Coñece
en Meaño as augas NON APTAS PARA O CONSUMO HUMANO
COAS FONTES NO PUNTO DE MIRA
“As analíticas viñéronse realizando cos mesmos parámetros ao longo de todos estes anos” recoñecen técnicos da firma Plagostel, que é a que vén realizando este labor en Meaño e outros concellos. “É unha cifra elevada -apuntan- pero os resultados son correctos”. “Mesmo nalgúns manantiais -engaden-, onde historicamente os test viñan dando ben, nesta ocasión tornáronse adversos, pero nós realizamos contraanálisis, e ata un terceiro nalgún de eles… Pero todos o novos test confirmaron o ditame da primeira analítica”.
Uns resultados que, recoñecen desde a firma, non está a ser un dato singular só de Meaño “senón que noutros lugares está a manifestarse tamén esa tendencia á alza”. Interpelados polo perfil do municipio onde se estean evidenciando o feito, os técnicos consultados apuntan a lugares susceptibles de estar máis expostos a factores contaminantes do medio en que se enclavan, e que no rural podería vincularse coa actividade agrícola intensiva, no Salnés co monocultivo crecente da vide polo medio.
Fonte de Trubisquido en Meaño: "non apta para o consumo humano"
Así,
entre as fontes públicas non aptas para o consumo humano no municipio, áchanse
manantiais que, históricamente, nunca rexistraran un positivo. Entre elas, na
parroquia de Meaño, a fonte de Trubisquido, considerada unha de maior hábito e
máis socorrida polos veciños. E, en Lores, a fonte do Ou Souto, nunha zona
alta, inmediata ao monte, recoñecida polos parroquianos como “a mellor auga de
Lores”, e da cal mana a máis fresca por temperatura no municipio meañés. Engadido,
en parroquias como Padrenda ou Dena ningunha fonte está apta o consumo humano.
E en Lores, tan só sálvase da queima unha (A Laxe), e na parroquia de Meaño só
a de San Xoán, non máis.
Fonte das Seis en Xil: "sen garantía sanitaria"
Dereito á información
Tal
e como xa se apuntou, esta tendencia á alza non é exclusivo do municipio
meañés. Os gobernos locais (e o Meaño que nos ocupa), baixo ningún concepto pode
atribuírselle responsabilidade algunha na situación que se vén xerando. Faltaría máis.
O
que si é reprobable e que, ante esta tendencia, mírese cara a outra parte, que non se prantexe preguntas, e que careza de inquietude
mínima para atopar respostas. E máis aínda, é reprobable o non ofrecer ao
cidadán, por salubridade, a información debida.
Unhas
analíticas que, segundo confirmaba o rexedor, realizáronse a fins de maio, pero esas fontes só empezaron a sinalizarse en xullo, Aínda máis -e isto é o grave- esa relación de fontes, nunca se fixo pública (ata a data de hoxe) e que mesmo non figura nen no taboleiro
de anuncios, nen na web municipal, nen nas redes sociais do concello.
Fonte das Seis en Xil: "sen garantía sanitaria" |
Aquí, agora, por medio peculiar VENTANUCO podes ter na man esa relación de fontes, para que coñezas do estado da túa. Lembra: as fontes onde reza o
epígrafe SEN GARANTÍA SANITARIA responden a aquelas que, no momento
de tomar as mostras, declararíanse aptas, pero que poden deixar de selo, de aí o lema “sen garantía sanitaria”, por canto a garantía no tempo só podería pasar
unicamente por ser cloradas. E as fontes NON APTAS PARA O CONSUMO HUMANO son as que, naquela data non deberían consumirse por
salubridade e que, dado o resultado achado, recoméndase encarecidamente absterse de beber ese auga.
RESULTADOS POR PARROQUIAS: COÑECE A TÚA FONTE
Agardamos terche axudado. Se o ves axeitado, compárteo cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario