LECTURA DE VERÁN (II)
Entresacamos
dous poemas curtos dos que disfrutar. O primeiro é do poema nº 9 do libriño “38
poemas para despois de cear” de Anxo L.
Baranga/X.A.M. O libriño estaba destiñado ao lixo na papeleira dunha biblioteca
escolar. Entrelendo decidín salvalo. É un desos libros de cabecera, un poema para
cada día despois de cear. O segundo está entresacado do libro “Escarbando
entre las horas brujas”, do grovense Queco Fresco. Un poema de preto de nós para degustar por un intre.
Ó
primeiro era o ar no ar,
a
sombra na sombra,
a
auga na auga…
Nada.
Eu
viña de máis aló,
de
aló de aló,
de
onde as cousas aínda non teñen nome…
E xa
viña cara ti.
“38 POEMAS PARA DESPOIS DE CEAR”
Anxo
L. Baranga/X.A.M. (1983)
**********************
En
cada esquina me paro y pienso
si
es en vano seguir caminando
entre
la incertidumbre que se espera,
llevo
la frente goteando el nerviosismo
de
cada paso, cada movimiento
y
giro mil veces la cabeza mirando atrás
si
quedan mis huellas delatándome.
(Madrid, 1979)
“ESCARBANDO EN LAS HORAS BRUJAS”
Queco
Fresco (O Grove)
**********************
E
tamén deixamos unha semana en imaxes con selo meañés. Primeiro co percusionista
meañés Diego Rosal, integrante de Píscore que, co seu espectáculo de clown
“Puro Barrroco”, encandilou en Sanxenxo, e con moito público de Meaño que non
quixo perderse un valor seguro. Música, teatro, baile e moito humor na posta en
escena deste cuarteto. Recomendable. Deixamos aquí un vídeo do espectáculo que
se retrotrae a unha historia ambientada no s. XVII, pero que, con humor, se
fusiona con todo:
Engadido,
traemos a Silvia Lobato, que renovou catro anos máis como presidenta do
Asmubal. Outro valor seguro: Tenaz na xestión, elegante nas alocucións,
incombustible no traballo, adicando moitísimo tempo coa súa directiva á xestión
ao frente do clube. Non cabe un reproche a súa adicación altruista, á súa
entrega incondicional, só infinitas gracias por a bandeira de Meaño e ofrecer
unha alternativa de deporte aos rapaces e rapazas.
2014, de directivo, cando o Torneo da Federación en Coirón |
2021, arroupada por directivos, cando o ascenso a Primeira Nacional |
2022, co entrenador Juan Costas |
2023, asemblea 14 de xullo 23,30 horas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario