domingo, 23 de octubre de 2022

 *** Opinión

A HISTORIA MANCILLADA


Rebautizar a Praza do Concello como "Da Feira" tería sido a ocasión de desfacer este entuerto parido fai tres décadas. A negativa da corporación meañesa en facelo, sen un só argumento que poidera considerarse tal, denota a miopía dos quen non ven máis alá do tanxible.
A proposta fora elevada -fundamentada e argumentada- pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. o pasado mes de xullo. Daquela, o alcalde Carlos Viéitez aprazouno, procurando un tempo para o que, á postre, non adicarlle un intre.


A feira de Meaño, que os maiores lembran, existía cando menos xa, nos anos 30, sendo un mercado que, cada 13 e 29 de mes, congregaba a feirantes chegados de toda bisbarra, e mesmo de Pontevedra e Salcedo. Uns desprazábase a pé, a lomos de burras, ou subidos carros e carrillos. As tarimas que alugaba Fontán e Solla extendíanse polo que hoxe é praza e estrada (que entonces non existía), e polas que logo serían eiras de Valentín de Serantes, chegando ata a fonte de San Xoán.
Unha feira onde, referían, “vendíase de todo”: desde zocas a galos e galiñas, pasando por peixe chegado desde O Grove e Cambados, telas, louza, ovos, trigo, bacelos, landras... e ata xoias. E tamén, moito gando de feirantes, unha parte do cal se apostaba precisamente onde hoxe está con consistorio. (Sabíalo, concelleiro?) [foto: a praza dobremente mancillada, agora con tamaña a "estrutura" metática]


A Real Academia Galega, en defensa da lingua, que é a nosa, ven impulsando a campaña “Toponomízate” para recuperar os nomes da toponimia e microtoponimia en aras a manter viva a historia dos devanceiros. En Pontevedra, a Praza da Verdura, a Praza da Leña ou a Praza da Ferrería, e mesmo en Santiago a Praza do Obradoiro, manteñen un nome fiel ao que o lugar foi.
No pleno, celebrado o pasado 30 de setembro, a proposta de recuperar esta historia, tumbouse pola posición contraria de Carlos Viéitez co seu grupo de non adscritos (6 votos), e o fariseísmo "abstencionista" dos dous edís do PSOE para apoiar a negativa. Baldío resultou o único apoio, que brindaron os 5 ediles de MI. Concelleiro meañés: coñecías a túa Historia? Se non a sabías: por que non a aprendes? E se a coñecías: por que pisoteas historia e lingua?. Cando menos, ante os teus ancestros, ruborízate, por favor.
 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario