sábado, 19 de octubre de 2024

 

ASMUBAL E ASOCIACIÓN GAM CLAMAN POLAS DÉBEDAS DO GOBERNO LOCAL           

Dúas entidades do municipio trasladan o seu malestar por perder ou non ter percibido subvencións municipais do pasado ano. Así o club Asmubal Meaño, apretado no económico polas viaxes nunha liga nacional que inclúe catro viaxes a Canarias, lamenta ter sen asinar co concello e, por tanto sen percibir o diñeiro, do convenio de sponsorización para o quipo de División de Prata Nacional feminino, comprometido polo alcalde Carlos Viéitez para a pasada tempada 2023-24. Isto supón que o club non percibise aínda os 5.000 euros acordados entre as partes.


O Inelsa Solar Asmubal, líder da División de Prata, o pasado fin de semana tras gañar ao Porriño

Un diñeiro que, volta poñer en dificultades ao club meañés que fai encaixe de palillos para financiar un orzamento que, por tempada, rolda os 100.000 euros. A presidenta Silvia Lobato lamenta a situación: “repítese cada ano, nun concello que presume ser bo pagagor en menos de 15 días cos provedores, mentras aos clubes do municipio téñennos a dúas bágoas, retardando a firma dos acordos e por, conseguinte, de pagalos”. “Non é de recibo -agrega- que esteamos aínda demandando un convenio da tempada pasada, cando xa estamos en outubro da campaña 2024-25 e, a pesares dos nosos requirimentos, aínda non fumos citados para asinar o comprometido nesa tempada 2023-24”.
Asoman así as verbas dun concelleiro do actual goberno que, sentado á mesa dun local hostaleiro local, proclamou aquel vaticinio: “do Asmubal voume encargar eu de fundilo”. Tal cal. 
Asoman así as verbas dun concelleiro do actual goberno que, sentado á mesa dun local hostaleiro local, proclamou aquel vaticinio: “do Asmubal voume encargar de fundilo eu”. Tal cal.
 
Asociación G.A.M.
Por outra banda tamén traslada o seu malestar a Asociación Cultural e Deportiva GAM. O seu presidente Marcos Castro, lamenta que a asociación deixara de ingresarlle o goberno local no último curso 1.142,06 euros da subvención fallada no seu día polo goberno local en relación á sección do tenis de mesa da súa CTM GAM. “O concello non nos notificou o pago, e coñecémolo cando no banco atopámonos que nos traspasaron 2.357,94 euros dos 3.500 fallados, sen comunicarnos motivo algún para exercer o recorte”.


Entrenamento do CTM GAM de tenis de mesa no pavillón de As Covas

“Só cando imos ao concello a interesarnos polo motivo -agrega- infórmannos que non deron válida a documentación probatoria que presentaramos, en relación á nosa participación nun torneo nacional, feito que era público e notorio coa documentación entregada. “A cambio -explica- esixíannos unha certificación expresa da Federación Española de Tenis de Mesa que acreditase a nosa participación no torneo”. “A nosa petición -agrega- deixou perplexa á propia Federación dicíndonos era o único caso dun concello de España que lle pedisen aos clubs unha certificación nese senso”. “Aínda así -conclúe- cando presentamos dita certificación, non a admitiron a trámite, ao entender que non estaba en prazo, e que debía terse presentardo de partida, sen darnos prazo real de subsanación, que de por lei debería contemplarse”.
Marcos Castro non elude o maletar: “É un abuso por parte do goberno local -lamenta- para cos colectivos que traballamos por altruísmo para a xente, neste caso polos rapaces e xogadores da nosa sección de tenis de mesa, e sen ánimo de lucro algún, sen gañar un céntimo, senón máis, perdendo algúns de nós diñeiro do noso peto... Isto desanima moitísimo”.

Un “modus operandi” do que damos fe desde aquí, repetindo o mesmo con veciños “que non son da corda” á hora de abonar danos polo concello causados.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario