viernes, 18 de septiembre de 2020

 CHAN CORREU CON NÓS EN MEAÑO

Para a Asociación G.A.M. CORRER POR MEAÑO foi un xeito de citarnos coas emocións en lembranza de Miguel Chan. Foron máis de 20 anos traballando en todas as edicións na organización desta carreira cada segundo domingo de setembro. Moito choveu desde aquela. Nesta pasada primavera rompeuselle o corazón, precisamente no día do seu aniversario cando cumpría os seus 51 abriles. E acaeceu cando levaba un tempo preparando físicamente un reto que se trazara en mente: correr o 13 de setembro 2020, por primeira vez na súa vida, a Carreira Popular de Meaño. Iso sí, antes da saída ás 11 horas, tiña comprometido non faltar a súa cita de sempre: ás 8,30 de mañán, estar á fronte dunha das mesas de entrega de dorsais. Ás 10,30 recoller equipamento, e logo, este ano, quencer poder e saír a correr os 6,3 kms. da XXXVI Carreira Popular de Meaño.

Antes da saída, peña da Asociación G.A.M. en lembranza de Chan

O seu foi un aceno do destiño. Pero nós estivemos aquí este 13 de setembro de 2020, ás 11 horas, para que Miguel Chan poidera correr, como tiña previsto, en Meaño. Portámolo con agarimo nas nosas camisetas, cos organizadores reconvertidos en modestísimos atletas, sabendo que “CHAN correrá sempre con nós en Meaño”. El fixoo este ano, a voltará a facelo nos anos vindeiros, sempre que manteñamos a cita.

Os tres brindando con sendas birras

E á hora de rematar, que menos que lembralo coa bebida que el prefería ao termo de cada carreira: unha “birra” en boa compaña. E aí estivemos, brindando por ti, amigo Chan. Ten por seguro que seguirás vivindo un chisco en todos os que te temos coñecido. E, máis aínda, na memoria Genma e os teus. Apertas enormes!


Álbum de fotos... e sponsors que fixeron prosible CORRER POR MEAÑO. Gracias!

Os participantes na iniciativa o 13 de setembro ás 11 horas




Na liña de saída: "Mira, 6,3 kms... uf, ti pensas que estamos para isto?? 😌😌




Pistoletazo de saída...




Primeiros pasos de Correr por Meaño con Chan




Avituallamento final tralo percorrido


Miguel Chan na XXII Carreira Popular
2006 (anunciando xa 2007)


En lembranza 😢😢


Un vídeo para voltar a ver...




No hay comentarios:

Publicar un comentario