domingo, 29 de junio de 2025

 

TIRÓN DE OURELLAS 


O informe que acaba de emitir o Consello de Contas da Xunta de Galicia, órgano encargado encargado de fiscalizar como proceden os concellos e o sector público galego, non deixa quedar moi ben ao Concello de Meaño e, por extensión, ao seu goberno local e rexidor. Os crecentes reparos elevados advirten que en Meaño o excepcional estase a convertir en norma, do cal que alerta o Consello de Contas: en 2020 formuláronse 13 reparos por un importe de 158.293 euros; en 2021, outros tantos, por por valor xa de 208.872 euros; e en 2022, subiuse a 20, por por importes de 450.000 euros. 
Isto non é opinión, senón información. O lector pode ler esta información de sumo interese no seguinte enlace no medio de comunicación que o publicou. Só logo tocará que cada quen saque a súa opinión: 

https://www.farodevigo.es/arousa/2025/06/27/tiron-orejas-consello-contas-meano-119104366.html
 
Imaxe da actual corporación co grupo de goberno


Certo que a información transparente molesta. Mención aparte, a xustificación esgrimida polo rexidor: ti pregunta polos romanos que, como non teño idea, voume polas ramas explicando os gregos, que iso sei o teño estudado. Porque, a fin de contas, a cultura romana procede e bebe da grega, non si? Así encho tres folios do exame e entrego tan pancho. Outra cousa será cando ao mestre lle toque ler e cualificar o exame. E aí virá o cabreo: “correxíume mal, o mestre tenme manía”. Sóalle o proceder do mal alumno? en Meaño, tal cal!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario