundo premio foi para Mario Gándara, co seu “Concerto Pavarotti”, e o terceiro
para Mª José Moldes
por “Pretty Woman merca en Dena”, ambos tamén veciños de Dena. Ah! Un pequeno tirón
de ourellas para o concello: outorga como galardón unha invitación para o xantar
da Festa dos Muiños do verán… Só unha! Que e xente a esas edades teñen esposa e
marido (convite cutre, ou non?).
A segunda das
novas é para a palista meañesa Alba Prado que,
natural de Simes e enrolada nos Tenis de Mesa Monte Porreiro, regresou de
Tarragona cunha medalla de bronce do Campionato Estatal de Tenis de Mesa en categoría
cadete. Unha xogadora que se iniciara en 2021 no CTM GAM meañés, e que deu o
salto ao Monte Porreiro pontevedrés.
En
Tarragona, Alba Prado clasificou para as eliminatorias como segunda de grupo, gañando tres
dos catro partidos disputados. Logo, en dieciseisavos, gañou o partido por un
rotundo 3-0, superou octavos con un apretado 3-2, e logo cuartos por 3-0. Foi
en semifinais, onde se cruzou coa súa compañera de equipo, Jiaqi Guo, diante
da que cedeu 3-0, quedan fóra da final pero obtendo un preciado bronce que
outorgaba por partida doble. (Na foto anexa, podium cadete o Estatal con Albra Prado, de negro, á dereita)
E, a
terceira, é a nova de que a “I Carreira y Andaina Solidaria Polilla Ana Vicente”, evento solidario disputado en Meaño a inicios de febreiro, recadou, 4.500 euros que foron
doados pola organización (Asociación de Antigos Alumnos do Colexio da Guardia Civil
“Os Polillas”) á Asociación
Española Contra o Cancro. Todo suma, nestas causas o pouco é moito.
E
aproveitando esta nova, deixamos aquí “Una nueva canción”, o himno da causa composta
pola meañesa Josefa Dorado Soto (Lores, ver foto anexa). Para escoitar a canción pincha no
enlace que servimos abaixo.
E,
para rematar esta entradiña, unha reflexión sobre tanta opinión sobre os papeis
desclasificados do 23-F. Moito político e simpatizante de partido tirado a criticar per se –mesmo nin tiñan nado para palpar
na pel a situación real do momento-, limitándose a repetir “latiguiños” de
partido. Se o lector quere forxarse unha opinión sólida, fuxindo do clisés, o mellor
acudir aos historiadores (os hispanistas ingleses de norteamericanos son unha boa reseña).
A
Historia, como ciencia que é, baséase no método científico, que é o hipotético-dedutivo, polo que, afastando teorías, só pode dar por certos os
feitos que son demostrables. Pero como ciencia que é, nunca está pechada a
novas investigacións que, revisando o pasado, demostren (non aventuren) feitos. Na aulas
universitarias lembránnos que un feito só pode considerarse “histórico” para
investigar cando pasaron un mínimo de 25 anos para ser avaliado. Desos 25 anos para acá, só é política, e nese pasado recente é onde estamos
tentados a perder a obxectividade. Así, pois, un chisco de cordura, e ler os historiadores.
E a iso imos nós.