Esta
foi unha semana de moita actividade en Meaño. Por iso o noso particular
Ventanuco ábrese nesta ocasión a unha serie de novas que queremos compartir cos
que estades lonxe ou preto, a aos que todos une o vínculo por esta curruncho da
Galicia costeira. Música e literatura mestúranse nesta entrada da man da Banda
Unión Musical de Meaño e dos alumnos do CEIP de Coirón.
MÚSICA E
LITERATURA PARA AVIVAR O ESPÍRITU
| Portada do disco "Hispania" da Banda Unión Musical de Meaño |
![]() |
| Imaxes da grabación que conté no seu interior do CD "Hispania" |
Pero o acto do pasado sábado servíu tamén para outro fito: a presentación en sociedade do primerio disco da Unión Musical de Meaño que, baixo o título de “Hispania”, sairá á venda o mesmo día do festival. Só se editaron 1.000 copias deste primeiro CD, que foi grabado en nadal no auditorio de Ribadumia e que, entre outras, conta coa obra “Four Spanish Impresións”, de Rodney Newton, que nunca ata agora fora grabada por unha banda de música en todo o mundo. Esta é a nosa segunda recomendación. O disco, que promete non defraudar, sae á venda a un prezo de 12 euros. Se gostas de Meaño: vásteo a perder? Se estás lonxe non dubides en reservalo. Para iso ponte en contacto coa Unión Musical de Meaño a través de correo-e: unionmusicaldemeano@gmail.com
| Abraham Cuperio en Dena |
Abril
é cada ano en Meaño o “Mes da Música” e conta nesta edición cun amplo programa
de eventos. Abríao o pasado fin de semana o multi instrumentista lucense
Abraham Cupeiro que, seu espectáculo “Museum-Musicum”, mostrou en Dena medio
centenar de instrumentos da súa colección duns 160, petencentes todos eles a outras
latitudes ou tempos. Entre eles a gaida, o cornetto, a trompeta natural ou o "karnyx", un instrumento da Idade de Ferro celta que foi empregado en época romana nos campos de batalla, segundo se refrexa en "A guerra das Galias " de Xullo César. Un Cupeiro que interactuou co público, con guiños de
retranca e humor, e que deleitou coas suas interpretacións. Se te o perdeste aquí estamos nós para deixarche un pequeno vídeo que se permitirá ver un intre da súa actuación en Dena. Para iso pincha no enlace de aquí abaixo
| Érica Esmorís cos alumnos do CEIP deCoiirón |
Literatura con Érica Esmorís
Outra
das novas veu de man da literatura. A escritora coruñesa Érica Esmorís estivo o
venres 8 no CEIP de Coirón-Dena nun encontro literario cos alumnos de quinto e
sexto que leron durante o curso o seu libro “Nena e o mar”. Con eles departíu durante unha hora,
falando de si, da sua obra, respostando ás preguntas dos nenos, o logo asinándolles
e adicándolles os exemplares que os alumnos portaban nas mans. Non será a única cita coa
literatura para os alumnos de Coirón que preparan xa outra coa pontevedresa Eva
Mejuto cara a fin de curso.
DESDE A GALERÍA: con Esmorís e Cupeiro...

No hay comentarios:
Publicar un comentario