domingo, 12 de abril de 2020

*** Opinión
 Reflexión confinada


Hotel Quinta de San Amaro, Meaño. Desde 103.8€ - Centraldereservas.com
O confinamento estanos a deixar tempo para cronificar o pensamento. A ese arranque de seguir ao minuto as novas sobre a crise, comparecencias políticas en directo e demáis, vaille seguindo o efecto analxésico do paso dos días en cuarentena, que me están levando a desconectar dunhas comparencias políticas que, fóra o anteface, emerxen tediosas.
Desde aquí, tres reflexións. Unha, a política de comunicación do goberno central, que me fixo pasar da expectación ao desencanto. As comparecencias da presidencia pecan de moita  extención -entre 50 minutos e 1,30 horas- e pouca concisión, cun exceso de discurso literario aderezado de xestos repetitivos na linguaxe corporal, Como espectador, aguanto unha comparecencia. Na segunda -aínda máis na terceira-, en canto descubro o bucle, decántome por un balsámico zaping.

Logo, dúas decisións desconcertantes. Por unha banda, a inicios de marzo, o goberno central desoeu as recomendacións da OMS, que advertía xa sobre o risco de grandes concentracións de xente, autorizando aquela masiva en Madrid. Por outra, a inicios do confinamento, o proceder sobre o emprego de mascariñas, contradictorio co que China puxera en práctica, por canto España só instaba ao uso a aquelas personas que evidenciaban síntomas. Ao cabo, empezouse a recoñecer a existencia de casos asintómaticos. En lóxica, entendo que se un descoñece que padece a doenza e non porta mascariña, contribúe a expandila. Agora si, esta semana, o goberno está xirando aquela posición inicial de como debemos actuar sobre o uso/ou non da mascariña para minimizar efectos (estamos voltando a mirada á experiencia china?).

E a última, a  nivel local, no que Meaño toca, cara e cruz. A primeira -a cara-, desinfección de lugares máis expostos á poboación e reforzo da policía local coa incorporación dun axente auxiliar. A cruz? Eso queda nas medidas de "charanga e pandeireta", que imita aquel populismo que existira no cono sur latinoamericano, e que posiblitara que moitos daqueles líderes se perpetuaran no poder, aínda a costa de crises galopantes que deixan detrás o solar que vemos hoxe. Trazar un rumbo, definindo prioridades no momento actual -porque os recursos son limitados- é clave para un futuro, que só xerminará sobre bases sólidas que cabe afincar agora. En canto a esa política tocaría aplicarse un refrán persa: "gasta o necesario e non o superfluo: o superfluo, aínda que barato, resulta caro". Ou que?


***********************************************************

Ah! E deixamos aquí a nosa recomendación da semana para este confinamento: humor con arte. Pincha abaixo no icono de "play"






No hay comentarios:

Publicar un comentario