domingo, 5 de agosto de 2018

*** Opinión
Autovía para A Lanzada?


Chegando ao areal de praia de A Lanzada
A demanda de desdobrar a vía rápida entre Sanxenxo e A Lanzada-O Grove para convertila en autovía é un tema recurrente neste verán. Certo que, nos meses de xullo e agosto, este tramo presenta tráfico lento e algunhas colas en horas punta de acceso ou saída da praia, se cadra con días de calor de fins de semana. Unhas colas que tamén, en horas concretas, se chegan a formar no tramo final da autovía para acceder a Sanxenxo. Non máis. Nos días laborables, mesmo no verán, a vía rápida Sanxenxo-A Lanzada presenta tráfico normal, e o resto do ano é un vial solitario -desesperante no caso de necesidade de auxilio ante un accidente de tráfico-, ata o punto de que, circulando a media mañan, podes non atopar un só vehículo en todo o tramo Sanxenxo-A Lanzada.
Un hora punta de cola na rápida Sanexno-A Lanzada
Tendo en conta esta realidade: é necesario reconvertir en autovía esa vía rápida solitaria? Non estaría mal un pouco de criterio á hora de priorizar este tipo de investimentos. E, ben valorado, e por moito argumento político, ese desdobramento é baldío. Eso sí, no verán, se algúen acude en hora punta a praia de A Lanzada en día festivo, pode prantexarse dúas alternativas: saír da autovía en Meaño ou Sanxenxo e circular fluido pola PO 550, ou ben coller a escapatoria de Noalla e percorrer os últimos 2 kilómetros pola carretera local que te pon ao momento en plena praia de A Lanzada.


1 comentario:

  1. O tema non e a capacidade que ten ou non ese vial, e o mal diseñado que está, así ten o historial que ten. O de desviar a xente por carreteras locales, está ben para momentos puntuales, pero o que se estaría a facer e levar o problema a outro sitio.

    Solución, facer un estudio como e debido cando se fan as obras, e sobre todo, de vez en cando, crucificando a algún ingeniero, se salvarían moitas vidas.

    No obstante coincido contigo en que habría que señalizar moitísimo mais as vías alternativas, hoxe podes circular desde casi calquera praia hasta Pontevedra ou Villagarcia sin prácticamente pisar a vía rápida, e si me poño nin siquera as carreteras nacionales mais concurridas (exemplo, carretera de Noalla, a do Monte de Faro, a de Lores-Campo golf, por Castrelo-Facho, Viliquin-Meaño-Lores, Nantes-Lores-Campo Golf, e un sin fin de elas que permiten moverse por carreteras interiores en casi calquera dirección).

    ResponderEliminar