No retrovisor



Nova tempada 2026-27, mirando desde aquí polo retrovisor para atoparnos co Meaño antigo, e cun puñado de fotos que nos van chegando e que nos amosan tal e como eramos. Vai ser o noso particular punto de encontro para lembrar o que fumos e entender o que somos. Recomendámosche que pinches abaixo no icono de "play" deste vídeo para ir escoitando. Se queres compartir aquí algunha foto antiga de Meaño remítea ou a poloventanuco@gmail.com ou ben a través de facebook (tecleando dentro desa rede polo ventanuco para poder atopalo)



 ********
Mozas de Vilalonga e Dena nos anos 50 no obradoiro de costura en Vilalonga
Foto cedida desde Dadín por Gabriel Garrido



TAN PRETO E TAN LONXE (2007)
Desdobramento da vía rápida do Salnés en autovía.



1990, Xente de Dena nunha queimada no
Hotel Riamar oficiada por Manuel Touriño



Equipo de fútbol do Vilalonga F. C. en 1955



Músicos meañeses en Río de Xaneiro  en 1962 no Cristo
do Corcovado. De esquerda a dereita: Juan de Olveira (trompeta),
Manolo Sineiro (trompeta, Lores), Pablo Dovalo (acordeón
e piano, Meaño) e Amancio de Concepción (bombardino, Meaño).



Coro San Miguel de Lores en 1999





1 comentario: