A BANDA INFANTIL DE MEAÑO GAÑA O CERTAME GALEGO
O idilio da Banda Unión Musical de Meaño co Certame Galego ven refrendado por unha ringleira de éxitos neste evento. No seu haber, nos últimos 16 anos, cinco primeiros premios. Deles, na Sección Primeira, para máis de 70 músicos, a BUMM colleitou o primeiro premio de 2009, baixo a dirección do mestre David Fiúza Souto. E, logo, repetíu este máximo galardón en 2016 e 2019, en ambas edicións baixo a batuta do murciano Diego Javier Lorente López.

A Banda Infantil tras actuar en Pontevedra
Engadido,
na Sección Infantil, a Banda Infantil da
Unión Musical de Meaño (cun tope de 14 anos en cada componente), conta xa con dous primeiros
premios, que son os acadados en 2018 e, o último este pasado sábado, 18 outubro de
2025, e o os dous baixo a dirección tamén do mestre Lorente López. En 2024, na
Sección Xuvenil, con tope de 19 anos, o primeiro premio recaíu da Banda Xuvenil Unión
Musical de Meaño, dirixida polo saxenxino -e trompista da BUMM- Antón Caneda Telmo. E, no medio, no anos 2017 a Banda
Xuvenil, baixo a batuta de Lorente López colleitara un terceiro premio na
Sección Terceira, cando entonces o Certame Galega non contemplaba aínda coa sección
infantil e xuvenil, polo que Meaño, abrindo mentes, aviuse a participar no certame cunha banda xuvenil de
canteira nunha sección de maiores. Foi, de xeito paradóxico, que a partir dese fito a Federación Galega de Bandas decidira incorporar en 2018, por primeira vez, as categoría de bandas infantís e xuvenís que así se manteñen hoxe.

Un galardón este de onte sábado, na que o xurado outorgou 87,5 puntos a banda meañesa, pola súa interpretación do pasoboble "Albodobre", de "A miña primeira rapsodia" de Sergio Rodíguez, obra obrigada polo certamen e "Xoldra" do porpio Antón Canedal. Amén dos 1.000 euros de premio, o importante foi o galardón en si e o camiño percorrido ata esta meta. O segundo premio, con 78 puntos do xurad, foi para a Banda Escuela de Música de Vequellina de Órbigo (León), e o terceiro posto, con 72 puntos para a formación Chikibad 2.0 de Xinzo de Limia.
Diego Javier Lorente recoñecía que "este foi un premio para a constancia, a case un ano de traballo cunha banda infantil que apunta moi alto e que, agardamos, dentro de tres ou catro anos, moitos deles pasen a engrosar a BUMM e facer a esa banda aínda mellor do que é hoxe". Preguntado polo eido persoal admitía que "foi especial estar dirixindo sobre o escenario a unha banda de cativos, coa miña filla ahí, como clarinetista, e participando por primeira vez nun certame como este". Ás costas deste murciano, trece anos dirixindo as bandas de Meaño. Interpelado polo futuro, sorríe cando apunta: "eu, como o Cholo en fútbol,partido a partido, o que en música é concerto a concerto".
Desde este particular Ventanuco, os nosos parabéns á familia da BUMM -uns 200 meañeses arrouparon á Infantil na súa cita en Pontevedra- que levan Meaño por bandeira alí onde van as súas bandas. O e recoñecemento ao mestre Lorente López, por transmitir paixón pola música y por cada proxecto que emprende, e a unha directiva presidida por Olga Pérez Sanmartín e que sabe estar coa palabra xusta en cada alocución. A quen escoita e ve, fainos sentir orgullosos dese talante.
![]() |
Olga Pérez o o meste Lorente López recollendo en Pontevedra o premio Martín Códax da Música en 2022 |
![]() |
Outro intre do certame no Pazo da Cultura |
No hay comentarios:
Publicar un comentario