sábado, 9 de noviembre de 2019


A COVA DO TRASNO

A Asociación Cultural e Deportiva GAM, que se reactivaba fai un ano, pon en marcha este mes de novembro "A Cova do Trasno", un foro de debate que este colectivo organizaba nos anos 90, como punto de encontro sobre temas de interese para as xentes de Meaño.

Tres son as citas programadas para este outono-inverno. O lugar elexido para as tres é a sá do Pazo de Lis en Meaño, os venres (ou víspera de festivos) ás 21 horas. A primeira entrega será o vindeiro venres, día 15, foro que se presenta para esa xornada baixo o titulo "A Educación: un reto de todos", versando así sobre un ámbito en permañente evolución, en debate social crecente, con interrogantes e encrucilladas sobre o modelo a seguir neste país, na procura dun futuro mellor para as novas xeracions. Para esta cita contarase cos directores dos dous CEIPs do municipio, que son Paulo Nogueira, director do CEIP As Covas-Meaño, e Rafa Maquieira, director do CEIP de Coirón-Dena.

O encontro, con entrada libre ata completar aforo, terá unha de duración de entre 70 minutos, non máis. O formato elexido será unha entrevista dirixida, de 30 minutos, e logo 30-40 minutos máis de coloquio aberto para o público. Non perdas esta este I Encontro na Cova do Trasno, un evento entrañable, sinxelo e cercano, que pretende ofrecer un marco de coloquio moi accesible ao público cos convidados, co obxecto de crear as sinerxias que contribúan a tomar conciencia sobre o temática proposta.
Aquí tes na márxe o cartel desta "Firs Date" de A Cova do Trasno. Agardámoste!.


…E A BUMM CONQUISTA GALICIA


Un momento de la actuación de la BUMM
Ah! Eh una nova máis que vos deixamos aquí: a Banda Unión Musical de Meaño ven de proclamarse o pasado domingo, 3 de novembro, campeona do XIII Certame Galego de Bandas de Música, na Pirmeria Sección, celebrado no auditorio de Galicia en Santiago, rivalidando así o título acadado en 2016. O xurado outorgoulle 540 puntos, polos 509 da Banda de Vilatuxe, e os 485 da Banda de Escola de Rianxo. Fóra dos premios quedaron a lucense "Sons de Soños" e a portuguesa Osquestra de Sopros da Academia de Chaves.


La Unión Musical de Meaño al término de su actuación en el auditorio de Galicia
Suñer Oriola
 A interpreación de "El Jardín de las Hespérides", como obra libre, que evoca a loita de Hércules contra un dragón que protexe aquel xardín, cautivou ao xurado, e mesmo ao propio compositor valenciano José Suñer Oriola, que se desprazaba a ex profeso a Santiago para asitir al concerto. "Siempre me ha gustado escuchar mis obras en otras bandas -recoñecía Suñer Oriola-, pero es la primera vez que lo hago en Galicia, porque no se había afrontado nunca antes aquí ‘El jardín de las Hespérides’. Mientras la escuchaba, he de decir que esta banda de Meaño me ha emocionado. Que una banda de músicos tan jóvenes, integrada por músicos aficionados y no profesionales, haya sonado como lo ha hecho en este auditorio, dice mucho de la enorme calidad que atesora esta formación”.

Diego Lorente
Resultado de imagen de DIEGO JAVIER LORENTE EN POLO VENTANUCO"
Diego J. Lorente
Satisfacción tamén para o director Diego Javier Lorente que, apuntaba, o premio viña a “cerrar el círculo de un año en que nos habíamos propuesto la participación en dos certámenes internacionales, como es el de Italia y este de Galicia, que desde hace dos años se ha abierto ya y es internacional, han permitido desarrollar aún más la banda y además haber ganado los dos”. “Para mí -agrega- lo más gratificante ha sido contar en este cita con un grupo de músicos meañeses profesionales, que han salido de aquí, y que hoy ejercen fuera, y que han llegado para la cita desde Sevilla, des Bélgica, Zaragoza, Vitoria, Navarra… junto con Francisco Javier Morgade, que ha sido el primer director en llevar a Meaño a un certamen, Dani Portas, José Padín, y otra gente que siempre ha sido de la BUMM”. “Ahora -añade- nos toca descansar un poco y seguir concibiendo proyectos nuevos que, lamentablemente, tendremos que seguir poniendo en escena fuera de Meaño”, en relación a la falta de un auditorio en este municipio y de un local de ensayos digno, demandas dormidas que reactivaban en este último año”.








No hay comentarios:

Publicar un comentario