sábado, 27 de octubre de 2018

*** Opinión
Achique versus envite

O enganche do polígono industrial de Nantes a EDAR de Dena, anunciado e, na práctica consumado, está poñendo en evidencia a falta de capacidade dos alcaldes de Sanxenxo e Meaño para o diálogo. Sobre a mesa, unha decisión que aparca o risco dun impacto ambiental máis sobre medio natural. Dous concellos xogando á curta sen medir consecuencias globais, dous rexidores sen vocación de servicio público ao colectivo social.

Tres puntos delicados no traxecto: conectar un colector de 500, do polígono, a outro de 315 de diámetro, que é o de Meaño (incongruencia matemática), e que discorre por un tramo chá, que ata o de agora fixo rebosar o colector en inverno vertendo as residuais ao río polos aliviadeiros. Outro, a capacidade do bombeo de Os Pasales para afrontar o incremento de caudal do polígono de Nantes. E o terceiro, o dunha EDAR saturada en inverno pola chegada masiva de pluviais á rede de residuais.

Sen atar estos tres cabos, todo queda na política. Telmo Martín, ao estar en ano pre-electoral, priorizou obxectivos económicos de Sanxenxo a toda costa. Tratábase de superar o último escollo, o das residuais, para poñer en marcha o polígono industrial de Nantes. Isto supuxo, primeiro, declarar a nulidade do convenio Sanxenxo-Meaño, -suscrito fai dous anos  e polo que pagaron a frioleira 8.000 euros ao bufete Garrigues por un documento que custaría 300 en calquera outro de menos nome-. E, segundo, facer tornar aquel informe de Augas de Galicia, emitido en febreiro de 2017 como negativo, por outro positivo, fallado por este mesmo organismo en setembro de 2018. Incongruente e sen argumentos de peso para ese cambio de parecer, sen ninguna obra por medio.

Mentras, desde Meaño, achique ante envite, e desterro ao limbo. A alcaldesa Lourdes Ucha careceu de previsión, refrexos e iniciativa en todo este proceso, quedando sempre a expensas de cada movemento de Sanxenxo. Agora, de momento, Meaño permañece sen acertar -ou atreverse- cos pasos políticos e legais a tomar ante a decisión de Sanxenxo. E o primeiro, por parte de ambos alcaldes, a súa nula capacidade para falarse. Cuestión de política ou de egos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario