EL CLON DE FRANCISCO PAZOS
Respira Meaño. Nesta campaña 2024-25 grazas a teu pulo, seguimos no aire. Desde aquí, libres, contra vento e marea, abrimos este particular Ventanuco cada fin de semana, coa Páxina Principal e as pestanas "Meañoleando" e "No retrovisor" (fotos antigas). Somos un espazo e unha canle para chegar e compartir, co pretexto de Meaño no medio de nós. Unha historia por descubrir e, de paso, achegarnos un pouco máis, tamén a un mesmo, nen máis nen menos. Sen pretensións.
sábado, 11 de enero de 2025
sábado, 4 de enero de 2025
O PARKING MÁIS CARO
Estreamos 2025 en vísperas de Reis, e como non terá moito tempo para pararse, brindámosllee aquí unha entrada curta, que contén información de interese nunha comparativa de parkins de estacionamento de vehículos, realizado por este portal, e que van a sorprendelo. Os prezos que aporta esta reportaxe respostan aos vixentes en decembro de 2024.
Sabías
que os parkings máis caros de da comunidade galega están mais preto do que semella?.
Porque ao parking do porto de Sanxenxo cábelle a “honra” de ser un dos máis
caros de Galicia, cunha tarifa de… 2,22 euros por hora!. Supera con creces as tarifas dos parkings subterráneos de empresas privadas de centro de Pontevedra
capital. Así os máis socorridos na Cidade de Lérez son os parkings de Barcelos (1,29 euros por hora) e Pontus Veteris (1,35 €/hora). Pero aínda
máis, os sete parkings subterráneos testados no centro de Pontevedra por este portal,
teñen tarifas moi por debaixo de Sanxenxo (ver fotografía cadro comparativo abaixo)
As
tarifas do parking de porto Sanxenxo só son superadas por algúns do centro de
Vigo, caso dos parkings Policarpo Sanz (2,35 €) e Casco Vello (2,50 €), se ben
outros están por debaixo das tarifas de Sanxenxo. E se nos desprazamos a Santiago,
Xoán XXIII cobra 1,26 euros a hora, ou céntrica Praza de Galicia con 1,95 €, están
por por debaixo das tarifas de Sanxenxo, e só o parking da Praza Roxa, que é o máis
caro de Santiago, o supera (2,30 €/h). Na comarca, arousana testamos Vilagarcía
centro, que amosa un prezo de 1,50 €/hora. E, engadido, cotexamos tamén aquí parkings de Lugo o Ourense capital. Compare o lector.
Por
comparativa directa desprazámonos a unha vila
equiparable a Sanxenxo, por turismo e porto náutico, como é Baiona e que
conta co parking de A Palma en pleno porto. Nel a tarifa tamén é sustancialmente
inferior a Sanxenxo (2,05 €/h). E o agravante e que a inmensa maioría dos parkings
aquí expostos respostan a empresas privadas (agás Xoán XXIII en Santiago), e
mesmo o parking de Palma en Baiona está explotado por Barkia, a terceira empresa
máis importante de España como operadora de aparcamentos públicos subterráneos.
Sen embargo, reseñar que parking de porto de Sanxenxo está explotado Nauta Sanxenxo,
que é a sociedade municipal de xestiona o porto deportivo e, por ende, este paking. Resulta cara a empresa pública? É servizo, negocio ou abuso? A quenda da resposta é para o lector.
Biblioteca de Meaño
A
Axencia de Lectura de Meaño pecha en Nadal, precisamente nun período en que os
cativos, por vacacións, e mesmo familias, poden dispoñer de máis de tempo para
ler e achegarse a facer uso do servizo de préstamo de libros. O máis grave,
aínda, é que a Concellería de Cultura e o concello de Meaño non se dignase a
comunicar na súa páxina web ou na súa rede social o peche de súa biblioteca.
Polo cal os usuarios só descobren que está pechada cando se personan físicamente
nela… Pechado, e aviso únicamente na porta. En cambio, o peche do punto limpo (por hoxe sábado día 4 de xaneiro), si está comunicado. O mesmo ocorreu o ano
pasado coa biblioteca municipal. Xa daquela solicitamos persoalmente ao concello que tivera
a xentileza de comunicalo a socios (o arquivo está dixitalizado) e ususarios. Pero nin con
esas. Cal é a importancia de biblioteca e cultura neste goberno local do concello de
Meaño? Para mostra, este botón. Pero festas si que fai este goberno: roscón, chocolate, churros… “¡Ancha es Castilla!”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)